Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17355

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de marzo de 2022 pola que se modifica a autorización do CAD Federación Galega de Fútbol, da Coruña.

A persoa representante da titularidade do Centro Autorizado de Deportes (CAD) Federación Galega de Fútbol, da Coruña, solicita a modificación da súa autorización, para cambiar a denominación específica do centro e tamén a denominación da súa titularidade.

O rei concedeu o título de «Real» á Federación Galega de Fútbol, segundo consta na credencial número 183/2017 con data do 26 de xuño de 2017.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, en que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar estes centros.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CAD Federación Galega de Fútbol segundo se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de deportes (CAD).

Denominación específica: Real Federación Galega de Fútbol.

Código do centro: 15032731.

Domicilio: avenida da Pasaxe, nº 69.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Real Federación Galega de Fútbol.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade