Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como a retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refiere o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanimo do Concello de Fene, situado no segundo andar do edificio do Concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.
Número de expediente |
Referencia catastral |
Propietario |
2021/I004/000109 |
15036A02100778 |
Manuel Soto SS |
2021/I004/000110 |
15036A02100780 |
Joaquín Arnoso SS |
Fene, 1 de marzo de 2022
Juventino J. Trigo Rey
Alcalde presidente