Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 1 de marzo de 2022 polo que se notifica o requirimento da documentación xustificativa dos investimentos subvencionados no expediente L20 1920 10 0216.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade interesada que se indica no anexo deste anuncio o requirimento da documentación xustificativa dos investimentos subvencionados no expediente L20 1920 10 0216.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A entidade interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

CIF da entidade interesada

Acto que se notifica

L20 1920 10 0216

Convocatoria de subvencións da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia

B32503088

Requirimento de documentación xustificativa dos investimentos subvencionados