Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18144

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022, de convocatoria pública de postos vacantes mediante concurso específico de méritos.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, na súa reunión do día 1 de marzo de 2022, adoptou o acordo polo que se aproba a convocatoria pública, mediante concurso específico de méritos, de postos vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Para o seu coñecemento xeral e entrada en vigor, o dito acordo prevé a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dando cumprimento á dita previsión e ao abeiro das competencias que me corresponden conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación do Acordo do 1 de marzo de 2022 polo que se aproba a convocatoria pública, mediante concurso específico de méritos, de postos vacantes no Consello de Contas de Galicia, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia
de convocatoria pública, mediante concurso específico de méritos,
de postos vacantes no Consello de Contas de Galicia

Con data do 25 de outubro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 205) a Resolución do 14 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo do 6 de outubro de 2021, do Pleno do Consello de Contas de Galicia, polo que se aproban as bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos no órgano estatutario.

Con data do 19 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 223) a corrección de erros das citadas bases comúns, unha vez advertidos erros na nomenclatura dos anexos contidos nela.

No marco do proceso de mellora da xestión das organización públicas considérase esencial a aposta por procesos de provisión que vaian máis alá dos marcos meramente conxunturais e temporais, coa máxima de garantir que a persoa axeitada ocupe o posto de traballo idóneo no momento preciso.

Neste sentido, considérase imprescindible a cobertura con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo previstos na relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, que deben proverse a través do sistema de concurso específico de méritos, cos requisitos e méritos que figuran nela, de conformidade co disposto nas citadas bases comúns.

De conformidade co anterior, a Comisión de Goberno, ao abeiro do disposto no artigo 12 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Convocatoria e descrición dos postos

Convocar concurso específico de méritos para a provisión de 7 postos de traballo vacantes no Consello de Contas, segundo a descrición prevista nos puntos seguintes, con suxeición ao disposto nas bases comúns aprobadas mediante o Acordo do 6 de outubro de 2021 e publicadas mediante a Resolución do 14 de outubro de 2021, no DOG nº 205, do 25 de outubro, e da súa corrección de erros publicada no DOG nº 223, do 19 de novembro, norma que se poderá consultar a través dos accesos web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211025/AnuncioO10-1510210002_gl.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211119/AnuncioO10-151121-0001_gl.pdf

Así mesmo, deberán cumprirse os requisitos e méritos previstos na relación de postos de traballo do Consello de Contas, que se poderá consultar a través do acceso:

RPT.pdf (ccontasgalicia.es)

Descrición dos postos de traballo convocados:

1. Denominación do posto: auditor/a.

Nivel: 30.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.01.08.

Requisito imprescindible RPT: experiencia de 5 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Méritos específicos RPT: experiencia en planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público; redacción de informes de fiscalización do sector público; redacción de ditames sobre consultas en materia económico-financeira; avaliación de control interno e detección de riscos en materias de prevención da corrupción.

Descrición de funcións do posto:

a) Planificar os traballos de fiscalización e de prevención da corrupción (PCO).

b) Propoñer a asignación dos traballos de fiscalización e PCO aos equipos de traballo da súa área.

c) Dirixir, supervisar e controlar a calidade dos informes que se sometan aos conselleiros.

d) Establecer os criterios para elaborar cuestionarios, guías metodolóxicas e plans PCO.

e) Redactar anteproxectos de informes de fiscalización e informes de avaliación PCO.

f) Redactar informes técnicos e ditames.

g) Formar parte das comisións técnicas do Consello de Contas.

2. Denominación do posto: auditor/a.

Nivel: 30.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.01.11.

3. Denominación do posto: auditor/a.

Nivel: 30.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.01.12.

4. Denominación do posto: auditor/a.

Nivel: 30.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.01.04.

5. Denominación do posto: auditor/a-técnico/a.

Nivel: 28.

Grupo: A1/A2.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.04.01.

Requisito imprescindible RPT: experiencia de 3 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Méritos específicos RPT: experiencia en desenvolvemento de actuacións de fiscalización do sector público; redacción de documentos de fiscalización do sector público; desenvolvemento de actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en materia de prevención da corrupción.

Descrición de funcións do posto:

a) Dirixir os equipos de traballo.

b) Elaborar programas de traballo.

c) Levar a cabo as verificacións fiscalizadoras que considere oportunas.

d) Redactar os borradores dos informes de fiscalización e dos informes de avaliación PCO.

e) Desenvolver os modelos de cuestionarios, guías e plans de prevención.

f) Prestar apoio na redacción de informes técnicos e ditames.

6. Denominación do posto: auditor/a-técnico/a.

Nivel: 28.

Grupo: A1/A2.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.04.02.

Requisito imprescindible RPT: experiencia de 3 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Méritos específicos RPT: experiencia en desenvolvemento de actuacións de fiscalización do sector público; redacción de documentos de fiscalización do sector público; desenvolvemento de actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en materia de prevención da corrupción.

Descrición de funcións do posto:

a) Dirixir os equipos de traballo.

b) Elaborar programas de traballo.

c) Levar a cabo as verificacións fiscalizadoras que considere oportunas.

d) Redactar os borradores dos informes de fiscalización e dos informes de avaliación PCO.

e) Desenvolver os modelos de cuestionarios, guías e plans de prevención.

f) Prestar apoio na redacción de informes técnicos e ditames.

7. Denominación do posto: técnico/a de xestión.

Nivel: 25.

Grupo: A2/C1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Código: CC.F01.06.01.

Requisito imprescindible RPT: experiencia de 1 ano en funcións de control interno ou externo do sector público.

Méritos específicos RPT: experiencia en revisión de contas e estados financeiros; realización de probas de auditorías; técnicas informáticas e documentais de apoio á fiscalización do sector público; desenvolvemento de actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en prevención da corrupción.

Descrición de funcións do posto:

a) Analizar e revisar as contas e os estados financeiros nos aspectos encomendados.

b) Analizar o control interno e as recomendacións dos plans de prevención da corrupción.

c) Realizar a explotación de ficheiros e documentación.

d) Acompañar, impulsar e promocionar os plans PCO.

e) Redactar memorandos sobre as áreas revisadas.

Segundo. Requisitos e condicións de participación

Serán os previstos na base primeira das bases comúns para a convocatoria de concursos específicos no Consello de Contas de Galicia, aprobadas mediante o Acordo do Consello de Contas de Galicia do 6 de outubro de 2021 e publicadas mediante a Resolución do 14 de outubro de 2021 no DOG nº 205, do 25 de outubro.

Poderán participar os/as funcionarios/as de carreira de corpos de Administración xeral ou de Administración especial cunha antigüidade mínima de tres anos, excepto os suspensos en firme durante o tempo de duración desta.

Para participar nas convocatorias dos concursos específicos deberán cumprirse os requisitos previstos no artigo 91.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Aos/ás funcionarios/as que accedesen ao corpo ou escala por promoción interna ou en virtude dun procedemento de integración e permanecesen no posto de traballo que desempeñaban, computaráselles o tempo de servizos prestados neste posto no corpo de procedencia para os efectos do disposto neste punto.

Terceiro. Solicitudes de participación e prazo de presentación

1. As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Consello de Contas (https://consellodecontasgalicia.sedelectronica.gal/) no correspondente trámite habilitado segundo o nivel do posto que se solicite:

– ADM050104-Solicitude de participación na provisión de postos nivel 30 de persoal funcionario por concurso específico.

– ADM050104-Solicitude de participación na provisión de postos nivel 28 de persoal funcionario por concurso específico.

– ADM050104-Solicitude de participación na provisión de postos nivel 25 de persoal funcionario por concurso específico.

No caso de concursar a postos de diferente nivel, deberá presentarse unha solicitude por cada tipoloxía dos postos descrita no parágrafo anterior.

De acordo co punto 6 da base terceira da convocatoria, coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

a) Anexo II. Certificado de grao, traballo desenvolvido, antigüidade e subgrupos.

b) Anexo III. Certificado de funcións/tarefas para os efectos de comprobación da experiencia.

c) Documentación acreditativa dos cursos impartidos ou recibidos.

d) Documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

e) Memoria (sobre 1).

f) Exposición sobre a traxectoria profesional (sobre 2) e identificación persoal (sobre 3).

En todo caso, a acreditación dos méritos deberá facerse conforme o disposto nas bases sexta e sétima das bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos, aprobadas mediante o Acordo do Consello de Contas de Galicia do 6 de outubro de 2021 e publicadas mediante a Resolución do 14 de outubro de 2021 no DOG nº 205, do 25 de outubro.

2. A utilización dos citados anexos é obrigatoria; para tal efecto, están dispoñibles na sede electrónica do Consello de Contas e presentaranse exclusivamente a través da referida sede electrónica, de conformidade co previsto nos artigos 14.2 e 66.6 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Na instancia faranse constar, por orde de preferencia, as vacantes para cuxo desempeño reúnan os requisitos exixidos.

4. Os/as funcionarios/as con algunha discapacidade poderán pedir na súa solicitude a adaptación do posto ou postos de traballo solicitados. Á solicitude deberase xuntar un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuído o posto ou os postos solicitados (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).

5. No suposto de estaren interesados/as nos postos que se anuncian na convocatoria dous/dúas funcionarios/as, poderán condicionar a súa petición por razóns de convivencia familiar ao feito de que ambos/as obteñan destino neste concurso, entendéndose en caso contrario anuladas as peticións efectuadas por ambos/as. Os/as concursantes que se acollan a esta petición condicional deberán facelo constar na súa solicitude e xuntar unha fotocopia da petición do/da outro/a.

6. Coa solicitude deberá achegarse a documentación que se indica a seguir, que se deberá acreditar conforme o disposto nas bases sexta e sétima das bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos.

a) Anexo II. Certificado de grao, traballo desenvolvido, antigüidade e subgrupos.

b) Anexo III. Certificado de funcións/tarefas para os efectos de comprobación da experiencia.

c) Documentación acreditativa dos cursos impartidos ou recibidos.

d) Documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

e) Memoria (sobre 1). A memoria terá unha extensión de:

– Postos: auditor nivel 30.

20 páxinas por unha soa cara e a dobre espazo, letra Arial 11, en que se evidencie o coñecemento do posto a que se concursa.

– Postos: auditor-técnico e técnico de xestión.

15 páxinas por unha soa cara e a dobre espazo, letra Arial 11, en que se evidencie o coñecemento do posto a que se concursa.

A valoración dos criterios que figuran nas bases comúns realizarase conforme a seguinte ponderación:

– Coñecemento do posto de conformidade coas funcións propias do seu contido: ata 4 puntos.

– Proposta organizativa do traballo que se desenvolverá: ata 1 punto.

– Claridade/corrección expositiva: ata 1 punto.

f) Relatorio sobre a traxectoria profesional (sobre 2) e identificación persoal (sobre 3) nos termos indicados na base cuarta das bases comúns.

7. Se a solicitude e os anexos normalizados non reúnen os requisitos sinalados no punto anterior, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende o requisito formal con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición. Só serán susceptibles de emenda, de conformidade co requirimento que se faga ao respecto, os defectos formais en que incorran os solicitantes na formalización dos modelos anexos normalizados que se publican coa presente convocatoria.

8. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, só será posible a presentación daquela documentación que os/as interesados/as acrediten ter solicitado pero, mesmo figurando en poder da Administración, non puidese ser expedida en prazo.

9. As solicitudes vincularán os/as solicitantes unha vez finalizado o seu prazo de presentación sen que poidan ser obxecto de modificación. Aceptaranse renuncias á participación ata a sinatura da resolución de adxudicación. A renuncia do adxudicatario dun posto suporá a adxudicación ao seguinte de maior puntuación.

10. A documentación requirida que non fose posible entregar de modo electrónico deberá presentarse no rexistro xeral do Consello de Contas de Galicia, ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia.

11. Todo o proceso correspondente aos concursos específicos poderá consultarse a través do portal web institucional do Consello de Contas (http://www.consellodecontas.es).

Cuarto. Baremo de méritos e Comisión de Valoración do concurso específico

A valoración do concurso específico realizarase conforme as fases e o baremo de méritos previsto nas bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos aprobadas polo Consello de Contas o 6 de outubro de 2021. A proposta de adxudicación dos postos será realizada pola Comisión de Valoración de conformidade co previsto na base común novena

A Comisión de Valoración será nomeada pola Comisión de Goberno do Consello de Contas e terá a seguinte composición: un/unha presidente/a titular e suplente, tres vogais titulares e tres suplentes, e un/unha secretario/a titular e outro/a suplente.

O nomeamento dos funcionarios/as será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do Consello de Contas.

Quinto. Desenvolvemento do proceso

O desenvolvemento do proceso efectuarase de conformidade co disposto nas bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos aprobadas o 6 de outubro de 2021 polo Consello de Contas de Galicia, en particular da base sexta á base décimo terceira.

Sexto. Recursos

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contra a resolución do recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file