Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17817

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para acceso á escala de xestión pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro de 2021 e BOE do 7 de febreiro de 2022), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas na escala de xestión, subgrupo A2, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela