Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17537

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade da relación de actas de entrega dos cambios de titularidade de estradas asinadas coas distintas entidades locais das provincias de Ourense e Pontevedra.

O artigo 18.8 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, impón a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación das actas de entrega dos cambios de titularidade asinadas coas entidades locais para os efectos do seu coñecemento por terceiros. En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de actas de entregas dos cambios de titularidade de estradas asinadas entre a Axencia Galega de Infraestruturas e distintas entidades locais das provincias de Ourense e Pontevedra.

A relación de actas incorpórase como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Actas de entregas de cambios de titularidade asinados con entidades locais. Provincias de Ourense e Pontevedra

Acta de entrega

Data acta de entrega

Acta de entrega a prol do Concello de Cenlle dun treito antigo da N-120 denominado variante de Trasariz

10.3.2021

Acta de entrega a prol da Deputación de Ourense das estradas autonómicas OU-211 e

OU-400 na súa totalidade

28.10.2020

Acta de entrega a prol do Concello de Baños de Molgas do treito final da estrada autonómica OU-103

31.5.2021

Acta de entrega a prol do Concello de Ourense da totalidade da rúa da Concordia e do treito da avenida de Buenos Aires situado entre as rúas de Santo Domingo e Ramón Cabanillas

5.5.2021

Acta de entrega a prol do Concello de Vilamarín da totalidade da estrada autonómica OU-189 e o seu dominio público asociado

25.6.2021

Acta de entrega a prol da Xunta de Galicia da estrada provincial OU-0804 Alto do Covelo (OU-533)-A Veiga, desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 11+520

28.10.2020

Acta de entrega a prol do Concello de Tomiño dun treito da estrada autonómica PO-344 entre o punto quilométrico 1+690 e o punto quilométrico 2+770

14.7.2020

Acta de entrega ao Concello de Ponte Caldelas da estrada PO-180 (PO-532-Vilarchán-PO-532) desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 1+540

23.7.2019

Acta de entrega a prol do Concello de Nigrán da estrada PO-333 entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+110 e os puntos quilométricos 1+200 e 1+760

22.9.2020

Acta de entrega ao Concello de Valga do treito da estrada PO-190 entre os puntos quilométricos 0+070 e 0+550

21.2.2020

Acta de entrega a prol do Concello de Valga da estrada PO-190 entre o punto quilométrico 0+550 e o punto quilométrico 1+250

28.6.2021

Acta de entrega a prol do Concello de Ponte Caldelas dun treito antigo da estrada PO-244, situado entre os puntos quilométricos 2+310 e 2+400, marxe esquerda, xunto co seu dominio público asociado

29.12.2021

Acta de entrega a prol do Concello de Salvaterra de Miño de varias estradas e treitos antigos de titularidade autonómica, así como do seu dominio público viario asociado

9.12.2021

Acta de entrega a prol do Concello de Silleda das estradas autonómicas PO-210 e PO-211

28.10.2021

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file