Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17656

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas en virtude da Orde do 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021 (código de procedemento TR852A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 26.6 da Orde do 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria no exercicio de 2021, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2021.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia recollidas no artigo 3 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1: cun importe total de 800.000,00 euros, accións formativas e actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral, de carácter intersectorial.

Na liña 2: cun importe total de 690.000,00 euros, cursos de formación sectoriais e a realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como estudos de carácter tamén sectorial.

Norma reguladora: Orde do 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 15 de abril de 2021).

Crédito orzamentario: 1.490.000,00 € (un millón catrocentos noventa mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.03.324A.481.1 código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Beneficiarias liña 1

Entidade

NIF

Importe

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

359.800,00 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

165.681,80 €

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

G15103112

119.029,04 €

Central Sindical Independiente y de Funcionarios CSIF

G79514378

20.300,00 €

UGT Galicia

G15383011

135.189,16 €

Total

800.000,00 €

Beneficiarias liña 2

Entidade

NIF

Importe

Asociación Agraria de Galicia

G94114675

24.000,00 €

Unións Agrarias

G15115322

30.000,00 €

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

G27023951

30.000,00 €

ASIME (Asoc. Ind. del Metal y Tec. Asociadas de Galicia)

G36614774

30.000,00 €

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

30.000,00 €

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

30.000,00 €

Asociación Clúster del Granito

G36644961

30.000,00 €

Fegatrans

G32400293

28.380,48 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

30.000,00 €

Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra

G36615219

29.545,00 €

Asoc. Prov. de Empresas da Construcción de Ourense

G32015828

29.200,00 €

Conf. de Industrias Textiles de Galicia. Clúster Gallego Textil Moda

G36681039

16.000,00 €

Federación Galega de Comercio

G27170158

29.920,00 €

Asoc. de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia

G70507488

28.500,00 €

Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia Acegal

G36274306

27.840,00 €

Anfaco-Cecopesca

G36625309

28.800,00 €

Fundamar (Fundación para la Pesca y el Marisqueo)

G27745397

30.000,00 €

Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar)

G94116993

20.800,00 €

Asociación de Empresarios 1ª Transformación da Madeira de Lugo

G27030915

30.000,00 €

Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo

G27010081

15.000,00 €

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

G15103112

5.220,00 €

Fegapesca (Fed. Empr. Gal. de Produc. de Pesca)

G27780360

30.000,00 €

Conf. Empresarios A Coruña (CEC)

G15029960

30.000,00 €

Federación Nacional Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia

G87589909

30.000,00 €

FeSP UGT Galicia

G78085149

29.440,00 €

Asoc. Intersec. e Interr. de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia APE

G36550630

12.000,00 €

UGT FICA Galicia

G87582524

5.354,52 €

Total

690.000,00 €