Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17411

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 3 de marzo de 2022 polo que se pon fin ao proceso selectivo para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados.

Mediante Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2021 anunciouse a convocatoria do proceso selectivo para ingresar, por oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia, e aprobáronse as súas bases reguladoras que foron publicadas no BOPG núm. 178, do 2 de agosto, e no DOG núm. 146, do 2 de agosto.

Visto o Acordo do 17 de febreiro de 2022, do tribunal cualificador das probas selectivas, polo que lle propón á Mesa a finalización do proceso por non se presentar ningunha das persoas aspirantes aos respectivos chamamentos para a realización do primeiro exercicio, a Mesa do Parlamento de Galicia

ACORDA:

Primeiro. Finalizar o proceso selectivo para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia e declaralo deserto.

Segundo. Comunicarlle o acordo ao Servizo de Persoal e Réxime Interior.

Terceiro. Publicar o acordo no portal de transparencia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Mesa do Parlamento no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a subliñada data.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2022

P.D. (Resolución 17.8.2020)
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento de Galicia