Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17409

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data, mediante a que se convocan para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de supervisor/a de área de enfermaría.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de supervisor/a de área de enfermaría que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte, ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 3 de marzo de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto

Centro

Nº vacantes

Supervisión Área Funcional de Calidade

Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (Hospital Universitario de Ourense)

1

Supervisión Área Funcional de Hospitalización

Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (Hospital Universitario de Ourense)

1