Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % dos gastos elixibles, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal; a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: Servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.236.1183 Melloras da rede de abastecemento de auga potable en distintos lugares do concello de Valga. Valga (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21017.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 3.867,50 euros. Importe total: 4.679,68 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 2.865,82 euros. Importe total: 3.467,64 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

b) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.236.1183-Melloras da rede de abastecemento de auga potable en distintos lugares do concello de Valga. Valga (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21018.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñería civil.

Orzamento base: importe neto: 8.744,04 euros. Importe total: 10.580,29 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 7.519,87 euros. Importe total: 9.099,04 euros.

Empresa contratista: Zelig Strategy, S.L.

c) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.332.828 rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos. San Cibrao das Viñas (Ourense).

Clave do expediente: GA.21028.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 3.867,50 euros. Importe total: 4.679,68 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 2.546,61 euros. Importe total: 3.081,40 euros.

Empresa contratista: Ibersys Seguridad y Salud, S.L.

d) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.332.828, rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos. San Cibrao das Viñas (Ourense).

Clave do expediente: GA.21029.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñería civil.

Orzamento base: importe neto: 9.279,08 euros. Importe total: 11.227,69 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.405,00 euros. Importe total: 7.750,05 euros.

Empresa contratista: E.I.C. Durán, S.L.

e) Título: gasto menor de servizo de apoio á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.532.827 Mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais na Derrasa, O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Clave do expediente: GA.21079.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñería civil.

Orzamento base: importe neto: 14.910,97 euros. Importe total: 18.042,27 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.500,00 euros. Importe total: 11.495,00 euros.

Empresa contratista: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

f) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.532.827 Mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais na Derrasa, O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Clave do expediente: GA.21092.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 13.685,00 euros. Importe total: 16.558,85 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.262,38 euros. Importe total: 12.417,48 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2) anterior financiadas ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; Prioridade de Investimento 13.i «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; Obxectivo Específico 20.1.4 «Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde»; Actuación 20.1.4.5 «Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga» (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia