Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17518

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade da relación de actas de entrega dos cambios de titularidade de estradas asinadas coas distintas entidades locais das provincias da Coruña e Lugo.

O artigo 18.8 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, impón a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación das actas de entrega dos cambios de titularidade asinadas coas entidades locais para os efectos do seu coñecemento por terceiros. En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de actas de entregas dos cambios de titularidade de estradas asinadas entre a Axencia Galega de Infraestruturas e distintas entidades locais das provincias da Coruña e Lugo.

A relación de actas incorpórase como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Actas de entregas de cambios de titularidade asinados con entidades locais. Provincias da Coruña e Lugo

Acta de entrega

Data da cta

de entrega

Acta de entrega ao Concello de Padrón dun treito da estrada autonómica AC-299: Padrón (AC-307-AC-301

22.9.20

Acta de entrega a prol do Concello de Rois de varias franxas de dominio público viario e varios treitos antigos na estrada AC-543

21.12.20

Acta de entrega a prol do Concello de Culleredo dun treito da AC-213 O Burgo (AC-211)-Os Campós, desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 1+840

17.2.21

Acta de entrega a prol do Concello de Narón da totalidade da estrada AC-114 denominada O Val (AC-116)-Baltar

1.7.21

Acta de entrega a prol do Concello de Cabana de Bergantiños de dous treitos antigos da estrada AC-429

16.7.21

Acta de entrega a prol do Concello da Baña da franxa de dominio público viario (DPV) da AC-546, puntos quilométricos 6+310 ao 6+460, marxe dereita

23.7.21

Acta de entrega a prol do Concello de Oleiros da franxa de dominio público viaria na marxe dereita da AC-173, puntos quilométricos (pp.qq.) 6+680 ao 6+930, agás beiravía e calzada

24.11.21

Acta de entrega a prol do Concello de Ribeira dos treitos finais das estradas autonómicas AC-303 e AC-550

29.11.21

Acta de entrega a prol do Concello de Lugo do treito inicial da LU-530 entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+855

10.2.21

Acta de entrega a prol do Concello de Guitiriz da estrada LU-241 na súa totalidade

8.2.21

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file