Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17652

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de marzo de 2021 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 18 de marzo).

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención».

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

11.03.324A.481.6. Programa I: axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2021.

11.03.324A.481.7. Programa II: axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

Crédito orzamentario: 1.099.800 €, que se distribúen en:

Programa I: 780.200 €.

Programa II: 319.600 €.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Aplicación orzamentaria 11.03.324A.481.6

Programa I

Solicitante

CIF

Contía concedida

Sindicato dos Traballadores da Limpeza (STL)

G70171459

2.215,86 €

Unión Sindical Nacional de Galicia de la Unión Sindical Obrera (USO)

G15380033

19.780,63 €

Confederación de Cuadros y Profesionales (CC)

G78181781

324,27 €

Sindicato de Enfermería (Satse)

G28584035

1.945,64 €

Unión Sindical y Técnicos Sanitarios (USAE)

G49105620

1.026,86 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

249.257,58 €

Unión General de Trabajadores (UGT Galicia)

G15383011

213.263,31 €

Anpe Sindicato Independiente (Anpe)

G78248630

1.513,27 €

Federación de Trabajadores Independientes de Comercio (Fetico)

G15312424

18.861,86 €

Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF)

G79514378

36.642,81 €

Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE)

G32119075

12.916,86 €

Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG)

G15829583

3.242,73 €

Sindicato Nacional de Comisiones Obreras (CC.OO.)

G15103112

217.478,86 €

Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (Sepga)

G94184603

1.026,86 €

Sindicato Independiente y Profesional de Profesores de Religión de Galicia (Siprega)

G70259916

702,60 €

Aplicación orzamentaria 11.03.324A.481.7

Programa II

Solicitante

NIF

Contía concedida

Unión Sindical Obreira (USO Galicia)

G15380033

8.546,95 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

107.700,95 €

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

92.148,30 €

Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF)

G79514378

15.832,88 €

Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG)

G15829583

1.401,14 €

Sindicato Nacional de Comisiones Obreras en Galicia (CC.OO.)

G15103112

93.969,78 €