Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2022 polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva das aldeas modelo de Pedrosa (Riós-Ourense) e Bustelo de Fisteus (Quiroga-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 47 quater 2 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, sométense a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva que se relacionan no anexo.

Os borradores de guías de ordenación produtiva sométense a información pública polo prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do concello en que se sitúe a aldea e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, durante o cal se poderán examinar a) de xeito presencial, nas dependencias da Agader (A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita individual no teléfono 881 99 71 93 e b) na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/aldeas-modelo/ ou https://agader.xunta.gal/es/recuperacion-de-tierras/aldeas-modelo), se é unha persoa que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigada a relacionarse de tal xeito.

Durante este prazo poderanse realizar as achegas e as alegacións que se consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Borradores de guías de ordenación produtiva

– Zona de actuación para a aplicación do proxecto de aldeas modelo para a aldea de Pedrosa, no concello de Riós (Ourense) (CVE wCPK680EW5, PpxerbmJ11 verificable en https://sede.xunta.gal/cve).

– Zona de actuación para a aplicación do proxecto de aldeas modelo para a aldea de Bustelo de Fisteus, no concello de Quiroga (Lugo) (CVE wpe9nex9M1, w0zZLohbo0 verificable en https://sede.xunta.gal/cve).