Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17149

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2022, a través da Resolución do 23 de decembro de 2021 (DOG núm. 11, do 18 de xaneiro de 2022), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O prazo e forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 23 de decembro de 2021 e no artigo 8 determínase a documentación que se xuntará co anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.bis da Resolución do 23 de decembro de 2021, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade

Documentación requirida

SI427A-2022-00000004-00

Asociación Red Madre Ourense

1. Anexos IV: o orzamento imputado ao programa non está calculado en función da porcentaxe da xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000006-00

Asociación Xuvenil Integrados

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non consta no anexo I.
2. Anexo III: a temporización do programa e das actuacións que o compoñen exceden o período subvencionable desta convocatoria.
3. Anexo IV: os datos persoais do presidente da entidade non son correctos, o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria e a denominación do posto de traballo non coincide co indicado no anexo III.

SI427A-2022-00000007-00

Fundación

Érguete-Integración

1. Anexo II: o presentado está sen asinar.
2. Anexo IV (docente ocupacional xardinaría): está sen asinar pola presidenta da entidade.
3. Anexo IV (técnica inserción/axente igualdade): está sen asinar tanto pola presidenta da entidade como pola propia profesional.
4. Anexo IV (técnica inserción/docente): está sen asinar tanto pola presidenta da entidade como pola propia profesional.

SI427A-2022-00000008-00

Asociación O Son do Pobo

1. Anexo III: a temporización do programa excede o período subvencionable desta convocatoria. No servizo c) inclúense actuacións que non son propias dun servizo de asesoramento xurídico. Indican que van participar no programa dous profesionais pero logo presentan fichas individualizadas (anexos IV) de tres profesionais.
2. Anexos IV: está actuando como representante unha persoa distinta á que posúe a representación da entidade, o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria e, respecto do técnico de formación, non marcaron se pertence á xunta directiva da entidade.

SI427A-2022-00000009-00

Asociación Pro Salud Mental A Creba

1. Aclaración sobre o/os concello/s onde se leva a cabo o programa (deben relacionar o/os concello/s en que se levan a cabo as atencións, non os concellos de orixe das usuarias).

SI427A-2022-00000011-00

Asociación Labregas

1. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III indican que son tres técnicas de integración social pero presentaron catro anexos IV.
2. Anexo IV correspondente a «servizos»: non consta o nome da/do profesional e o obxecto do contrato está incompleto, non consta que tipo de asesoramento vai realizar.

SI427A-2022-00000012-00

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

1. Aclaración sobre os servizos que compoñen o programa e o persoal adscrito a el: indíquese, para cada un dos servizos, se o persoal que o vai realizar é voluntario e se o servizo é unha derivación a outras entidades ou recursos públicos.

SI427A-2022-00000013-00

Fundación Amigó

1. Anexo IV correspondente á psicóloga Melanea: o orzamento imputado ao programa non é correcto (imputan máis importe ca o custo total).

SI427A-2022-00000014-00

Asociación Alume Saúde Mental

1. Anexos IV: en todos os anexos presentados os orzamentos non son correctos, xa que o orzamento imputado ao programa é igual ao orzamento total,pero as profesionais non dedican o 100 % da súa xornada de traballo ao programa. Ademais, nos anexos correspondentes á psicóloga/directora e á traballadora social, inclúen a tarefa c) cando o programa non conta con este servizo (é unha derivación e como tal encadraríase no servizo a).

SI427A-2022-00000017-00

Asociación Amicos

1. Anexo III: a temporización do programa e de cada unha das actuacións que o compoñen están fóra do período subvencionable desta convocatoria.
2. Anexo IV: o período de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000019-00

Asociación Aliad Ultreia

1. Anexo IV correspondente ao sociólogo: non está asinado polo profesional.

SI427A-2022-00000020-00

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

1. Anexo IV correspondente á formadora Silvia: non se pode validar a sinatura electrónica da profesional.

SI427A-2022-00000023-00

Asociación

Limisi-Asociación para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional

1. Acreditación de que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexo II: os datos persoais da persoa secretaria da entidade non son correctos, xa que no seu lugar figuran os da presidenta.
3. Aclaración sobre o/os concello/s onde se leva a cabo o programa (deben indicar en que concello ou concellos se leva a cabo a atención, non os concellos de orixe das usuarias).
4. Anexo IV: o orzamento imputado ao programa non é correcto (imputan máis importe que o custo total).

SI427A-2022-00000025-00

Asociación Nós Mesmas

1. Anexo IV correspondente á psicóloga: non está cuberta a data de inicio da dedicación ao programa.

SI427A-2022-00000026-00

Federación Escolas Familiares Agrarias

Galicia-EFA Galicia

1. Anexo II.
2. Certificación acreditativa das asociacións e federacións integradas: a presentada non é válida porque a persoa que certifica non é a persoa secretaria da entidade e tampouco está asinada por ela co visto e prace da persoa que asina a solicitude.
3. Anexo III: os datos da persoa representante non se corresponden coa persoa que exerce a representación legal da entidade que está asinando o anexo.
4. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III indican que son tres, pero logo presentan só dous anexos IV.
5. Anexo IV correspondente á profesional Belén: os datos da persoa representante non se corresponden coa persoa que exerce a representación legal da entidade e está sen asinar pola profesional e pola persoa representante.
6. Anexo IV correspondente á profesional Rocío: os datos da persoa representante non se corresponden coa persoa que exerce a representación legal da entidade.

SI427A-2022-00000027-00

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia-Feafes Galicia

1. Certificación acreditativa das asociacións e federacións integradas: a presentada non é válida porque non consta o NIF das asociacións integradas.
2. Anexos IV correspondentes ás profesionais Delfina e Rocío: as datas de dedicación ao programa están fóra do período subvencionable desta convocatoria.
3. Anexo IV correspondente ao avogado: non marcaron se é membro da xunta directiva da entidade.

SI427A-2022-00000029-00

Auxilia Delegación Lugo

1. Aclaración sobre o/os concello/s onde se leva a cabo o programa (deben indicar en que concello ou concellos se leva a cabo a atención, non os concellos de orixe das usuarias).

SI427A-2022-00000030-00

Cáritas Diocesana de Ourense

1. Aclaración sobre a axuda declarada do procedemento BS623D: deberán indicar a que gastos do programa se destina e o período subvencionado por esta axuda.
2. Anexo IV correspondente á monitora Soledad: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que non está calculado con base na porcentaxe da súa xornada que se indica.

SI427A-2022-00000031-00

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

1. Acreditación da representatividade que exerce a persoa que asina a solicitude, xa que esta non é a representante legal que consta no RUEPSS.
2. Anexo III: presentaron dous anexos e os datos relativos ao número de profesionais e ao número de mulleres participantes non son coincidentes en ambos os dous anexos, polo que deberán presentar un novo anexo III cos datos definitivos que se deberán ter en conta para a subvención. Por outra parte, neste novo anexo deberán relacionar cada un dos concellos onde se van a levar a cabo as atencións ás usuarias (non os concellos de orixe das usuarias).
3. Anexos IV correspondentes ao orientador laboral, á psicóloga e ao avogado: deberán indicar as datas concretas de inicio e fin da súa dedicación ao programa (día, mes e ano). Ademais, no anexo IV correspondente ao avogado non se pode validar a sinatura electrónica deste profesional. Por outra parte, ninguén ten asignada a tarefa a).

SI427A-2022-00000032-00

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

1. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal da entidade.

SI427A-2022-00000033-00

Asociación Diagnosticados de Cancro de

Mama-Adicam

1. Anexo IV correspondente á traballadora social: a dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000034-00

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

1. Anexo IV correspondente á psicóloga: a dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000035-00

Asociación de Familiares y Enfermos Mentales Morea

1. Acreditación de que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A-2022-00000036-00

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

1. Anexo IV correspondente á psicóloga Olalla: non está cuberta a data de finalización da súa dedicación ao programa.

SI427A-2022-00000037-00

Congregación Siervas de la Pasión

1. Anexo III: a temporización do programa e das actuacións que o compoñen exceden o período subvencionable desta convocatoria.
2. Anexos IV correspondentes á integradora social e á traballadora social Olalla: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000039-00

ONG Mestura

1. Anexos IV correspondentes ao persoal externo: non están cubertos os datos persoais das/dos profesionais nin os datos dos postos de traballo (denominación, tipo de vinculación e datas de inicio e fin da dedicación ao programa).

SI427A-2022-00000042-00

Asociación Vive Vilariño

1. Anexo II: no presentado non se pode validar a sinatura electrónica da secretaria da entidade.
2. Anexos IV: nos presentados non constan os orzamentos e ninguén ten asignada a tarefa a).

SI427A-2022-00000043-00

Fundación Ronsel

1. Anexo III: a temporización do programa e das actuacións que o compoñen excede o período subvencionable desta convocatoria. Ademais, relacionan oito profesionais, pero logo presentan fichas individualizadas (anexos IV) de 12 profesionais e no caso do director de proxectos non indican a titulación deste profesional.
2. Anexos IV: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria (deben ter en conta que isto pode afectar os orzamentos, polo que, de ser o caso, deberán reaxustalos no sentido de calculalos para o período subvencionable). Por outro lado, o orzamento imputado ao programa do director de proxectos e da economista (networking) non son correctos.

SI427A-2022-00000044-00

Asociación Centinelas

1. Anexos IV correspondentes á monitora e ao profesional Helder: non teñen cuberta a asignación de tarefas.

SI427A-2022-00000045-00

Asociación Valores Galicia

1. Anexo IV: o orzamento non está desagregado (non está cuberta a base impoñible nin o IVE) e non se pode validar a sinatura electrónica da profesional.

SI427A-2022-00000046-00

Asociación Galega para

a Axuda dos Enfermos

con Demencia Tipo Alzhéimer-Agadea

1. Aclaración sobre as profesionais adscritas ao programa, xa que no anexo III relacionan unha traballadora social pero logo non presentan ficha individualizada (anexo IV) desta profesional e no seu lugar presentan ficha dunha terapeuta ocupacional.

SI427A-2022-00000047-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada

1. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo nos servizos e) e f).

SI427A-2022-00000048-00

Asociación Patronato Concepción Arenal

1. Anexo III: a temporización do programa e das actuacións que o compoñen exceden o período subvencionable desta convocatoria. Ademais, a descrición do servizo b) é idéntica á do servizo a), polo que deberán revisar este aspecto.
2. Anexos IV: en todos o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable desta convocatoria (deben ter en conta que isto pode afectar os orzamentos, polo que, de ser o caso, deberán reaxustalos no sentido de calculalos para o período subvencionable).
3. Anexos IV correspondentes á mediadora/graduada social e á mediadora/traballadora social: teñen asignada a tarefa b) e que non lle corresponde por titulación.
4. Anexo IV correspondente á avogada: o orzamento está mal calculado.
5. Na memoria adxunta indican que as profesionais que forman parte da xunta directiva van realizar traballos de coordinación, xestión e administración. Lembrámoslles que estas tarefas auxiliares son gastos indirectos do programa, polo que estes gastos van ser descontados dos custos directos de persoal.

SI427A-2022-00000050-00

Federación Aspace Galicia

1. Aclaración sobre as axudas declaradas: deberán indicar a que gastos do programa se destina e cal é o período subvencionado por tales axudas.

SI427A-2022-00000051-00

Federación de Agrupación de Asociacións de Veciños do Rural e Periferia do Concello de Ourense Miño

1. Certificación acreditativa das asociacións e federacións integradas: a presentada non é válida porque non consta o NIF das asociacións integradas.
2. Anexo IV correspondente á técnica en mediación: o orzamento non é correcto.

SI427A-2022-00000052-00

Asociación Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo

1. Anexo IV correspondente á monitora Raquel: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que non está calculado en función da porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000053-00

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

1. Anexos IV: en todos os anexos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal da entidade.
2. Anexo IV correspondente á psicóloga: non indican a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000058-00

Asociación Pavegal

1. Anexos IV: en todos os anexos presentados non están cubertos os datos da entidade, da persoa que actúa en representación, dos/das profesionais e tampouco están cubertas as tarefas asignadas a cada un/unha del/delas.
2. O posto de «coordinador/a-tarefas auxiliares» non é un posto que responda ás categorías establecidas no artigo 5.5 das bases reguladoras, polo que deberán aclarar e especificar as funcións concretas que vai desempeñar no desenvolvemento do programa para os efectos de determinar se este gasto é subvencionable.

SI427A-2022-00000059-00

Asociación Albores Saúde Mental

1. Anexos IV correspondentes á traballadora social e á psicóloga: non están asinados pola representante legal da entidade.
2. Anexo IV correspondente á psicóloga: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que non está calculado en función da porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000060-00

Asociación de Viúvas María Andrea

1. O anexo III presentado está en branco, non contén datos.
2. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal da entidade.

SI427A-2022-00000062-00

Unión de Asociaciones de Mujeres Autónomas y Emprendedoras-UATAE Mujer

1. Certificación acreditativa das asociacións e federacións integradas: a presentada non é válida porque non consta o NIF das asociacións integradas.
2. Aclaración sobre os postos de traballo imputados ao programa, xa que a denominación dos postos en cada un dos anexos IV non se corresponde coa denominación dos postos relacionados no anexo III.

SI427A-2022-00000063-00

Asociación Veciñal

As Termas

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non consta nin no anexo I nin no anexo II.
2. Anexo II: o presentado está sen cubrir e sen asinar pola persoa secretaria da entidade.
3. Anexos IV: só presentaron un e está sen cubrir e sen asinar.

SI427A-2022-00000064-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

1. Aclaración sobre o número e perfil dos postos de traballo imputados ao programa, xa que no anexo III relacionan

dous/dúas formadores/as e a unha avogada, pero logo presentan anexos IV de tres formadores/as e ningunha avogada.

SI427A-2022-00000065-00

Asociación Antonio Noche

1. Anexo II: no presentado indican que se trata dun programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes en situación de especial vulnerabilidade, pero este non é o colectivo aoque está dirixido o programa.
2. Anexo III: presentaron dous anexos III en que os datos relativos ao número de profesionais e ao número de mulleres participantes non son coincidentes, polo que deberán presentar un novo anexo III cos datos definitivos que se deberán ter en conta para a subvención. Neste novo anexo, ademais, deberán relacionar os concellos en que se levan a cabo as actuacións do programa, non os concellos de orixe das usuarias.
3. Anexos IV correspondentes ao persoal propio do programa: na columna «Orzamento total (retribucións íntegras + cotizacións sociais a cargo da entidade)» non indican o dato que se exixe, senón a denominación do posto de traballo.
4. Anexo IV correspondente á avogada: non indican se é membro da xunta directiva da entidade, o orzamento total non é correcto e non está asinado pola profesional.
5. Anexos IV correspondentes á monitora e á docente de corte/confección: non están asinados polas profesionais.

SI427A-2022-00000067-00

Fundación Hogar Santa Lucía

1. Anexo II: o presentado está sen asinar.
2. Aclaración sobre o colectivo ou colectivos a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.

SI427A-2022-00000069-00

Fundación Meniños

1. Aclaración sobre as axudas declaradas no anexo I: deberán indicar a que gastos do programa se destina e o período subvencionado polas ditas axudas.
2. Aclaración sobre a temporización do programa, xa que no anexo III indican que se inicia o en de xaneiro de 2022 pero ningún/ningunha profesional está adscrito/a ao programa desde esa data.

SI427A-2022-00000070-00

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

1. Anexo III: no presentado non está cuberto o dato da denominación do programa nin o procedemento de selección das usuarias.
2. Anexo IV: o orzamento total non é correcto (a suma da base impoñible e do IVE non ten como resultado esa contía) e o dato do obxecto do contrato tampouco é correcto.

SI427A-2022-00000071-00

Asociación Ambar

1. Anexos IV: en todos aqueles que están asinados electronicamente a verificación da sinatura dá o seguinte erro: «A sinatura contén datos incorrectos, non recoñecidos, danados ou sospeitosos».
2. Anexo IV correspondente ao servizo de asesoramento xurídico: non están cubertos os datos do punto 2 (posto de traballo, tipo de vinculación e datas de inicio e fin da dedicación ao programa).

SI427A-2022-00000072-00

Asociación Dignidad Galicia

1. Aclaración sobre o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria (deben especificar ou relacionar o/os colectivo/s).
2. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal.

SI427A-2022-00000073-00

Asociación Arandeira

1. Anexo III: a temporización do programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria. Ademais, deberán especificar o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.
2. Anexo IV correspondente á técnica/educadora: non consta o NIF da profesional e a data de inicio da súa dedicación ao programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000075-00

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

1. Anexo III: a data de inicio do programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000076-00

Asociación Síndrome de Down da Coruña

1. Aclaración sobre a axuda declarada do procedemento BS623D: deberán indicar a que gastos do programa se destina e o período subvencionado por esta axuda.
2. Anexos IV: en todos non marcan se son membros da xunta directiva da entidade.
3. Anexo IV correspondente á logopeda: a data de inicio de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000077-00

Asociación de Mulleres

con Discapacidade

Galicia-Acadar

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non consta no anexo I.
2. Aclaración sobre o/os concello/s onde se leva a cabo o programa (deben indicar en que concello ou concellos se leva a cabo a atención, non os concellos de orixe das usuarias).

SI427A-2022-00000078-00

Faraxa pola Abolición da Prostitución

1. Anexo IV correspondente á avogada: non están cubertos os datos do posto de traballo (denominación, tipo de vinculación, datas de inicio e fin da dedicación ao programa).
2. O importe imputado ao programa da persoa vinculada coa entidade (avogada) supera o límite do 10 % establecido no último parágrafo do artigo 6.1 das bases reguladoras.

SI427A-2022-00000080-00

Valoresc Innovation

1. Aclaración sobre o/os concello/s onde se leva a cabo o programa (deben indicar en que concello ou concellos se leva a cabo a atención, non os concellos de orixe das usuarias).
2. Anexos IV nos cales as/os profesionais asinaron electronicamente (Ana, Miguel Ángel, Óscar e Aldara): non se pode validar a sinatura electrónica.

SI427A-2022-00000081-00

Asociación Diversidades

1. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III indican que está adscrita unha asesora xurídica, pero logo non presentan ficha individualizada desta profesional. Ademais, presentaron fichas que non están asinadas nin polas profesionais nin pola representante legal, polo que deberán revisar este aspecto.

SI427A-2022-00000082-00

Asociación Gallega de Afectados por

VIH/Sida-AGAVIH

1. Acreditación de que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexos IV correspondentes á avogada e á psicóloga: non están cubertos os datos do posto de traballo (denominación, tipo de vinculación e datas de inicio e fin da súa dedicación ao programa).
3. O posto de «técnico de administración» non é un posto que responda ás categorías establecidas no artigo 5.5 das bases reguladoras, polo que deberán aclarar e especificar as funcións concretas que vai desempeñar no desenvolvemento do programa para os efectos de determinar se este gasto é subvencionable.

SI427A-2022-00000083-00

ONGD Senvalos

1. Anexos IV do persoal adscrito ao programa.

SI427A-2022-00000084-00

Cáritas Diocesana

Tui-Vigo

1. Aclaración sobre o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria (deben especificar ou relacionar o/os colectivo/s).

SI427A-2022-00000087-00

Asociación Mirabal

1. Aclaración sobre o/os concello/s onde se leva a cabo o programa, xa que os indicados no anexo III non coinciden cos que figuran na memoria complementaria.
2. A tipoloxía dos gastos previstos para a especialista en violencia de xénero e igualdade (gatos de desprazamento e axudas de custo) non están recollidos no artigo 6 das bases reguladoras, polo que non se van ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable.

SI427A-2022-00000088-00

Asociación Española Contra el Cáncer

1. Acreditación da representatividade que exerce a persoa que asina a solicitude, xa que esta non é a representante legal que consta no RUEPSS.
2. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia.
3. Anexo II: no presentado non constan os datos da persoa secretaria.
4. Aclaración sobre o/os concello/s en que se desenvolve o programa (deben relacionar os concellos onde que se levan a cabo as actuacións do programa, non os concellos de residencia das usuarias).
5. Anexos IV do persoal adscrito ao programa.

SI427A-2022-00000089-00

Ecos do Sur

1. Anexo II: a persoa que está certificando é a presidenta da entidade, non a persoa secretaria.
2. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III indican que son dúas técnicas de intervención social e dúas mediadoras interculturais pero logo só presentan fichas dunha profesional por cada un destes postos.
3. Anexo IV correspondente á orientadora laboral María Teresa: a data de finalización da súa dedicación ao programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A-2022-00000090-00

Fundación para la Pesca y el Marisqueo-Fundamar

1. Certificación acreditativa das asociacións e federacións integradas: a presentada non é válida porque non está conformada pola persoa que asina a solicitude.
2. Anexo IV: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que non está calculado en función da porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000091-00

Fundación Amigos de Galicia

1. Anexos IV correspondentes ao orientador laboral, á traballadora social e ao psicólogo: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que é superior ao orzamento total e non está calculado en función da porcentaxe da súa xornada laboral dedicada ao programa.
2. Anexo IV correspondente ao asesor xurídico: o orzamento non é correcto (a suma da base impoñible e do IVE non ten como resultado 4.862 euros) e non marcan se pertence á xunta directiva da entidade.

SI427A-2022-00000092-00

Asociación Xarela Formación-Animación

1. Aclaración sobre o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria (deben especificar ou relacionar o/os colectivo/s).
2. Anexo IV correspondente ao orientador: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que non está calculado en función da porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000093-00

Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses

1. Acreditación de que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexo II.
3. Anexo III.
4. Anexo/s IV do persoal imputado ao programa.

SI427A-2022-00000094-00

Asociación a Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual

de la Provincia de Pontevedra-Aspanaex

1. Acreditación de que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Aclaración sobre a temporización do programa, xa que as datas indicadas no anexo III non coinciden coas datas de adscrición ao programa da profesional.
3. Anexo IV: o orzamento imputado ao programa non é correcto, xa que non está calculado en función da porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa.

SI427A-2022-00000096-00

Asociación Tempus

1. Anexo III.
2. Anexos IV do persoal imputado ao programa.

SI427A-2022-00000097-00

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

1. Anexo II.
2. Anexo III.
3. Anexos IV do persoal imputado ao programa.

SI427A-2022-00000098-00

Arelas-Asociación de Familias de Menores Trans

1. Aclaración sobre a contía solicitada.
2. Anexo II.
3. Anexo IV correspondente á psicóloga/sexóloga: os datos persoais están incompletos, a data da finalización da súa dedicación ao programa non é correcta (non está dentro do período subvencionable desta convocatoria), non está asinada pola profesional e non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal.
4. Anexo IV correspondente ao asesor xurídico: a data da finalización da súa dedicación ao programa non é correcta (non está dentro do período subvencionable desta convocatoria), o orzamento tampouco é correcto (a suma da base impoñible e do IVE non ten como resultado 8.600 euros) e non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal.
5. Anexo IV correspondente á traballadora social: a data da finalización da súa dedicación ao programa non é correcta (non está dentro do período subvencionable desta convocatoria), non se poden validar as sinaturas electrónicas, o orzamento imputado ao programa excede o límite do 10 % establecido no último parágrafo do artigo 6.1 das bases reguladoras e ten asignada a tarefa d) cando este servizo non está recollido no anexo III.
6. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (é membro da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, con indicación dos motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).