Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas (logo de obtención de cita chamando ao teléfono número 981 54 65 06), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén se poderán obter mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Zoronilza Fonseca de Jesús

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Nuria Felpeto González

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Ana María Freire Cobas

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Manuel Javier González Porto

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Rubén Mateos López

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

José Manuel Novoa Míguez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

María Jesús Pérez Pérez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Jesús Villegas Saldaña

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)