Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17654

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas en virtude da Orde do 16 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021 (código de procedemento TR807J).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 19.5 da Orde do 16 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de Igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

Norma reguladora: Orde do 16 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 2 de xullo).

Crédito orzamentario: 400.000 € (catrocentos mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.03.324A.480.6 código de proxecto 2019 00016, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, que se distribuirá do seguinte xeito: O 50 % para as asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Beneficiarias liña 1

Entidade

NIF

Importe

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

52.059,19 €

Unión General de Trabajadores

G15383011

67.000,00 €

Confederación Intersindical Galega CIG

G36706927

15.012,68 €

Central Sindical Independiente y de Funcionarios

G79514378

14.200,00 €

Total

148.271,87 €

Beneficiarias liña 2

Entidade

NIF

Importe

Confederación de Empresarios de Galicia

G15080476

102.983,84 €

Total

102.983,84 €