Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18141

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022, de nomeamento das persoas que integran a Comisión de Valoración relativa á convocatoria pública mediante concurso específico de méritos de postos vacantes.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, na súa reunión do 1 de marzo de 2022, adoptou o acordo polo que se aproba o nomeamento das persoas que integran a Comisión de Valoración relativa á convocatoria pública mediante concurso específico de méritos de postos vacantes no Consello de Contas de Galicia.

O Acordo do 1 de marzo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de convocatoria pública mediante concurso específico de méritos de postos vacantes do Consello de Contas de Galicia no seu ordinal cuarto establece que o nomeamento dos funcionarios/as da Comisión de Valoración será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dando cumprimento á dita previsión e ao abeiro das competencias que me corresponden, conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación do Acordo do 1 de marzo de 2022, polo que se aproba o nomeamento das persoas que integran a Comisión de Valoración relativa á convocatoria pública mediante concurso específico de méritos de postos vacantes no Consello de Contas de Galicia, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Acordo da Comisión de Goberno relativo ao nomeamento dos membros da Comisión de Valoración que xulgará o concurso específico de méritos de postos vacantes no Consello de Contas de Galicia que se vai convocar proximamente

As bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos no Consello de Contas de Galicia, aprobadas polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa xuntanza do 6 de outubro de 2021 e publicadas no DOG núm. 205, do 25 de outubro, recollen na súa base quinta, respecto da Comisión de Valoración do concurso, o seguinte:

«1. A Comisión de Valoración do concurso específico é órgano colexiado encargado de valorar os méritos, as capacidades, as aptitudes ou os coñecementos alegados polas persoas interesadas e de efectuar a proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados. En atención á especialidade dos postos ofertados nas respectivas convocatorias de concursos respectivos poderán existir comisións de valoración específicas.

2. A Comisión de Valoración adecuarase ao criterio de paridade entre homes e mulleres, a súa composición responderá aos principios de profesionalidade e especialización, os seus membros serán nomeados pola Comisión de Goberno do Consello de Contas e terán a seguinte composición:

– Un/unha presidente/a titular e suplente.

– Tres vogais titulares e tres suplentes.

– Un secretario/a titular e outro/a suplente, con voz e voto, por proposta da Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia.

As persoas integrantes da Comisión deberán estar desempeñando un posto de traballo reservado a persoal funcionario de nivel xerárquico igual ou superior ao do posto convocado. A Comisión de Valoración poderá solicitar a designación de expertos que en calidade de asesores, actuarán con voz pero sen voto».

A vindeira convocatoria de concurso específico de méritos no Consello de Contas de Galicia require o nomeamento dunha comisión de valoración que, de acordo coas exixencias expostas, leve adiante o proceso de valoración e proposta de candidatos.

Por tanto, acórdase o nomeamento das seguintes persoas:

– Comisión de Valoración titular.

Presidente: Xosé Antón Sarmiento Méndez (letrado maior do Parlamento de Galicia).

Vogais:

Antonio Minguillón Roy (auditor da Sindicatura de Contas da Comunidade Valenciana).

Santiago Martín Nájera (auditor do Consello de Contas de Castela e León).

Beatriz Ortega Ortega (auditora da Sindicatura de Contas de Cataluña).

Secretario: Jorge Palacio Morán (director da Área de Fomento da Delegación do Goberno no Principado de Asturias).

– Comisión de Valoración suplente.

Presidenta: Purificación López Gómez (letrada do Parlamento de Galicia).

Vogais:

Miguel Olivas Arroyo (auditor da Sindicatura de Contas da Comunidade Valenciana).

Eduardo Cubero del Barrio (auditor do Consello de Contas de Castela e León).

Inés Rubio Sánchez (auditora da Sindicatura de Contas de Cataluña).

Secretaria: Carolina Costoya Pardo (interventora do Parlamento de Galicia).