Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17918

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2022/23 (códigos de procedemento BS404A e BS404B).

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais, establece no seu artigo 3 os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes, os de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

Así mesmo, a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, establece no seu artigo 49.1 que a Administración autonómica garantirá a calidade e o carácter inclusivo dos recursos de educación infantil 0-3, avanzará na súa universalización e gratuidade e promoverá unha dotación suficiente de prazas e os recursos para facer efectivas as posibilidades de acceso, permanencia e promoción de toda a poboación infantil a esta etapa educativa, preferentemente en centros públicos.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con especial atención na xestión integral das escolas infantís e na atención educativa e asistencial aos nenos e nenas menores de tres anos na forma de recursos, equipamentos, proxectos, programas e prestacións, e no ámbito territorial dos municipios que o compoñen, co obxecto de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente, que contribúa a reforzar a igualdade de oportunidades na utilización da rede social de atención, segundo o disposto no artigo 6 dos estatutos do Consorcio.

Conforme o exposto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (en diante, Consorcio) integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2022/23 (código de procedemento BS404A solicitudes de novo ingreso, e código de procedemento BS404B solicitudes de renovación).

Artigo 2. Requisitos para ser adxudicataria/o

Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio:

a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil na que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2022. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede A Galiña Azul (escolas 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio), estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Artigo 3. Orde de adxudicación das prazas

1. A adxudicación das prazas no procedemento ordinario realizarase pola seguinte orde:

a) As nenas e os nenos escolarizados durante o curso 2021/22 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza en quenda en que estivesen escolarizadas/os sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2022, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio (RRI).

As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haber prazas vacantes no horario solicitado. De haberen máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.a) do RRI.

b) As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede A Galiña Azul no curso 2021/22 que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

c) As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:

1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, a persoa acolledora ou a titora ou o titor legal.

2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo IV. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do RRI:

En primeiro lugar, obterán praza nas escolas os/as nenos/as empadroados/as no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existir prazas vacantes, poderán obter praza os/as fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.

2. A adxudicación das prazas no procedemento extraordinario realizarase pola seguinte orde:

a) Para os ingresos urxentes reservaranse polo menos, unha praza por cada grupo de idade e, como máximo, unha por unidade aberta. Terán a consideración de ingresos urxentes os seguintes casos:

1º. Os de menores tutelados/as ou en situación de garda pola Consellería de Política Social.

2º. Os de fillos/as das mulleres que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero.

3º. Aqueloutros nos cales concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

b) As solicitudes presentadas pasado o prazo establecido no primeiro parágrafo do artigo 8.2 que se atopen nos seguintes casos:

1º. Nacemento, acollemento ou adopción da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

2º. Cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar.

3º. Cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello.

4º. Retorno a Galicia durante o ano 2022 das galegas e galegos que residan fóra de España, sempre que o dito retorno se produza con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

5º. Outras circunstancias que, motivadamente, aprecie a Xerencia do Consorcio.

Estas solicitudes deberán ir acompañadas da documentación acreditativa da circunstancia que motiva a súa presentación pasado o prazo establecido no primeiro parágrafo do artigo 8.2.

Nestes supostos, a adxudicación estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro para o que se solicita praza.

3. As solicitudes relativas aos supostos recollidos no número 2.b).2º e 3º con praza de novo ingreso adxudicada nunha escola infantil da Rede A Galiña Azul, de non existir prazas vacantes, no novo centro solicitado, serán integradas na lista de espera con carácter preferente sobre os que se atopen no número 1.c).4º.

De haber máis dunha solicitude nestas circunstancias, a adxudicación realizarase segundo a data de presentación en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 4. Calendario e horario de apertura das escolas

1. Nas escolas infantís 0-3 as que se refire esta resolución o curso escolar dará comezo o día 5 de setembro de 2022.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 31 de outubro, 9 e 26 de decembro de 2022.

As escolas pecharán ás 15.00 horas os días 5 de xaneiro e martes de Entroido.

De ser o caso, os nenos e nenas deberán ser recollidos ás 15.00 horas os días en que se celebren festas na escola en horario de tarde que exixan a participación do persoal e que estean previstas na programación anual. As datas serán notificadas mediante unha circular informativa a todas as persoas usuarias.

Con carácter xeral, as escolas permanecerán pechadas no mes de agosto. Excepcionalmente, a Xerencia poderá acordar a prestación do servizo nun determinado número de escolas de garda podendo establecer un sistema rotativo entre aquelas radicadas nun mesmo concello ou atendendo a unha distribución zonal para o resto das escolas.

Os centros que, eventualmente, poidan permanecer abertos serán determinados pola Xerencia atendendo ao número de solicitudes debidamente xustificadas con base en motivos laborais ou enfermidades graves.

Para a apertura da escola de garda será necesaria unha demanda de prazas que permita crear, polo menos, unha unidade internivelar (15 nenos/as de entre 0-3 anos).

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2022/23.

En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase formular unha solicitude cunha antelación mínima dun mes, agás causas sobrevidas que o impidan. Esta solicitude será estudada e, se procede, autorizada pola Xerencia Adxunta de Escolas Infantís do Consorcio. A ausencia de resposta no prazo de 10 días suporá a desestimación da solicitude.

2. O horario de apertura das escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio para o curso 2022/23 e a relación delas xunto cos seus enderezos pode consultarse no anexo VI e nas páxinas web: https://sede.xunta.gal, https://politicasocial.xunta.gal e https://www.igualdadebenestar.org

As franxas horarias poderán ser modificadas no horario establecido cando o número de crianzas no centro sexa superior ou inferior ao 10 % do número de prazas da escola, excluídas aquelas xornadas por quendas.

En ningún caso a/o nena/o que sexa recollida/o en último lugar non poderá exceder a súa permanencia na escola máis alá de 30 minutos despois da saída do resto das persoas usuarias.

As persoas usuarias dentro do horario de apertura e peche do centro poderán optar polos seguintes tipos de xornadas:

1. Xornada completa, coas seguintes modalidades:

a) Continua: aquela en que a crianza permanece na escola ata o máximo de 8 horas, sen solución de continuidade.

b) Partida: aquela en que a crianza permanece na escola ata o máximo de 8 horas, con solución de continuidade. Neste caso, o tempo de permanencia na escola, con carácter xeral, non poderá ser inferior a 3 horas tanto na xornada de mañá como na xornada de tarde.

c) Por quendas: aquela en que, por motivos persoais ou laborais dos proxenitores ou representante legal da crianza debidamente acreditados, esta asiste semanas alternas en horarios distintos.

2. Media xornada: as medias xornadas serán, como mínimo, de 3 horas e, como máximo, de 4 horas.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as 8 horas diarias dentro da xornada pola que opte, agás cando, por circunstancias excepcionais debidamente acreditadas, teña que permanecer un tempo superior ao máximo establecido. Estes supostos serán estudados e, de ser o caso, autorizados pola xerencia adxunta para escolas infantís.

Artigo 5. Prestacións

1. As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor.

A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se comunique á dirección do centro con antelación suficiente e aboen o prezo estipulado.

Artigo 6. Prezos

1. Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias para o curso 2022/23 serán os establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais para os servizos complementarios, ao ser gratuíta a atención educativa para todo o alumnado solicitante con independencia do número de irmáns da unidade familiar.

2. Aboaranse once mensualidades por curso, agás nos casos establecidos na devandita normativa de prezos.

3. A inasistencia á escola infantil durante un determinado período non supón redución nin exención ningunha do pagamento das cotas correspondentes aos servizos complementarios, agás nos casos establecidos na dita normativa de prezos.

Artigo 7. Regras para a determinación do importe do prezo público

Para a determinación do importe mensual do prezo público que se debe aboar polos servizos complementarios utilizados nas escolas infantís dependentes do Consorcio, teranse en conta as especificacións recollidas na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

Para estes efectos, tomarase para o cálculo da cota a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF) do último período impositivo con prazo de prestación vencido no momento de prestación da solicitude.

Artigo 8. Forma, lugar e prazo para a presentación das solicitudes

1. As solicitudes para a renovación de praza (código de procedemento BS404B) do alumnado escolarizado durante o curso 2021/22, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes de novo ingreso (código de procedemento BS404A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste impreso de solicitude poderá solicitarse praza para máis dunha escola, indicando a orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na escola que se indique como primeira opción.

Os impresos estarán dispoñibles, ademais, no enderezo electrónico https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros nos que se solicite praza.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 8 de abril de 2022.

O prazo para a presentación das solicitudes que se presenten ao abeiro do disposto no artigo 3.2.b) finalizará o 15 de marzo de 2023.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Para a renovación de praza, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (código de procedemento BS404B):

a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.

b) Anexo III no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.

2. Para novo ingreso as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (código de procedemento BS404A):

a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.

b) Anexo III no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.

c) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

d) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, de ser o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

f) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

g) Xustificación de ocupación da nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.

h) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal, ou outros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2º. Certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma ou, na súa falta, certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial de medidas paternofiliais.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

4º. Certificado que acredite a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou a condición de adestrador/a, técnico/a, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola secretaría xudicial.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

j) Certificado de empadroamento da nena ou do neno e dunha das persoas proxenitoras ou representante legal expedido polo concello en que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).

k) Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algunha das persoas proxenitoras ou representante legal da nena ou do neno teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.

l) No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, achegarase o certificado de empadroamento do concello do que procede.

m) Nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas, certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza.

3. A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras d), f), g) e h) do número anterior dentro do prazo de presentación da solicitude e emenda suporá a non valoración na correspondente epígrafe do baremo, nos supostos da súa aplicación que se recolle no anexo IV, de calquera das circunstancias alegadas.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das admininstracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos códigos de procedemento BS404B e BS404A consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do IRPF, da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, código de procedemento BS404A, consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella.

b) Grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar inscrito como demandante de emprego a data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso, a persoa solicitante e o/a cónxuxe ou parella.

e) Grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, anexo II e anexo V, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Instrución do procedemento

As direccións que xestionen este procedemento, como órganos responsables da súa tramitación, comprobarán que as solicitudes reúnen os requisitos recollidos nesta resolución. De non ser así, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixer así, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A dirección do centro e a persoa titular da xerencia adxunta de escolas infantís do Consorcio poderán reclamar en calquera momento todos aqueles datos que coiden precisos para unha realización máis eficaz da súa función e a súa debida acreditación documental.

Artigo 13. Avaliación das solicitudes

1. A adxudicación de praza efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo IV. No caso de obter igual puntuación, terán preferencia, en primeiro lugar, as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

2. Aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedemento de valoración. Con tal fin, constituirase o Consello Escolar de cada centro, conforme o previsto no artigo 7.C) do RRI.

A relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas farase pública o día 6 de maio e poderase consultar nas páxinas web do Consorcio: https://www.igualdadebenestar.org así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Artigo 14. Reclamacións

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos cinco (5) días posteriores á data da exposición pública da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 15. Resolución do procedemento

1. Correspóndelle á Xerencia do Consorcio, unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra a relación provisional, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figurará a puntuación obtida.

A relación definitiva coa puntuación poderase consultar desde o día 31 de maio nas páxinas web: do Consorcio: https://www.igualdadebenestar.org así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

2. Cada alumna/o só poderá ser adxudicataria/o dunha praza pública das escolas infantís da Rede A Galiña Azul da Xunta de Galicia.

3. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento previsto nesta convocatoria será de cinco (5) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou desde a entrada da solicitude no rexistro nos casos de solicitudes non sometidas a baremo. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

4. Na relación definitiva de admisión estarán incluídas as solicitudes presentadas pasado o prazo establecido no artigo 8.2 con xustificación que tivesen entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional.

5. No suposto de ingresos urxentes a resolución do procedemento correspóndelle a xerencia adxunta para escolas infantís, nun prazo de cinco (5) días desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa, a solicitude terase por desestimada.

6. As resolucións previstas no punto 1 e 5 deste artigo non esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso de alzada perante a Presidencia do Consorcio no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

A resolución da Presidencia esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis (6) meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 16. Publicación e notificación

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como as correspondentes resolucións, sen prexuízo do disposto no artigo 46 da mesma lei. Esta publicación producirá os efectos de notificación. Así mesmo, de forma complementaria, poderase efectuar a notificación de todos os actos administrativos de acordo co reflectido nos parágrafos seguintes:

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Matrícula

1. As persoas que obteñan praza disporán de oito (8) días, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de adxudicación, para presentar o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtiveran a dita praza.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, en caso contrario, a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

2. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web: https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal

Artigo 18. Lista de espera

1. A lista de espera estará constituída polas persoas solicitantes que non obteñen praza pública, ordenadas segundo a puntuación acadada no baremo de admisión.

2. Para a xestión da lista de espera e cobertura das prazas vacantes observarase o previsto no artigo 21 do RRI.

3. As solicitudes que non se presenten nos prazos fixados nesta convocatoria polas circunstancias sobrevidas referidas no número 2.b) do artigo 3 debidamente xustificadas serán valoradas nos procedementos extraordinarios segundo o previsto no RRI e, no caso de non podérselles adxudicar unha praza, incluiranse na lista de espera segundo a puntuación obtida.

4. Na relación definitiva da lista de espera estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que teñan entrada con anterioridade á data da súa aprobación.

Artigo 19. Revisión do prezo

O prezo fixado inicialmente para os servizos complementarios revisarase nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Variación no número de membros da unidade familiar.

Para estes efectos, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza nos supostos que deron lugar ao cálculo do prezo público que se lle aplica.

A modificación do prezo será resolta pola Xerencia adxunta de escolas infantís e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 20. Baixas

1. Será causa de baixa na escola infantil:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido polos servizos complementarios durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince (15) días sen causa xustificada.

g) Por incumprimento reiterado das normas da escola.

2. Naqueles casos en que se produza unha falta de asistencia prolongada, deberá presentarse cunha periodicidade mensual a documentación acreditativa da causa que a produce. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas motivadas polo establecido na alínea e) serán resoltas pola Xerencia do Consorcio, por proposta da xerencia adxunta para escolas infantís, unha vez oída a dirección do centro a que asiste a alumna ou alumno e realizado o trámite de audiencia da/das persoa/s interesada/s. O prazo de resolución será de dous (2) meses desde o inicio do expediente. Nos demais supostos aprobarase a baixa por resolución da xerencia adxunta para escolas infantís, por delegación do xerente do Consorcio.

Contra as resolucións ditadas no procedemento anterior será de aplicación o establecido no artigo 15.6 desta resolución.

4. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que figuren nese momento en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 21. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que teñén os códigos de procedemento BS404A e BS404B, poderase obter documentación normalizada ou información na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no portal da Consellería de Política Social https://politicasocial.xunta.gal, no portal do Consorcio https://www.igualdadebenestar.org e no teléfono 012.

Disposición adicional primeira. Flexibilización do período de escolarización para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo

As familias dos/das nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE)escolarizados/as durante o curso 2021/22, e aqueloutras con crianzas con necesidades que non estivesen escolarizadas nese mesmo curso, e que tivesen feitos os tres anos en 31 de decembro de 2022, poderán solicitar a súa permanencia na escola ou o seu ingreso na mesma durante un curso máis para o cal deberán presentar a solicitude de renovación ou novo ingreso.

Xunto coa dita solicitude deberán achegar os informes dos/das profesionais que levan o seguimento do neno ou da nena tales como o da unidade de atención temperá, da unidade de rehabilitación ou o do/da pediatra.

Para o suposto de nenos/as de NEAE xa escolarizados a dirección da escola elaborará un informe de observación e seguimento do neno ou da nena e realizará unha valoración sobre a pertinencia da súa permanencia na escola infantil, tendo en conta a súa evolución, as consideracións da familia e os informes doutros/as profesionais.

En ambos os dous casos, a escola remitirá a solicitude xunto co resto da documentación á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o seu traslado ao equipo de orientación específico, que emitirá o correspondente ditame de escolarización.

No caso de que o ditame de escolarización sexa favorable, a Xerencia do Consorcio emitirá a resolución de permanencia do/da alumno/a na escola infantil 0-3 para o curso escolar solicitado.

Paralelamente, a familia deberá solicitar praza para o segundo ciclo de educación infantil nun centro que imparta este nivel educativo dentro dos prazos anuais establecidos para estes efectos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Deste xeito, asegurará a escolarización nun centro da súa elección no caso de que o ditame sexa desfavorable á flexibilización do período de escolarización nunha escola infantil 0-3.

Con carácter xeral, todos/as os/as nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo incorporaranse no grupo que lle corresponde atendendo á súa idade cronolóxica. Excepcionalmente, poderán ser situados noutro grupo considerando a súa idade madurativa segundo as recomendacións explicitadas nos informes das e dos profesionais que fan o seguimento e valoración do neno ou da nena.

Disposición adicional segunda. Ratios nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

No caso de integrarse nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo, con carácter xeral, non poderá haber máis dun alumno ou alumna con estas necesidades por aula. Para os efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Disposición adicional terceira. Escolas de nova apertura

Para a escola de nova apertura da Guarda, a data de comezo do curso comunicarase ás familias tras a formalización da matrícula dos/das nenos/as, en función da concesión das preceptivas autorizacións administrativas para o seu funcionamento e das obras e prazos que deberán terse en conta para a debida posta en marcha dun centro de nova apertura que, en todo caso, será posterior ao 15 de setembro de 2022.

A matrícula deste centro formalizarase nos lugares e no horario exposto na relación que se publica xunto con esta resolución nas páxinas web https://sede.xunta.gal, https://politicasocial.xunta.gal e https://www.igualdadebenestar.org

Disposición derradeira. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Baremo

No suposto previsto no artigo 3.1.c).4º e 3.2.b) aplicaranse os criterios establecidos no seguinte baremo:

1. Situación sociofamiliar.

1.1. Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos.

1.2. Por cada persoa que non formando parte da unidade familiar estea ao seu cargo: 1 punto.

1.3. No caso de que o/a neno/a para o que se solicita a praza nacese nun parto múltiple: 1 punto.

1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade ou enfermidade que requira internamento periódico: 2 puntos.

1.5. Pola condición de familia monoparental: 3 puntos.

1.6. Pola ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais: 6 puntos.

1.7. Pola condición de familia numerosa: 3 puntos.

1.8. Cando a persoa solicitante sexa deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou teña a condición de adestradora, técnica, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia: 1 punto.

1.9. Outras circunstancias debidamente acreditadas: hasta 3 puntos.

2. Situación laboral familiar.

2.1. Situación laboral de ocupación:

– Nai: 7 puntos.

– Pai: 7 puntos.

2.2. Situación laboral de desemprego (1):

– Nai: 2 puntos.

– Pai: 2 puntos.

2.3. Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga):

– Nai: 3 puntos.

– Pai: 3 puntos.

(1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución.

– No caso de familias monoparentais ou aquelas en que o neno ou nena conviva cunha soa persoa proxenitora adxudicaraselles a puntuación da epígrafe correspondente computando por dous.

– Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores.

3. Situación económica.

Renda per cápita (RPC) mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta resolución):

– Inferior ao 30 % do IPREM: +4 puntos.

– Do 30 % ou superior e inferior ao 50 % do IPREM: +3 puntos.

– Do 50 % ou superior e inferior ao 75 % do IPREM: +2 puntos.

– Do 75 % ou superior e inferior ao 100 % do IPREM: +1 punto.

– Do 100 % ou superior e inferior ao 125 % do IPREM: -1 punto.

– Do 125 % ou superior e inferior ao 150 % do IPREM: -2 puntos.

– Entre o 150 % e o 200 % do IPREM: -3 puntos.

– Superior ao 200 % do IPREM: -4 puntos.

– No caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

– Para os efectos desta resolución, están ao cargo da unidade familiar das persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

– No caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais, adxudicarase a puntuación máxima nas epígrafes de situación laboral familiar e na situación económica do baremo.

– No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Relación de escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Enderezos para a tramitación do procedemento e horario ofertado para o curso escolar 2022/23

Escola

Enderezo

Teléfono

Horario ofertado curso 2022/23*

A Coruña-A Sardiñeira

Avenida da Sardiñeira, nº 40, 15008, A Coruña

881 06 55 34

Das 7.30 ás 20.00

A Coruña-Monte Alto

Rolda de Monte Alto, Polígono G2.01, 15002, A Coruña

981 10 81 84

Das 7.30 ás 20.00

A Coruña-Parque Eirís

Rúa Javier López López, nº 12, Parque Eirís, 15009, A Coruña

981 10 05 76

Das 7.30 ás 18.00

A Estrada

Avenida Benito Vigo-nacional 640-plan parcial A Baiuca, 36680

986 67 79 20

Das 7.30 ás 18.00

A Fonsagrada

Rúa Enrique Saavedra, s/n, 27100 A Fonsagrada (Lugo)

982 34 03 15

Das 9.00 ás 17.30

A Illa de Arousa

Travesía do Pombal, nº 8, 36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)

986 55 15 45

Das 7.30 ás 18.00

A Guarda

O procedemento tramitarase na Escola Infantil do Rosal: rúa Pías, s/n, 36770 O Rosal (Pontevedra)

986 62 51 21

Das 8.00 ás 18.00

A Laracha

Rúa río Anllóns, nº 11, 15145 A Laracha (A Coruña)

881 92 68 96

Das 7.30 ás 18.00

A Merca

Lugar da Manchica, s/n, 32830 A Merca (Ourense)

988 26 09 30

Das 8.00 ás 18.00

A Pobra de Trives

Rúa dos Trinta, nº 4, 32780 A Pobra de Trives (Ourense)

988 33 10 18

Das 8.00 ás 19.00

A Rúa

Avenida de Vilela, s/n, 32350 A Rúa (Ourense)

988 31 08 40

Das 8.00 ás 18.00

Alfoz

Lugar da Veiga, Carballido, 27776 Alfoz (Lugo)

982 57 12 21

Das 8.30 ás 16.30

Allariz

Rúa Hospital, nº 27, 32660 Allariz (Ourense)

988 44 02 19

Das 7.30 ás 18.00

Ames-Bertamiráns

Rúa do Muíño, s/n, Bertamiráns, 15220, Ames (A Coruña)

981 88 35 81

Das 7.30 ás 19.30

Ames-Figueiras

Rúa de Figueiras, s/n, 15895 Milladoiro, Ames (A Coruña)

981 53 39 30

Das 7.30 ás 19.30

Antas de Ulla

Rúa Miguel Ángel Blanco, s/n, 27570 Antas de Ulla (Lugo)

982 37 95 96

Das 8.00 ás 16.30

Ares

Urbanización A Granxa, s/n, 15624 Ares (A Coruña)

981 44 86 79

Das 7.30 ás 18.00

Arteixo-Pastoriza

Rúa Lagartos, s/n, Pastoriza, 15140 Arteixo (A Coruña)

981 11 01 10

Das 7.30 ás 18.00

Arteixo-Río Tambre

Rúa río Tambre, s/n, 15142 Arteixo (A Coruña)

881 01 89 54

Das 7.30 ás 18.00

Arzúa

Rúa Consuelo Agra, s/n, 15189 Arzúa (A Coruña)

981 50 04 14

Das 8.00 ás 19.00

As Neves

Rúa Laredo, baixo, 36440 As Neves (Pontevedra)

986 64 84 27

Das 8.00 ás 18.00

Baiona

Rúa Arquitecto Palacios, nº 4, 36300 Baiona (Pontevedra)

986 35 84 78

Das 7.30 ás 18.00

Bande

Rúa Xaquín Lorenzo, s/n, 32840 Bande (Ourense)

988 44 36 51

Das 9.00 ás 16.00

Barro

Lugar de Outeiro, nº 5, B, Perdecanai, 36194 Barro (Pontevedra)

986 71 17 52

Das 7.30 ás 18.00

Betanzos

Avenida Fraga Iribarne, esq. Instituto Francisco Aguiar, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña)

645 25 86 28

Das 7.30 ás 18.00

Boiro

Praia Xardín, s/n, 15930 Boiro (A Coruña)

981 84 98 17

Das 7.30 ás 20.00

Boiro-O Saltiño

Rúa Saltiño, 2-4, Abanqueiro, 15930 Boiro (A Coruña)

981 84 29 47

Das 7.30 ás 19.00

Bueu

Lugar de Balada, s/n, 36930 Bueu (Pontevedra)

986 19 21 81

Das 7.30 ás 18.00

Burela

Rúa dos Torques, s/n, 27880 Burela (Lugo)

982 58 12 28

Das 7.30 ás 18.00

Burela-Os Castros

Avenida da Mariña, nº 24, 27880 Burela (Lugo)

982 58 16 71

Das 7.30 ás 18.00

Camariñas

Avenida Eugenio López, s/n, 15123 Camariñas (A Coruña)

981 73 61 04

Das 7.30 ás 18.00

Cambre-A Barcala

Rúa río Sil, Urb. A Barcala, s/n, 15660 Cambre (A Coruña)

981 65 03 98

Das 7.30 ás 18.00

Cambre-O Temple

Rúa de Francisco Añón, O Temple, 15679 Cambre (A Coruña)

981 65 04 45

Das 7.30 ás 18.00

Campo Lameiro

Rúa Chanciña, s/n, 36110 Campo Lameiro (Pontevedra)

986 75 23 05

Das 8.00 ás 18.30

Cangas-A Choupana

Rúa Choupana, nº 11, 36940 Cangas (Pontevedra)

986 30 46 25

Das 7.30 ás 18.00

Cangas-O Hío

Lugar de Cruz de Castro, s/n, O Hío, 36945 Cangas (Pontevedra)

986 32 82 85

Das 7.30 ás 18.00

Carballo-A Braña

Rúa Xoana de Vega, s/n, 15100 Carballo (A Coruña)

981 75 51 88

Das 7.30 ás 20.00

Carballo-As Landras

Estrada de Razo, s/n, 15100 Carballo (A Coruña)

981 75 59 12

Das 7.30 ás 18.00

Carnota

Lugar de Pedrafigueira, Lamas de Castelo, 15293 Carnota

981 86 75 02

Das 8.00 ás 18.00

Carral

Rúa Alcalde Juan Seijas, s/n, 15175 Carral (A Coruña)

981 67 15 74

Das 7.30 ás 18.00

Cartelle

Lugar de Outomuro, s/n, 32820 Cartelle (Ourense)

988 49 21 56

Das 8.00 ás 15.00

Castro Caldelas

Lugar do Toural, s/n, 32769 Castro Caldelas (Ourense)

988 20 36 44

Das 8.30 ás 15.30

Cedeira

Rúa da Ortigueira, nº 3, 15350 Cedeira (A Coruña)

981 48 06 66

Das 8.00 ás 19.00

Cerdedo-Cotobade «Cerdedo»

Rúa das Longas, s/n, 36130 Cerdedo (Pontevedra)

986 75 34 76

Das 7.30 ás 18.00

Cerdedo-Cotobade «Tenorio»

Lugar de Lérez, s/n, Tenorio, 36120 Cotobade (Pontevedra)

986 76 43 39

Das 7.30 ás 18.00

Chantada

Parque Antigo Campo da Feira, s/n, 27500 Chantada (Lugo)

982 44 05 44

Das 8.00 ás 18.00

Coirós

Rúa de Figueiras, s/n, Lesa, 15316 Coirós (A Coruña)

981 79 66 53

Das 8.00 ás 16.30

Coles

Lugar de Gustei, s/n, 32950 Coles (Ourense)

988 20 44 66

Das 8.30 ás 17.00

Coristanco

Rúa Esfarrapa, s/n, 15147 Coristanco (A Coruña)

981 73 40 26

Das 7.30 ás 18.30

Covelo

Travesía de Vigo, nº 7, 36872 Covelo (Pontevedra)

986 65 01 20

Das 7.30 ás 18.00

Crecente

Rúa García Neira,11, 36420 Crecente (Pontevedra)

986 66 64 93

Das 8.30 ás 15.30

Culleredo-A Tartaruga

Rúa As Brañas, bloque 4, baixo, 15189 Culleredo (A Coruña)

981 66 66 66

Das 7.30 ás 18.00

Culleredo-Fonte da Balsa

Rúa dos Dereitos Humanos, s/n, Vilaboa, 15189 Culleredo (A Coruña)

981 61 21 13

Das 7.30 ás 18.00

Culleredo-O Burgo

Rúa Pintor Julio Fernández Argüelles, nº 2, O Burgo, 15670 Culleredo (A Coruña)

981 66 12 83

Das 7.30 ás 18.00

Curtis

Rúa de Avelar, Teixeiro, 15310 Curtis (A Coruña)

981 78 51 33

Das 7.30 ás 18.00

Dodro

Lugar de Vigo, nº 138, 15981 Dodro (A Coruña)

981 80 25 39

Das 8.00 ás 18.00

Fene

Lugar da Torre, s/n, Perlío, 15550 Fene (A Coruña)

981 34 45 73

Das 7.30 ás 18.00

Fene-Barallobre

Lugar do Carril, Barallobre, 15528 Fene (A Coruña)

981 36 01 80

Das 7.30 ás 18.00

Ferrol-Caranza

Rúa da Masaya, s/n, 15406 Ferrol (A Coruña)

981 94 42 81

Das 7.30 ás 18.00

Ferrol-Esteiro

Rúa Ramón y Cajal, s/n, esq. Manuel Murguía, Esteiro, 15406 Ferrol (A Coruña)

881 95 22 82

Das 7.30 ás 20.00

Fisterra

Rúa Alcalde Fernández, s/n, 15155 Fisterra (A Coruña)

981 11 80 10

Das 8.00 ás 18.00

Forcarei

Rúa Maleitas, nº 7, 36550 Forcarei (Pontevedra)

986 75 46 15

Das 8.00 ás 18.00

Foz

Avenida de Cervantes, nº 38, 27780 Foz (Lugo)

982 13 31 58

Das 7.30 ás 18.00

Gondomar

Rúa Ameixeira, Polígono 18, O Picoto, 36380 Gondomar (Pontevedra)

986 38 95 35

Das 7.30 ás 18.00

Lalín-As Pontiñas

Rúa do Parque, nº 12, 36500 Lalín (Pontevedra)

986 78 18 53

Das 8.00 ás 19.30

Lalín-Polígono 2000

Polígono Empresarial Lalín 2000, parcela E, rúa E, 36500 Lalín (Pontevedra)

986 79 42 27

Das 7.30 ás 19.00

Lugo

Avenida Paulo Favio Máximo, s/n, 27003

982 10 90 38

Das 7.30 ás 18.00

Malpica-Aldeola

Lugar de Cortes, s/n, 15113, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

981 72 12 69

Das 8.00 ás 18.00

Marín

Barriada de San Pedro, s/n, 36900 Marín (Pontevedra)

886 09 57 68

Das 7.30 ás 18.00

Marín-Seixo

Estrada Grupo Escolar, Seixo, 36913, Marín (Pontevedra)

986 70 29 35

Das 7.30 ás 18.00

Mazaricos

Lugar da Picota, s/n, 15256 Mazaricos (A Coruña)

981 85 20 33

Das 8.00 ás 18.00

Meira

Francisco González, s/n, 27240 Meira (Lugo)

982 33 06 08

Das 8.00 ás 18.00

Melide-As Granxas

Rúa María Barbeito, lugar de Real, s/n, 15800 Melide (A Coruña)

981 50 79 19

Das 8.00 ás 18.00

Moaña

Camiño da Area, nº 2, Quintela, 36959 Moaña (Pontevedra)

986 31 51 55

Das 8.00 ás 18.00

Mondoñedo

Rúa de Vilalba, s/n, 27740 Mondoñedo (Lugo)

982 52 14 50

Das 8.00 ás 18.00

Moraña

Rúa 17, nº 2, Santa Lucía, 36660 Moraña (Pontevedra)

986 55 34 13

Das 8.00 ás 18.00

Mos-Coto Torrón

Lugar de Coto Torrón, s/n, Tameiga, 36415 Mos (Pontevedra)

986 19 09 98

Das 7.30 ás 18.00

Mos-Porteliña

Lugar da Porteliña, s/n, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra)

986 33 71 84

Das 7.30 ás 20.00

Mos-Veigadaña

Parque empresarial A Veigadaña-parcela CES3, 36415

986 91 90 55

Das 7.30 ás 18.00

Muíños

Rúa Laxal, s/n, Mugueimes, 32880 Muíños (Ourense)

988 45 64 02

Das 8.30 ás 15.30

Muros-Freixeiros

Rúa Freixeiros, nº 13, Esteiro, 15240 Muros (A Coruña)

981 76 37 89

Das 8.00 ás 18.00

Muxía

Rúa Castelao, nº 13, 15124 Muxía (A Coruña)

981 74 23 13

Das 8.30 ás 17.00

Narón-Xuvia

Santa Rita, Xuvia, 15570 Narón (A Coruña)

981 38 00 90

Das 7.30 ás 18.00

Nigrán

Rúa do Panasco, s/n, 36350 Nigrán (Pontevedra)

986 38 04 24

Das 8.00 ás 18.00

Nogueira de Ramuín

Estrada Santiago, nº 16, Luíntra, 32160 Nogueira de Ramuín (Ourense)

988 20 16 18

Das 8.30 ás 17.00

O Carballiño

Rúa Calvo Sotelo, nº 27, 32500 O Carballiño (Ourense)

988 27 42 08

Das 7.30 ás 19.30

O Grove

Rúa Rons, s/n, 36980 O Grove (Pontevedra)

986 73 22 70

Das 8.00 ás 18.00

O Pereiro de Aguiar

Urb. Veiga de Abaixo, nº 66, Sta. Marta de Moreiras, 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense)

988 38 02 58

Das 7.30 ás 18.00

O Pino

Rúa Forcarei, s/n, Pedrouzo, Arca, 15821 O Pino (A Coruña)

981 51 10 12

Das 8.00 ás 20.00

O Porriño-Doantes de Sangue

Rúa Doantes de Sangue, s/n, 36400 O Porriño (Pontevedra)

986 33 41 01

Das 7.30 ás 18.00

O Porriño-Torneiros

Polígono de Torneiros-fase 3, Ribeira, 36410 O Porriño (Pontevedra)

986 34 41 60

Das 7.30 ás 18.00

O Rosal

Rúa Pías, s/n, 36770 O Rosal (Pontevedra)

986 62 51 21

Das 8.00 ás 18.00

O Valadouro

Rúa Deputación, nº 7, 27770 Ferreira do Valadouro (Lugo)

982 57 43 90

Das 8.00 ás 18.00

Oia

Lugar da Riña, s/n, 36794 Oia (Pontevedra)

986 36 23 26

Das 8.00 ás 18.00

Oímbra

Rúa Grupo Escolar, nº 16, 32613 Oímbra, Ourense

988 42 27 49

Das 8.00 ás 16.30

Oleiros-A Canteira

Rúa Cubelos, nº 24, Perillo, 15172 Oleiros (A Coruña)

981 97 79 21

Das 7.30 ás 18.00

Oleiros-A Pardela

Urb. Os Regos, Liáns, 15173 Oleiros (A Coruña)

981 63 17 88

Das 7.30 ás 18.00

Oleiros-As Galeras

Rúa J. Antonio de Sucre, nº 24, Liáns, 15173 Oleiros (A Coruña)

981 64 84 46

Das 7.30 ás 18.00

Oleiros-Mera

Paseo da Lagoa, Mera, 15178 Oleiros, A Coruña

981 61 75 05

Das 7.30 ás 18.00

Oroso

Avenida da Garabanxa, s/n, Sigüeiro, 15888 Oroso (A Coruña)

981 68 89 09

Das 8.00 ás 18.00

Ortigueira

Rúa Márquez Cortiñas, nº 21, 15330 Ortigueira (A Coruña)

981 42 25 17

Das 8.00 ás 18.00

Ourense-Barrocás

Rúa Barrocás, nº 22, 32005 Ourense

988 24 18 29

Das 7.30 ás 18.00

Ourense-Rúa Colón

Rúa Colón, nº 18-20, 32005 Ourense

988 23 64 26

Das 7.30 ás 18.00

Ourense (Centro Interxeracional)

Rúa Ramón Abellas, s/n, solo sector A3, parcela E2, 32005

988 06 30 37

Das 7.30 ás 18.00

Oza-Cesuras

Lugar de Mongoño, Cortiñas, 15931 Oza-Cesuras (A Coruña)

981 78 56 26

Das 7.30 ás 18.00

Paderne de Allariz

Rioseco, s/n (fronte Centro de Saúde), 32111 Paderne de Allariz (Ourense)

988 29 33 07

Das 8.00 ás 18.00

Pantón

Lugar do Monte Valiña, 27430 Pantón (Lugo)

982 45 65 11

Das 8.00 ás 16.30

Poio

Rúa Oliveira, nº 16, 36995 Poio (Pontevedra)

986 87 27 33

Das 7.30 ás 19.00

Ponte Caldelas

Rúa Frei Antonio Orge, s/n, 36820 Ponte Caldelas (Pontevedra)

986 75 08 06

Das 8.00 ás 18.00

Ponteceso

Avenida de Bergantiños, s/n, 15110 Ponteceso (A Coruña)

981 71 41 99

Das 8.00 ás 18.00

Pontevedra-A Parda

Rúa Domingo Sarmiento de Acuña, nº 4, 36004 Pontevedra

986 09 01 03

Das 7.30 ás 20.00

Pontevedra-Campus

Campus Universitario da Xunqueira, 36004 Pontevedra

986 80 20 70

Das 7.30 ás 18.00

Pontevedra-Monteporreiro

Rúa Luxemburgo, s/n, Monteporreiro, 36005 Pontevedra

986 09 08 01

Das 7.30 ás 20.00

Portas

Lugar da Estación, nº 34, 36658 Portas (Pontevedra)

986 68 64 16

Das 8.00 ás 18.00

Porto do Son

Rúa Campo da Atalaia, nº 7, 15970 Porto do Son (A Coruña)

664 03 71 54

Das 8.00 ás 18.00

Quiroga

Praza de España, s/n, 27320 Quiroga (Lugo)

982 43 89 24

Das 8.00 ás 16.30

Rianxo

Rúa Xosé Mª Brea Segade, nº 7, Urb. Martela, 15920 Rianxo (A Coruña)

981 86 06 95

Das 8.00 ás 20.00

Ribadavia

Rúa Carlos Casares, nº 5, 32400 Ribadavia (Ourense)

988 47 24 02

Das 8.00 ás 18.00

Rois

Lugar de Dices, s/n, 15911 Rois (A Coruña)

981 80 44 88

Das 8.00 ás 18.00

Sada

Lugar de Quintán, Mondego, 15160 Sada (A Coruña)

981 62 40 01

Das 7.30 ás 18.00

Salceda de Caselas

Rúa Ador, nº 6, 36407 Salceda de Caselas (Pontevedra)

986 34 08 33

Das 8.00 ás 18.00

Salvaterra de Miño

Rúa Lagoa, s/n, 36450, Salvaterra do Miño (Pontevedra)

986 66 41 12

Das 8.00 ás 18.00

Santiago de Compostela-Castiñeiriño

Rúa Ángel Rodríguez González, 44, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 11 90 98

Das 8.00 ás 20.00

Santiago de Compostela-Polígono do Tambre

Rúa das Mulas, s/n, Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 52 87 05

Das 8.00 ás 18.30

Santiago de Compostela-San Roque

Rúa das Rodas, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 52 87 04

Das 8.00 ás 18.30

Santiago de Compostela-Tras Parlamento

Praza da Constitución, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 52 87 06

Das 8.00 ás 18.30

Silleda

Rúa Estación, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra)

986 58 17 01

Das 7.30 ás 20.00

Sobrado

Rúa de Santiago, nº 37, 15813 Sobrado dos Monxes (A Coruña)

663 79 00 25

Das 8.30 ás 17.00

Soutomaior

Rúa Forneira, 34, Arcade, 36691 Soutomaior (Pontevedra)

986 70 11 08

Das 7.30 ás 18.00

Taboada

Rúa do Conde, s/n, 27550 Taboada (Lugo)

982 46 58 01

Das 8.00 ás 18.00

Toén

Rúa Ribadela, s/n, 32930 Toén (Ourense)

988 26 12 54

Das 7.30 ás 18.00

Tomiño

Rúa Gondomar, nº 48, 36740 Tomiño (Pontevedra)

986 62 28 87

Das 7.30 ás 18.00

Tomiño-Goián

Lugar A Calle, Goián, 36750 Tomiño (Pontevedra)

986 62 03 85

Das 7.30 ás 18.00

Tui

Rúa Colón, s/n, 36700 Tui (Pontevedra)

986 60 71 49

Das 7.30 ás 19.30

Viana do Bolo

Rúa Nicolás Tenorio, nº 5, 32550 Viana do Bolo (Ourense)

988 32 94 02

Das 8.00 ás 16.30

Vigo-Rúa Palencia

Rúa Palencia, nº 32, 36202 Vigo (Pontevedra)

986 26 77 94

Das 7.30 ás 18.00

Vigo-Valadares

Parque Tecnolóxico de Valadares, parcela 16 A, 36158 Vigo (Pontevedra)

886 09 23 07

Das 7.30 ás 18.00

Vila de Cruces

Avenida da Residencia, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra)

986 58 23 27

Das 8.00 ás 18.00

Vilaboa

Lugar do Toural s/n, 36141 Vilaboa (Pontevedra)

986 09 01 49

Das 7.30 ás 18.00

Vilagarcía de Arousa-Carril

Rúa dos Anxos, s/n, Carril, 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986 50 31 22

Das 7.30 ás 18.00

Vilagarcía de Arousa-Vilaxoán

Rúa Miramar, 19-21, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986 91 88 13

Das 7.30 ás 18.00

Vilalba

Rúa de Abadín, s/n, 27800 Vilalba, Lugo

982 51 28 64

Das 8.00 ás 20.00

Vilamarín

Avenida de Santiago Apóstol, nº 7, 32101 Vilamarín (Ourense)

988 28 62 14

Das 8.00 ás 16.30

Vilamartín de Valdeorras

Estrada Novo Acceso a Valdegodos, s/n, 32340 Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

988 30 03 24

Das 8.00 ás 16.30

Xinzo de Limia

Camiño Rosalía de Castro, s/n, 32630 Xinzo de Limia (Ourense)

988 46 10 49

Das 8.00 ás 20.00

Xunqueira de Ambía

Rúa Duque de Ahumada, nº 11, 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense)

988 43 63 74

Das 9.00 ás 16.00

Zas

Travesía de Santiago, nº 38, 15850 Zas (A Coruña)

981 75 14 51

Das 8.00 ás 18.00

*Os horarios ofertados para o curso escolar 2022/23 teñen carácter orientativo, podendo solicitarse un horario distinto ao establecido, en función das necesidades das persoas usuarias, con independencia da súa posible modificación, de conformidade co previsto no artigo 4 desta resolución e no artigo 25 do Regulamento do réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.