Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17815

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de auxiliar administrativo.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 208, do 31 de outubro), e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de auxiliar administrativo, así como as bases que rexerán a convocatoria. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (Fides expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Ferrol, na intranet da Área e no punto de atención ao traballador.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 7 de marzo de 2022

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol