Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17659

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento SI435B, SI435A e SI427B).

A Constitución española, no seu artigo 14, prohibe expresamente calquera discriminación por razón de sexo e, no artigo 9.2, formula o mandamento expreso aos poderes públicos para que promovan as condicións para que a igualdade do individuo e das agrupacións en que se integra sexan reais e efectivas. Polo que respecta á Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, establece que lles corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación dos galegos na vida política, económica, cultural e social.

En desenvolvemento destas competencias asumidas polo Estatuto aprobáronse dúas leis galegas en materia de igualdade, unha no ano 2004, de carácter integral, e outra no ano 2007, específica para o ámbito do traballo, hoxe recollidas no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, así como a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A promoción da igualdade entre mulleres e homes constitúe tamén un obxectivo básico e prioritario para a Xunta de Galicia, e tivo o seu reflexo nas ditas normas e na implantación de plans que definen e recollen estratexias globais para o establecemento das condicións que posibiliten a participación das mulleres en condicións de igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

Nesta actuación, recoñécese o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, como o idóneo para desenvolver accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, a prevención e a erradicación da violencia de xénero, así como para establecer as condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social, polo que nesta materia se vén traballando coas entidades locais no marco da colaboración e coordinación, para avanzar na consecución do obxectivo común de acadar unha sociedade igualitaria e coas mesmas oportunidades para mulleres e homes. Pola súa vez, promóvese e impúlsase un marco de xestión compartida no ámbito da colaboración e cooperación entre concellos para dotar dunha maior eficacia e eficiencia os servizos e as actuacións en materia de igualdade no ámbito territorial de Galicia.

O VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, e no VIII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2021-2027, en proceso de elaboración e aprobación, recolle como unha das súas prioridades de actuación a de «fomentar as políticas de igualdade no eido local» a través, entre outras medidas, da consolidación da Rede de centros de información á muller de Galicia para o fomento da igualdade no ámbito local, da colaboración e coordinación coa Administración local para o deseño e a implantación de programas e medidas de conciliación, así como para a prevención e atención integral en materia de violencia de xénero. Isto tamén se afianza nas áreas estratéxicas para a igualdade, en particular, no obxectivo específico 2.3 «reforzar os recursos que facilitan a conciliación da vida laboral, persoal e familiar» prevese como medida concreta o «estímulo ao desenvolvemento desde as entidades locais de programas e medidas que favorezan a conciliación»; e, no obxectivo específico 5.4 «promover a especialización e a diversificación dos recursos públicos para facilitar unha resposta de calidade ás necesidades das mulleres, en especial das que se atopan en situación de maior dificultade», faise mención expresa á oferta de servizos de atención e acompañamento ás mulleres en situación de vulnerabilidade a través da Rede de CIM. Así mesmo, nas áreas estratéxicas definidas para a prevención e tratamento da violencia de xénero, pola súa relación cos programas previstos nesta convocatoria, debe salientarse que no obxectivo específico 2.1 «fortalecer a resposta institucional para unha adecuada intervención e atención integral ás vítimas de violencia de xénero» se establece como medida concreta o apoio ás entidades locais para o desenvolvemento de programas para a atención a vítimas de violencia de xénero.

O Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, en fase de avaliación cara á elaboración do II Plan de conciliación e corresponsabilidade, ten por finalidade a posta en marcha, a consolidación e a visibilización de actuacións de distinta índole que incidan na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar, poñendo o foco nunha repartición equitativa das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes, en liña coas últimas decisións adoptadas pola Comisión Europea que tratan de apoiar a conciliación da vida familiar e a vida profesional, a través da mobilización de instrumentos financeiros e instando a reorientación dos recursos existentes do orzamento da Unión Europea cara a investimentos prioritarios que contribúan á súa consecución.

O plan estrutúrase en cinco áreas estratéxicas de actuación en que traballar para avanzar na conciliación corresponsable. Unha das liñas desta convocatoria, a promoción de actuacións de conciliación, está enmarcada na área estratéxica 3 do plan, «Artellando unha nova cultura dos tempos», na cal se pretende potenciar un cambio cultural xeral no uso dos tempos e na racionalización horaria, coa implicación de distintos axentes sociais. Dentro desta área enmárcase a medida 3.2.1. «Apoio aos concellos galegos para desenvolver iniciativas extraescolares de conciliación que permiten ás familias compatibilizar o traballo remunerado coa vida persoal e familiar».

Consonte o anterior, esta convocatoria ten por obxecto facilitar a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co obxecto de favorecer a igualdade de oportunidades e de trato no territorio e a erradicación da violencia de xénero, e a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, así como para impulsar o funcionamento e a consolidación dos servizos de atención integral de información e asesoramento no territorio, co fin de lles prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular, a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.

Con este fin, recóllese un marco de axudas públicas para o financiamento de medidas e actuacións desenvolvidas polas entidades locais, de forma individual ou mediante o sistema de xestión compartida, ao abeiro de tres programas: a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; b) Programa de prevención e tratamento da violencia de xénero; c) Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM).

As bases reguladoras e a convocatoria destas axudas axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e no que resulte de aplicación, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro), e no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (BOE núm. 176, do 25 de xullo).

Por todo o exposto, unha vez obtidos os informes preceptivos na tramitación, e autorizado por acordo do Consello da Xunta o compromiso de gasto plurianual para o programa de apoio aos CIM e a concesión de anticipos de ata o 80 % da subvención concedida nos diferentes programas, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2022 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de lles prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.

Coa dita finalidade establécense os seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, en diante, Programa de conciliación (SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero, en diante, Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información á muller, en diante, Programa de apoio aos CIM (SI427B).

2. Só se pode presentar ou participar nunha solicitude de subvención, ben sexa individual ou conxunta, respecto de cada un dos programas previstos no punto 1 anterior. Para o caso de concorrencia de solicitudes, individuais e conxuntas ou de xestión compartida, darase prevalencia á solicitude de xestión compartida.

3. O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 2. Financiamento

1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de seis millóns cento sesenta e sete mil catrocentos oitenta e catro euros, (6.167.484,00 euros) distribuídos en tres programas e, nun deles, en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Programa-procedemento

Aplicación

Proxecto

Importe 2022

Importe 2023

Total

Artigo 1.a)-SI435B

11.02.312G.460.1

2021.00061

1.413.969

-

1.413.969

Artigo 1.b)-SI435A

11.02.313B.460.0

2021.00063

500.000

-

500.000

Artigo 1.c)-SI427B

11.02.313B.460.0

2015.00144

2.653.515

1.600.000

4.253.515

As axudas dos tres programas son financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O importe máximo inicial do crédito destinado aos programas e subvencións obxecto desta convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento do importe queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que isto implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Compatibilidade con outras axudas e ingresos xerados

1. As subvencións para as actuacións e actividades recollidas nos diferentes programas desta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

2. Se a actividade ou actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados, obtidos ou previstos na solicitude de axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

2. Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada un dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.

3. Ademais do anterior, para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao programa de apoio aos CIM, a entidade local ten que ser titular dun centro de información á muller (CIM) acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Poderase presentar solicitude individual ou conxunta para a xestión compartida da prestación deste servizo, mediante a agrupación ou asociación das entidades locais titulares de CIM ou con outros concellos que non o teñan acreditado.

4. Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2020 ao Consello de Contas de Galicia; e, ademais, no caso dos CIM deberá ter presentado a memoria anual do CIM correspondente ao ano 2021 ante a Secretaría Xeral da Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no punto 4 deste artigo.

Artigo 5. Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións

1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.

2. As entidades locais que se agrupen ou asocien para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para o de conciliación, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:

a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.

Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega, logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.

b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.

c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.

d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

3. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.

4. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, no de conciliación, mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.

Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que a actuación e/ou servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Artigo 6. Programa de fomento da conciliación: accións subvencionables e contía da axuda

1. No Programa de fomento da conciliación son subvencionables as seguintes medidas:

a) Medidas ou programas de conciliación sempre que os seus obxectivos respondan co fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares e incorporen a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas participantes nestas actuacións.

b) Bancos de tempo, coa finalidade de facilitarlles ás persoas empadroadas no correspondente concello a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, a través dun sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.

En todo caso, non serán subvencionables ao abeiro desta resolución as medidas que consistan na convocatoria, tramitación e concesión de subvencións públicas.

2. As entidades solicitantes deberán reflectir o perfil e os criterios de selección das persoas participantes nas actividades de conciliación para as cales se solicita subvención, así como o número previsto de participantes.

Na selección terase en conta o nivel de renda e as cargas familiares das persoas que soliciten a participación nas medidas de conciliación e bancos de tempo, como as mulleres vítimas de violencia de xénero en todas as súas manifestacións, así como as familias monomarentais e monoparentais, entre outras, situacións familiares.

3. Cada entidade local, individual ou agrupada, só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas previstas no punto 1 anterior.

4. Para que a medida poida ser obxecto de subvención ao abeiro deste programa é necesario que a entidade teña validada a medida de acordo co disposto no Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa validación e funcionamento.

No caso de non estar validada, deberá presentar a solicitude de validación ante a Secretaría Xeral da Igualdade a través da sede electrónica (procedemento SI910A-Validación medidas de conciliación), antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes previsto nesta convocatoria ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, co fin de obter a dita validación, que deberá producirse, en todo caso, antes do prazo de xustificación.

5. Serán gastos subvencionables os derivados da realización das medidas de conciliación e bancos de tempo referidos a custos directos de persoal e custos indirectos, nos termos establecidos no artigo 9 desta resolución.

Así mesmo, serán subvencionables os gastos de persoal necesarios para a adaptación das actividades ás restricións impostas polo coronavirus, sempre que se garanta unha pista de auditoría suficiente mediante probas de que o gasto e a actividade se realizaron.

Só serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2021 e ata o 30 de setembro de 2022, ambos os dous incluídos.

O importe máximo dos custos directos de persoal que se pode presentar para optar a esta axuda é de 40.000 euros; para o caso de que sexa superior, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que o reaxuste.

6. Para a determinación do gasto subvencionable e do importe da subvención teranse en conta os custos directos de persoal dos/das profesionais que leven a cabo as medidas de conciliación e bancos de tempo máis un 20 % para o financiamento doutros custos indirectos vinculados ao desenvolvemento do programa subvencionado. Estes gastos indirectos non requirirán unha xustificación adicional.

En todo caso, a contía máxima da axuda será de 18.000 euros, cando se trate dunha solicitude individual, e de 30.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de concellos.

O importe da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable a porcentaxe que resulte da puntuación obtida na valoración realizada segundo o establecido no artigo 16 desta resolución, co límite da contía máxima da axuda que corresponda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

7. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal.

En todo caso, non xerarán dereito ao cobramento da subvención e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden como mínimo o 40 % do custo do persoal.

Artigo 7. Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero: accións subvencionables e contía da axuda

1. Ao abeiro deste programa son subvencionables accións directas de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero, que poderán consistir nalgunha das seguintes medidas:

1.a) Actuacións de promoción da igualdade, prevención da violencia de xénero e tratamento das vítimas, que incorporen na súa metodoloxía un enfoque de xénero, orientadas a previr a violencia de xénero e a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos, así como das persoas delas dependentes, e dirixidas a impulsar unha atención profesional de maior calidade. As actuacións subvencionables poden ser: accións de empoderamento, autoestima, accións de atención, orientación e acompañamento para a mellora da situación persoal, social e laboral, así como de asesoramento xurídico especializado, de atención directa a menores fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, todas elas na procura da recuperación da súa identidade e autonomía e da restauración dos seus proxectos vitais, e de apoio na súa orientación persoal, social e laboral. Así mesmo, consideraranse elixibles as actuacións de fomento do respecto das persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ para acadar os mesmos dereitos e lograr a integración plena na sociedade.

As medidas estarán dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, tanto ás mulleres vítimas de violencia de xénero segundo o indicado no parágrafo anterior e ás mulleres que polas súas circunstancias persoais ou polo seu contorno familiar ou social requiran ou aconsellen este tipo de intervención como medida preventiva, como a mulleres en situación de vulnerabilidade, segundo o establecido na disposición adicional única desta resolución.

1.b) Actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual, en xeral, e a prostitución, en particular, encamiñadas a mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres que se atopan nesa situación, a través de accións de información, atención, orientación e para a mellora da súa situación persoal, social e laboral, así como de asesoramento xurídico especializado.

Así mesmo, serán subvencionables os gastos correspondentes ás actividades propias do programa que con motivo da crise do coronavirus se realicen en modalidades de carácter non presencial, así como os gastos de persoal necesarios para a adaptación das actividades a esta modalidade non presencial, sempre que en ambos os dous casos se garanta unha pista de auditoría suficiente mediante probas de que o gasto e a actividade se realizaron.

2. Cada entidade local, individual ou agrupada, só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas previstas no punto 1 anterior.

3. Serán gastos subvencionables os derivados da realización das medidas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero referidos a custos directos de persoal e custos indirectos, nos termos establecidos no artigo 9 desta resolución.

Só serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2021 e ata o 30 de setembro de 2022, ambos os dous incluídos.

O importe máximo dos custos directos de persoal que se pode presentar para optar a esta axuda é de 30.000 euros; para o caso de que sexa superior, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que o reaxuste.

4. Para a determinación do gasto subvencionable e do importe da subvención teranse en conta os custos directos de persoal dos/as profesionais que leven a cabo as medidas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero máis un 20 % para o financiamento doutros custos indirectos vinculados ao desenvolvemento do programa subvencionado. Estes gastos indirectos non requirirán unha xustificación adicional.

En todo caso, a contía máxima da axuda será de 15.000 euros, cando se trate dunha de solicitude individual, e de 28.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de concellos.

O importe da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable a porcentaxe que resulte da puntuación obtida na valoración realizada segundo o establecido no artigo 16 desta resolución, co límite da contía máxima da axuda que corresponda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

5. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal.

En todo caso, non se xerará dereito ao cobramento da subvención, e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden como mínimo o 40 % do custo do persoal.

Artigo 8. Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM): accións subvencionables e contía da axuda

1. Accións subvencionables:

1.1. A existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, en concreto para os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Cando as prazas ou os postos antes referidos non se atopen ocupados con carácter definitivo por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido, a entidade deberá presentar xustificación razoada da motivación que lle impide tal cobertura. Con carácter xeral, só se admitirá como xustificación a cobertura por persoal funcionario interino, baixas por enfermidade ou similares, as que deriven da aplicación da lexislación vixente, ou por estar en curso o proceso de oposición ou concurso correspondente.

1.2. A contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, sempre que a entidade local non conte con persoal que preste servizos no CIM para realizar as correspondentes funcións.

2. Cada entidade local deberá solicitar axuda para os diferentes postos do CIM nunha única solicitude. En primeiro lugar, atenderase ao financiamento dos postos necesarios para o normal funcionamento do CIM, segundo o disposto no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, e o crédito restante destinarase ao financiamento dos postos de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

3. Serán gastos subvencionables os custos directos de persoal que desenvolva funcións no CIM nos termos establecidos no artigo 9.2 e segundo resulta do previsto neste artigo. Serán subvencionables os custos de persoal xerados entre o 1 de abril de 2022 e o 31 de marzo de 2023.

As entidades beneficiarias deberán identificar e xustificar de maneira independente os gastos directos de persoal que se imputarán en cada exercicio. Os gastos de persoal correspondentes ao período comprendido entre o 1 de abril de 2022 e o 30 de novembro de 2022 imputaranse ao exercicio 2022, e os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2022 e o 31 de marzo de 2023, ao exercicio 2023.

4. Tipos de axuda.

4.1. Subvención aos postos de traballo ocupados por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido vinculados ao CIM nos termos establecidos no Decreto 130/2016:

a) Postos de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica. Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 30.000 euros e cando sexa a tempo parcial será de ata 18.000 euros. En todo caso, a xornada da dirección do CIM terá que realizarse nos termos establecidos na alínea a) do artigo 10.1 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

b) Postos de traballo de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 25.000 euros e cando sexa a tempo parcial será de ata 15.000 euros.

4.2. Subvención aos postos ocupados por persoal laboral temporal e contratación mercantil vinculados ao CIM nos termos establecidos no Decreto 130/2016:

a) Postos de asesoramento xurídico e atención psicolóxica. A contía máxima da axuda será de ata 14.000 euros por especialidade.

b) Postos de traballo de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. A contía máxima da axuda será de ata 12.000 euros.

5. A contía total máxima de axuda que se pode conceder ao abeiro do Programa de apoio aos CIM é de 45.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude individual, e de 120.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante dunha fusión de concellos.

6. O importe da subvención calcularase aplicando ao orzamento elixible presentado a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 16 desta resolución, cos límites de axuda máxima que correspondan segundo o indicado no punto 4 anterior ou, de ser inferior, da contía solicitada.

7. Procederá a minoración proporcional do importe da subvención concedida cando o orzamento elixible executado e xustificado, en cada un dos períodos previstos no punto 4 deste artigo, teña un custo inferior ao inicialmente previsto tido en conta para o cálculo da contía concedida en cada un deles.

Artigo 9. Gastos subvencionables

1º. Para o caso dos programas recollidos nas alíneas a) e b) do artigo 1.1 (correspóndense cos artigos 6 e 7), serán gastos subvencionables os derivados das medidas, actuacións e programas obxecto da axuda, realizados nos prazos e períodos de referencia e segundo o establecido para cada programa nesta resolución e que respondan a algunha das seguintes categorías e conceptos:

1. Gastos directos de persoal: teranse en consideración os gastos directos de persoal, que estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e que, polo tanto, se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.

Gastos directos de persoal: serán subvencionables en concepto de custos directos de persoal as retribucións salariais brutas totais do persoal propio da entidade, correspondentes ao tempo efectivo dedicado á execución da actuación ou medida subvencionada, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.

No caso de contratación mercantil ou externa, serán subvencionables os custos de persoal que formen parte da prestación do servizo externo, sempre que o persoal e o custo pola súa contratación estean claramente identificados e detallados na factura.

Para a determinación dos custos directos de persoal terase en conta soamente o tempo efectivo dedicado á execución da medida subvencionada, para estes efectos, non se computarán as situacións con dereito a retribución en que non se presta servizo efectivo, como as ausencias ou as incapacidades temporais, nin as situacións recollidas no artigo 37.3 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Respecto do Programa de fomento da conciliación e do Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, non serán subvencionables os gastos de persoal que non fose contratado especificamente para o desenvolvemento da medida ou actuación subvencionada, nin os gastos de persoal pertencente aos CIM de calquera das entidades locais de Galicia.

Excepcionalmente, en atención ás circunstancias concorrentes debidamente xustificadas pola entidade solicitante, sempre que se trate de actuacións con permanencia no tempo que supoñan funcións de intervención directa e exista persoal cualificado non pertencente ao CIM que xa as viñese realizando con anterioridade, poderán ser subvencionables os custos de persoal correspondentes á porcentaxe de horas imputadas ás ditas funcións. Neste caso, deberá achegarse unha resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade local, acreditativa da adscrición do persoal ao programa, coa porcentaxe de xornada destinada ao programa, medida ou actuación subvencionada e o período polo que se adscribe (segundo o modelo publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade).

2. Gastos indirectos: nos programas de fomento da conciliación e de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero tamén serán subvencionables, en concepto de custos indirectos, os gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á operación subvencionada por teren carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento: gastos en bens consumibles e en material funxible, gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).

3. Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de recuperación ou compensación.

4. Non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación ou programa subvencionado, tales como contratación de persoal, alugueiro de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministración relacionados con eles, sempre que non sexan achegados pola mesma persoa física ou xurídica.

5. No Programa de fomento da conciliación e no Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, e no Programa de apoio aos CIM, de acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías do contrato menor establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á prestación do servizo ou á entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

2º. Para o caso do programa de apoio aos CIM, serán subvencionables os gastos directos de persoal do persoal que desenvolva funcións no CIM, segundo resulta do previsto no artigo 8 desta resolución.

Artigo 10. Presentación de solicitudes e prazo

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 11. Documentación

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I.1, I.2 ou I.3, segundo o programa), a documentación común e a específica de cada programa que se relaciona a continuación:

a) Anexo II: certificación do órgano competente da entidade en que se faga constar, entre outros, o acordo de solicitar a subvención ao abeiro do correspondente programa e do compromiso do financiamento do custo da actuación ou medida obxecto de axuda naquela parte que exceda o importe da subvención para a súa completa realización. No caso de mancomunidades ou consorcios, deberán cubrir o último punto do anexo para facer constar a relación de concellos que a integran e os que participan na actuación ou medida para a cal se solicita a subvención.

b) Anexo II-bis (só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos): certificación do órgano competente do concello representante, en que se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados, as cuestións que se recollen no dito anexo en relación cos requisitos e condicións previstos no artigo 5 desta resolución.

c) Anexo III: memoria descritiva do programa/medida para o que se solicita a subvención (só para o Programa de conciliación-SI435B e para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero-SI435A): memoria descritiva da medida que se propón e das actuacións que se vaian realizar para desenvolvela, con indicación da duración e das datas de comezo e finalización estimadas, do importe dos custos directos de persoal, número estimado de persoas participantes, obxectivos e resultados esperados coa medida e actuacións para as cales se solicita subvención, así como a tipoloxía dos gastos directos que se van imputar á subvención acordes co establecido no artigo 10, debidamente asinada pola persoa que exerza a representación da entidade solicitante.

e) Anexo IV.1 e 2 (só para o Programa de apoio aos CIM-SI427B): memoria descritiva (IV.1) do funcionamento do CIM, do persoal adscrito ao CIM, gasto subvencionable dos custos directos de persoal para o cal se solicita a axuda e actividades levadas a cabo desde o CIM, debidamente asinada pola persoa que exerza a representación da entidade solicitante, así como as fichas individualizadas do persoal que presta ou que vaia prestar servizos no CIM (IV.2), que se numerarán correlativamente e se anexarán á memoria como parte integrante dela.

f) Copia do convenio de colaboración (só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos).

g) Memoria de aforro de custos respecto da realización do programa ou actividade de forma individualizada (só no caso de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades ou consorcios).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Emenda da solicitude

1. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Así mesmo, tamén se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

Artigo 15. Instrución do procedemento e Comisión de Valoración

1. A instrución dos procedementos previstos nesta resolución correspóndelle á Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos serán remitidos á Comisión de Valoración.

2. De conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as solicitudes serán examinadas por unha Comisión de Valoración, coa seguinte composición:

– Presidencia: o/a subdirector/a xeral de Promoción da Igualdade ou persoa en que delegue.

– Secretaría: exercerá a secretaría da comisión un/unha dos/das vogais da comisión.

– Vogalías: o/a xefe/a do Servizo de Fomento e Promoción da Igualdade, o/a xefe/a do Servizo de Programación, Cooperación Institucional e Planificación, o/a xefe/a do Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas, e o/a xefe/a do Servizo de Apoio Técnico-Administrativo e unha persoa da Dirección Xeral de Administración Local, con rango de subdirector/a ou, de ser o caso, de xefe/a de servizo.

No caso de ausencia dalgunha das persoas que integran a Comisión de Valoración, será substituída pola persoa designada pola presidencia da comisión.

3. A Comisión de Valoración poderá requirir ás entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional aclaratoria que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e relación directa para unha mellor valoración das solicitudes.

4. Avaliadas as solicitudes seguindo os criterios e pautas establecidos no artigo 16, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou denegación da subvención solicitada, propoñendo a concesión de subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito dispoñible.

No suposto de esgotar o crédito dispoñible segundo o establecido no artigo 2 desta convocatoria, o resto das solicitudes consideradas subvencionables quedará en reserva para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución complementarias seguindo a orde de puntuación obtida.

Artigo 16. Criterios de valoración

A comisión valorará os expedientes consonte os seguintes criterios:

1. Criterios comúns aos tres programas:

1.1. Solicitudes presentadas por agrupacións de concellos, mancomunidades ou consorcios ou cando se trate de fusión de municipios, ata 40 puntos, de acordo co seguinte:

1.1.a) Agrupacións de concellos, mancomunidades ou consorcios, teranse en conta os seguintes aspectos:

a) Pola mera presentación da solicitude para a xestión compartida: 15 puntos.

b) Polo número de concellos asociados e a repercusión do proxecto tendo en conta a cifra de poboación total, segundo as cifras de poboación o 1 de xaneiro de 2021, fonte IGE: ata 15 puntos. De acordo co seguinte:

b.1) Polo número de concellos participantes: 2 concellos, 3 puntos; 3 concellos, 4 puntos; 4 concellos, 5 puntos; 5 concellos, 6 puntos; máis de 5 concellos, 7 puntos.

b.2) Pola poboación total: ata 5.000 habitantes, 1 punto; de 5.001 a 10.000 habitantes, 3 puntos; de 10.001 a 15.000 habitantes, 5 puntos; de 15.001 a 20.000 habitantes, 7 puntos; máis de 20.000 habitantes, 8 puntos.

c) Pola presentación dunha memoria de aforro de custos respecto da prestación do servizo de modo individual: 10 puntos.

1.1.b) Fusión municipal:

a) Pola mera presentación da solicitude: 30 puntos.

b) Polo número de concellos fusionados e a repercusión do proxecto tendo en conta a cifra de poboación total, segundo as cifras de poboación a 1 de xaneiro de 2021, fonte IGE: ata 10 puntos. De acordo co seguinte:

b.1) Polo número de concellos participantes: 2 concellos, 3 puntos; 3 concellos, 4 puntos; máis de 4 concellos, 5 puntos.

b.2) Pola poboación total: ata 5.000 habitantes, 1 punto; de 5.001 a 10.000 habitantes, 2 puntos; de 10.001 a 15.000 habitantes, 3 puntos; de 15.001 a 20.000 habitantes, 4 puntos; máis de 20.000 habitantes, 5 puntos.

1.2. Distribución poboacional da entidade local solicitante. No caso de agrupación de concellos, terase en conta a poboación do concello representante ou titular do CIM e, no caso de mancomunidades, terase en conta a media da poboación de todos os concellos que a integran, segundo as cifras oficiais de poboación o 1 de xaneiro de 2021, fonte IGE: ata 16 puntos. De acordo co seguinte: ata 5.000 habitantes, 16 puntos; de 5.001 ata 10.000 habitantes, 12 puntos; de 10.001 a 20.000 habitantes, 8 puntos; e máis de 20.000 habitantes, 4 puntos.

1.3. Colaboración coas actuacións da Secretaría Xeral da Igualdade, así como, no caso do Programa de apoio aos CIM, pola coordinación e traballo en rede a través da aplicación informática CIM desenvolvida pola dita secretaría: 2 puntos.

1.4. Polo compromiso da entidade pola igualdade entre homes e mulleres: ata 2 puntos. De acordo co seguinte: a) estar adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, 1 punto; b) ter constituída unha concellaría para a promoción da igualdade, 1 punto.

1.5. Polo alcance da xustificación da axuda concedida para o mesmo programa polo se solicita a subvención deste ano ao abeiro da convocatoria de axudas ás entidades locais do ano 2020 (DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 2020), valorarase ata 10 puntos de acordo coa seguinte modulación: se a xustificación acadou unha porcentaxe de entre o 80 % e o 85 %, 4 puntos; máis do 85 % e ata o 95 % incluído, 6 puntos e máis do 95 %, 10 puntos.

2. Criterios específicos para o Programa de fomento da conciliación e para o Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero:

2.1. Pola incorporación de módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade e/ou a incorporación da perspectiva de xénero con carácter transversal, ata 15 puntos segundo os seguintes criterios:

2.1.a) Módulos específicos de promoción da igualdade, estereotipos de xénero, xogos coeducativos ou sensibilización en igualdade, ata un máximo de 10 puntos: ata 5 horas de duración, 4 puntos; máis de 5 horas e ata 10 horas, 6 puntos; máis de 10 horas, 10 puntos.

2.1.b) Incorporación da perspectiva de xénero de xeito transversal empregando linguaxe inclusiva en todos os materiais das actividades, difusión e publicidade: 5 puntos.

2.2. Pola duración ou continuidade da medida presentada dentro do período subvencionable, ata un máximo de 15 puntos. De acordo cos seguintes criterios, segundo o programa:

2.2.1. Programa de fomento da conciliación: para a valoración deste criterio establécense dous criterios: un de aplicación ás actuacións en períodos non lectivos e outro ás actuacións que se van desenvolver durante o curso escolar, segundo o seguinte:

2.2.1.a) Polo número de actuacións que se desenvolvan en períodos non lectivos: 5 puntos por actividade ata un máximo de 15 puntos.

2.2.1.b) Pola duración e continuidade das actuacións que se van desenvolver: ata catro meses, 4 puntos; máis de catro meses e ata sete meses, 8 puntos; máis de 7 meses e ata 10 meses, 12 puntos; máis de 10 meses, 15 puntos.

2.2.2. Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero: pola duración e continuidade da medida e as actuacións que se van desenvolver ao longo do período subvencionable: 1,5 puntos por cada mensualidade en que se desenvolva a actuación ou actividade, ata un máximo de 15 puntos.

3. Criterios específicos para o Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM):

3.1. Pola amplitude horaria na prestación dos servizos básicos ata 12 puntos, segundo o seguinte:

3.1.a) Atención xurídica prestada en horario superior a 10 horas/semana: puntuarase con 0,30 puntos por cada hora de atención superior ao mínimo semanal, ata un máximo de 6 puntos.

3.1.b) Atención psicolóxica prestada en horario superior a 10 horas/semana: puntuarase con 0,30 puntos por cada hora de atención superior ao mínimo semanal, ata un máximo de 6 puntos.

3.2. Polo número de usuarias en situación de especial vulnerabilidade atendidas e que superen o número mínimo exixido, segundo a xustificación da subvención concedida ao abeiro do Programa de apoio aos CIM na convocatoria de 2020 (DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 2020) ata 18 puntos. De acordo co seguinte: ata o 10 %, 2 puntos; máis dun 10 % e ata o 20 %, 4 puntos; máis dun 20 % e ata o 40 %, 6 puntos; máis dun 40 % e ata o 60 %, 10 puntos; máis dun 60 % e ata o 80 %, 14 puntos; máis dun 80 % e ata o 100 %, 16 puntos; e máis dun 100 %, 18 puntos.

4. No suposto de que máis dunha proposta obteña a mesma puntuación e non sexa posible por razóns orzamentarias adxudicar axuda a todas elas, para o desempate terá preferencia, en primeiro lugar, a solicitude de xestión compartida fronte á presentada individualmente; en segundo lugar, a puntuación obtida en cada criterio de valoración seguindo a orde establecida neste artigo, ata que se produza o desempate; e, de persistir este, resolverase tendo en conta a hora e a data de presentación da solicitude.

5.1. Ata esgotar o crédito dispoñible, a contía da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable a porcentaxe de axuda que corresponda á puntuación obtida na valoración realizada segundo os criterios establecidos neste artigo, e segundo os seguintes tramos:

• Máis de 75 e ata 100 puntos: 100 % do gasto subvencionable.

• Máis de 55 e ata 75 puntos: 95 % do gasto subvencionable.

• Máis de 40 e ata 55 puntos: 90 % do gasto subvencionable.

• Máis de 20 e ata 40 puntos: 80 % do gasto subvencionable.

• Ata 20 puntos: 70 % do gasto subvencionable.

No caso de quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención no correspondente programa, sempre que non exista lista de espera, este repartirase entre elas a partes iguais de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de valoración, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

Artigo 17. Resolución e notificación

1. De conformidade co previsto no Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade, por proposta do órgano instrutor e logo da fiscalización por parte da Intervención Delegada, a resolución destas axudas correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade.

2. O prazo para resolver e notificar será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada.

3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

4. Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar isto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

5. As notificacións de resolucións e actos administrativos distintas ás previstas no número 3 deste artigo e no artigo 14 desta resolución practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e segundo o seguinte:

a) De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

c) As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

d) Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Réxime de recursos

1. A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no mesmo diario oficial.

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas ao abeiro da presente resolución poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 19. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O órgano competente para a concesión destas axudas, nos supostos que proceda, poderá acordar a modificación da resolución por instancia da entidade beneficiaria e coa debida antelación. Estas bases habilitan para aprobar as modificacións nos supostos en que proceda, atendendo aos obxectivos e requisitos da convocatoria e demais normativa aplicable.

Artigo 20. Solicitude de pagamento, prazo e xustificación da subvención

1. Conforme o establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para o cobramento das axudas concedidas ao abeiro desta resolución as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da realización da medida subvencionada que se relaciona no número 3 deste artigo, e dentro do prazo establecido para cada un dos programas, segundo o seguinte:

1.1. Programa de fomento da conciliación e Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero: o prazo para a presentación da xustificación da medida subvencionada ao abeiro destes programas finaliza o 11 de outubro de 2022 (procedementos SI435B e SI435A).

1.2. Programa de apoio aos CIM: o prazo para a presentación da documentación xustificativa da actuación subvencionada finaliza o 18 de abril de 2023 (procedemento SI427B).

De acordo co sinalado no artigo 12.6 desta resolución, a dita documentación deberá presentarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A xustificación para os programas recollidos no artigo 1.1 realizarase a custo real mediante a presentación das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente acreditativos de todos os gastos das actuacións subvencionadas ou con base segundo o recollido nos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

3. Deberase presentar dentro do prazo sinalado no número 1.1, 1.2 deste artigo, segundo o caso, a seguinte documentación xustificativa, común e específica para cada programa:

3.1. Documentación común aos tres programas:

3.1.a) Anexo V: solicitude de pagamento da axuda debidamente cuberta e asinada pola persoa que exerce a representación da entidade.

3.1.b) Anexo VI: declaración complementaria e actualizada na data da xustificación de todas as axudas solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma actuación ou actividade, das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais ou, se é o caso, declaración de que non se solicitaron outras axudas ou subvencións. E declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3.1.c) Un exemplar de todos os materiais elaborados, carteis, folletos, enquisas, material didáctico, fotografías, capturas de pantalla e outros documentos, onde deberán figurar a imaxe corporativa da Secretaría Xeral da Igualdade, para os efectos de acreditar o cumprimento das obrigas de publicidade e información recollidas no artigo 22.3 e 4 desta resolución.

3.2. Documentación específica para o Programa de fomento da conciliación (procedemento SI435B) e para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (procedemento SI435A):

3.2.a) Anexo VII: certificación do gasto subvencionable.

No Programa de fomento da conciliación e no Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, na certificación do gasto subvencionable reflectiranse, respecto de cada un/unha dos/as profesionais e segundo o tipo de relación ou vinculación coa entidade, os custos reais correspondentes aos gastos directos de persoal polo tempo efectivamente traballado para a execución da actividade subvencionada.

Os gastos directos de persoal subvencionables a custo real (nóminas, facturas...), xerados entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, deberán estar efectivamente pagados na data de finalización do prazo de xustificación da subvención, o 11 de outubro de 2022.

De acordo co artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando quede xustificado o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario.

Non obstante o anterior, cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, a dita presentación terá como data límite o último día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

3.2.b) Anexo VIII: se for o caso, certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento da normativa de contratación do sector público vixente na tramitación do procedemento de contratación de persoal para a prestación do servizo.

3.2.c) Para xustificar o custo real dos gastos directos de persoal terá que presentarse copia dos seguintes documentos:

Respecto do persoal propio da entidade beneficiaria:

– Contrato de traballo ou xustificación da excepcionalidade prevista no último parágrafo do artigo 9.1 desta resolución.

– Informe da vida laboral que reflicta a situación de alta no período en que se desenvolveu a actividade subvencionada.

– Nóminas e recibos de liquidación de cotizacións, así como os modelos TC-2 e documentos bancarios que acrediten a súa realización.

No caso de contratación mercantil dos gastos de persoal: facturas ou documentos con valor probatorio equivalente polo importe correspondente ao persoal contratado, así como os correspondentes xustificantes bancarios acreditativos do seu pagamento. No xustificante bancario deberán constar o número de factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa que emite a factura. Así mesmo, terase que achegar o expediente de contratación segundo a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Modelo 190 de resumo anual, retención de ingresos á conta do IRPF (modelo 111) correspondentes ao período durante o cal se desenvolveu a medida ou actividade subvencionada, unha vez que se dispoña deles segundo o indicado no último parágrafo da alínea a) do punto 3.2 deste artigo, e xustificantes bancarios do ingreso do modelo 111 do IRPF.

3.2.d) Folla individualizada de asistencia do persoal que desenvolve a actividade asinada por cada profesional e pola persoa responsable da entidade beneficiaria que coordina e/ou xestiona a actividade, segundo o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

3.2.e) Anexo IX: memoria xustificativa da medida subvencionada, con descrición detallada de cada unha das actuacións desenvolvidas, incluída a tipoloxía dos gastos directos realizados, así como os resultados obtidos, con indicación do número de persoas participantes desagregadas por sexo, así como da publicidade e divulgación que se realizou. A memoria deberá conter material gráfico en que se visualicen as actividades desenvolvidas na medida subvencionada, tendo en conta o dereito á protección da imaxe, segundo se establece na normativa sobre protección de datos de carácter persoal, e estar asinada pola persoa representante da entidade, alcalde ou alcaldesa ou presidente, presidenta da mancomunidade.

3.2.f) Memoria detallada das actividades e dos módulos específicos sobre sensibilización en igualdade e/ou a incorporación da perspectiva de xénero con carácter transversal, así como o material necesario para a súa xustificación e descrición.

3.2.g) De ser o caso, unha relación numerada das persoas participantes. A dita relación deberá estar asinada pola persoa responsable do programa.

Para o caso de que as persoas participantes sexan menores de idade, a dita relación referirase aos proxenitores, preferentemente nai, pai ou ben da persoa que exerza a tutela. Esta relación será única para todas as actuacións e actividades da medida subvencionada, con independencia de que os fillos ou fillas participasen nunha ou varias das actuacións.

3.3. Documentación específica para o Programa de apoio aos CIM (procedemento SI427B):

3.3.a) Segundo o disposto nos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, para xustificar o custo real dos gastos directos de persoal terá que xustificarse o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada, con carácter xeral, pola documentación que se relaciona nos parágrafos seguintes, e que incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

A conta xustificativa de subvencións destinadas a financiar os gastos correntes conterá:

a) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

1º. O cumprimento da finalidade da subvención.

2º. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, diferenciados por anualidades, coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de pagamento (no caso dos gastos da anualidade 2022) ou de recoñecemento da obriga polo órgano competente (no caso dos gastos da anualidade 2023). Non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Dado que a subvención imputable á anualidade 2022 foi aboada integramente como anticipo, o gasto considerarase realizado cando fose efectivamente pagado no ano 2022. Respecto da subvención imputable á anualidade 2023, o gasto entenderase realizado cando o órgano competente da entidade local contabilizase no ano 2023 o recoñecemento da obriga.

b) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia.

c) De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Relación numerada de mulleres atendidas no período subvencionable no modelo publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

e) As entidades locais beneficiarias están obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no ano 2023 no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas.

4. Co obxecto de homoxeneizar a documentación xustificativa, a documentación prevista nas letras d) e g) do número 3.2, e na letra d) do número 3.3, deberá presentarse obrigatoriamente nos modelos dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

5. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido para o efecto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

No caso de que a xustificación sexa incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, advertíndoa que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención concedida e, de ser o caso, deberá reintegrar a contía percibida en concepto de anticipo e os xuros de demora.

Artigo 21. Pagamento da subvención

1. Unha vez xustificada a subvención, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada.

2. Realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución. No programa de apoio aos CIM a contía do anticipo non poderá ser superior ao importe da subvención imputada ao exercicio 2022; se for o caso, o importe do anticipo reducirase ata o dito límite. As entidades beneficiarias están exoneradas da obriga de constitución de garantía.

O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

3. Procederá a minoración do importe da subvención concedida ou, de ser o caso, a perda do dereito ao seu cobramento, nos termos e nos casos previstos para cada un dos programas nos artigos 6.7, 7.5, 8.7 desta resolución e nos demais supostos previstos no artigo 24 e na normativa de aplicación relacionada no artigo 26.

Artigo 22. Obrigas das entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta resolución e as demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamentan a concesión da subvención dentro do período e dos prazos establecidos nesta convocatoria, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

2. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control. Así mesmo, conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

3. Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos á actuación e actividades subvencionadas, terá que constar a condición de financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

4. Os espazos de atención ás usuarias ou participantes, así como as comunicacións, contarán co logo da Secretaría Xeral da Igualdade; nos lugares de realización da actuación informarase do apoio a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible.

Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade están dispoñibles a información e os logos, así como un modelo coas características do cartel, emblemas e contido de obrigada inclusión.

5. Dar cumprimento á normativa de protección de datos persoais, en concreto, ao disposto no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (Regulamento xeral de protección de datos), na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa concordante.

As entidades beneficiarias da subvención serán responsables de informar de maneira fidedigna as destinatarias finais do tratamento que levarán a cabo sobre os seus datos, conforme o especificado no artigo 13 do Regulamento xeral de protección de datos, así como dos aspectos incluídos no parágrafo anterior, para o cal solicitarán o seu consentimento explícito. Así mesmo, as entidades beneficiarias serán responsables de custodiar a documentación que acredite o cumprimento destes deberes.

6. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

7. Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas e por outros órganos de control impostos pola normativa no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

8. Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais, para o cal achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 23. Responsabilidade

A organización e a materialización das accións obxecto de subvención será responsabilidade exclusiva da entidade beneficiaria; a actuación da Secretaría Xeral da Igualdade quedará limitada ao seu outorgamento e a garantir o cumprimento da normativa en materia de axudas públicas.

Artigo 24. Reintegro e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Polo anterior, ademais do disposto na normativa xeral de aplicación a estas axudas, procederá a minoración da subvención concedida ou a perda do dereito ao seu cobramento e, de ser o caso, ao reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, nos supostos establecidos nos artigos 6.7, 7.5, 8.7 respecto ao correspondente programa dos previstos nesta convocatoria.

3. Procederá a minoración da subvención concedida ou, de ser o caso, o reintegro do 10 % sobre a contía total da axuda percibida, no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

4. Procederá a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida ou, de ser o caso, o reintegro do 100 % da contía total da axuda percibida, máis os xuros de demora correspondentes, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

5. Así mesmo, procederá a minoración dun 2 % sobre a contía total da axuda percibida no caso de incumprimento dalgunha das obrigas recollidas no artigo 22, números 2, 3 e 4 desta resolución.

6. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 25. Control

1. A Secretaría Xeral da Igualdade poderá levar a cabo as actividades de control que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta convocatoria.

2. Todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 26. Remisión normativa

Para todo o non previsto nesta convocatoria observarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 27. Información ás entidades interesadas

Sobre os procedementos administrativos asociados a esta convocatoria poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou da Secretaría Xeral da Igualdade, http://igualdade.xunta.gal; nos teléfonos 981 54 53 12 (procedemento SI435B), 981 54 73 97 e 881 99 91 63 (procedemento SI435A), 981 54 53 69 (procedemento SI427B); no enderezo electrónico promocion.igualdade@xunta.gal ou presencialmente.

Disposición adicional única. Mulleres en situación de vulnerabilidade

Para os efectos desta convocatoria, para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (SI435A), terán a consideración de mulleres en situación de vulnerabilidade aquelas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

– Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica.

– Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.

– Inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas.

– Pertencentes a unha minoría étnica.

– Dependentes do consumo de substancias tóxicas ou en procesos de rehabilitación.

– Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares.

– Reclusas ou ex reclusas.

– Procedentes de institucións de protección ou reeducación de menores.

– Transexuais ou con conflitos de identidade de sexo.

– Con diversidade funcional ou enfermidade mental.

– Con responsabilidades familiares non compartidas.

– Procedentes de núcleos familiares con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

– Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar.

– Sen fogar ou que habitan nunha infravivenda, ou afectadas por un proceso de desafiuzamento.

– Maiores ou viúvas.

– Sen titulación ou con baixa cualificación.

– Desempregadas menores de 30 anos ou maiores de 45 anos.

– Inactivas ou desempregadas de longa duración.

– Con residencia en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP), segundo os estudos ou datos publicados polo IGE, e que poden consultarse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

– Calquera outra situación non prevista expresamente que implique factores de risco ou vulnerabilidade no ámbito familiar, social ou laboral, sempre que sexa ponderada e aceptada polos servizos sociais da entidade local.

Disposición derradeira primeira

A Secretaría Xeral de Igualdade poderá ditar as instrucións que sexan necesarias para o adecuado desenvolvemento desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file