Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17516

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 11 de marzo de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C).

A Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C) establece, no seu artigo 2, que ás axudas que se establecen no seu articulado se destina un orzamento total inicial de 10.636.364 euros, incrementado pola Orde do 16 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do 21 de abril de 2021, en 5.750.000 euros, que fan un total de 16.386.364 euros, coa seguinte desagregación:

Aplicación orzamentaria

Código proxecto

Ano 2021

Ano 2022

Total

2021.13.02.312B.470.2

2020-00052

6.000.000 €

3.818.182 €

9.818.182 €

3.500.000 €

2.250.000 €

5.750.000 €

2021.13.02.312B.481.3

2015-00477

500.000 €

318.182 €

818.182 €

Total

10.000.000 €

6.386.364 €

16.386.364 €

A Orde do 30 de setembro de 2020 establece, no seu artigo 2.2, que o crédito consignado na aplicación 2020.13.02.312B.470.2 poderá ser obxecto de ampliación, tal e como se establece no artigo 7.Un.s) da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Dada a insuficiencia de crédito da Orde do 30 de decembro de 2020 debido ao aumento do número de nenos/as segundos irmáns e sucesivos/as beneficiarios/as da gratuidade da atención educativa e da matrícula, é necesario incrementar o referido crédito con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.2 en 947.856 euros e, ao abeiro do disposto no artigo 2.3, con cargo a aplicación 13.02.312B.481.3 en 55.000 € na anualidade 2022, para atender esta maior ocupación nas escolas infantís obxecto desta subvención. Posto que existe crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 13.02.312B.480.11 que cumpre os requisitos establecidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, parece oportuno realizar o dito incremento.

Con este incremento preténdese dar cumprimento a un dos obxectivos do Programa de apoio á natalidade posto en marcha pola Xunta de Galicia, que é facilitarlle á cidadanía o acceso a recursos de educación infantil de calidade, dado que constitúen un piar esencial para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C). O importe total do dito incremento, que se realizará na anualidade 2022, é o seguinte.

Aplicación orzamentaria

Código proxecto

Ano 2022

2022.13.02.312B.470.2

2020-00052

947.856 €

2022.13.02.312B.481.3

2015-00477

55.000 €

Total

1.002.856 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social