Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17148

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 22 de novembro, é necesario facer as seguintes correccións:

No anexo III, na provincia de Ourense, na páxina 57131, onde di: «44. Merca (A), 6 de xuño, Espírito Santo, 11 de novembro, San Martiño», debe dicir: «44. Merca (A), 13 de xuño, Espírito Santo; 11 de novembro, San Martiño».