Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 17971

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as clasificacións na escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía), escala técnica de facultativos (especialidades de enfermaría, educadores, fisioterapia, traballo social, terapeuta ocupacional), escala de axentes técnicos facultativos (especialidade de educación infantil) e escala de auxiliares de clínica; así como a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización, aprobada polo Acordo do 24 de xuño de 2021.

Advertido erro na Resolución do 18 de febreiro de 2022, publicada no DOG núm. 36, do martes 22 de febreiro de 2022, cómpre facer a oportuna corrección:

No anexo I:

• Nos postos de traballo coa denominación «DIRECTOR/A ADMINISTRADOR/A» e «DIRECTOR/A DE CENTRO SOCIAL», na súa columna Corpo/escala, onde di: «EBS», debe dicir: «EMS».

• Na páxina 12512, ao posto PS.C99.10.000.32001.421 debe suprimírselle a observación «DISPOSICIÓN TRANSITORIA 10ª (1ª PARTE) DO V CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA.».

• Na páxina 12540, no posto TR.C99.40.402.32001.007. EDUCADOR/A, na columna Complem. específico, onde di: «13.151,88», debe dicir: «7.926,80».

• Nos postos de «EDUCADOR/A» e nun posto de «EDUCADOR/A COORDINADOR/A», da Consellería de Política Social, na columna Complem. específico, onde di: «9.706,34», debe dicir: «9.734,34».

No anexo III:

• Na páxina 12564 cómpre engadir a seguinte subalínea:

b) bis. Escala de técnicos facultativos, especialidade de educadores, con destino nas xefaturas territoriais, centros de menores, centros de atención a persoas con discapacidades, complexos de atención de menores, casas da xuventude e centros ocupacionais.

Para os postos da escala de técnicos facultativos, especialidade de educadores, con destino nas xefaturas territoriais, centros de menores, centros de atención a persoas con discapacidades, complexos de atención de menores, casas da xuventude, centros ocupacionais, establécese un nivel 20 de complemento de destino e 22 de específico, máis un incremento do complemento específico de 28 euros anuais.