Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Centro Tecnolóxico do Barbanza, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Centro Tecnolóxico do Barbanza, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 1 de xullo de 2021, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é o seguinte: Camiño a Cruxeiras, núm. 9, CP 15960, concello de Ribeira, provincia da Coruña.

A Coruña, 24 de febreiro de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña