Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18007

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 20 de decembro de 2021, acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultou o director xeral para a súa convocatoria para o exercicio 2022, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas) e convocar para o ano 2022 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

Esta convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do 80 % por parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. En particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

Actuación CPSO 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE.

Campo de intervención: 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.

Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Os indicadores de produtividade e resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de produtividade código-denominación: C001-Número de empresas que reciben axudas.

– Indicador de produtividade código-denominación: C002-Número de empresas que reciben subvencións.

– Indicador de resultado R031: número de empresas exportadoras.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

Total

2016 00021

06.A1.741A.7708

3.500.000,00 €

2.000.000,00 €

5.500.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2022, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda, e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de setembro de 2022 para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data, e o 31 de marzo de 2023 para solicitudes con accións que se realicen ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de decembro de 2022 poderán ser imputadas a 2023.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2022), cofinanciadas polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é unha fonte de mellora continua da competitividade. Ademais, a internacionalización é expoñente e dinamizadora dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e a diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. O Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos.

Esta aposta plásmase na Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, na calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega; aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro, e, consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025:

a) Eixe 3. Acompañamento e dotación de medios. Obxectivo: maior presenza internacional; diversificación de mercados, pero sobre todo, zonas xeográficas.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes. Actuación CPSO 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE. Campo de intervención 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Os indicadores de produtividade correspondentes son C001 Número de empresas que reciben axudas e C002 Número de empresas que reciben subvencións. E o indicador de resultado é o número de pemes exportadoras.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados. Así mesmo, considérase adecuado o apoio ás pemes galegas que –operando en Galicia– pretendan a captación de clientes estranxeiros, incluíndo, polo tanto, as empresas inmersas en procesos de internacionalización inversa como posibles beneficiarias.

Esta liña de axuda compleméntase coas liñas de axuda Galicia Exporta Organismos Intermedios e Foexga, cofinanciadas con Feder, e cos servizos do Igape á internacionalización.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión:

a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios, incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

a.2) Elaboración de material promocional para a súa difusión en mercados estranxeiros.

b) Accións de promoción:

b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro.

Inclúense tamén aqueles eventos deste tipo que se celebren organizados por terceiros en España e estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2022 ou 2023 no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Inclúense tamén a participación en feiras virtuais, así como a participación noutros eventos expositivos virtuais dirixidos ao público internacional.

Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos. Para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, todas realizadas desde o estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación internacional. Inclúese tamén a organización de eventos virtuais organizados pola propia empresa dirixidos ao público internacional (catas, seminarios, xornadas de formación a prescritores, etc.).

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c.1) Axendas de reunións, incluídas as axendas virtuais.

c.2) Desenvolvemento de clientes e análise de competencia no estranxeiro: metodoloxía enfocada a descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando tanto por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten, como dos competidores, mediante a identificación de boas prácticas, e o benchmarking funcional.

c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

d.1) Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto).

d.2) Seguros de crédito á exportación.

2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras a) a d) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

4. Esta convocatoria de axudas finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %. En particular: obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.03, campo de intervención 066 e liña de actuación 15. Os beneficiarios están sometidos ás obrigacións de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular ás establecidas no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013) (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013). Tendo en conta o importe das axudas e o número de beneficiarios, o réxime de axudas configúrase como unha única operación Feder, no marco da opción prevista no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, modificado polo Regulamento 2018/1046, para o caso de axudas de Estado cuxo importe por empresa sexa inferior a 200.000 €.

5. Os indicadores de produtividade e resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de produtividade código-denominación: C001-Número de empresas que reciben axudas.

– Indicador de produtividade código-denominación: C002-Número de empresas que reciben subvencións.

– Indicador de resultado R031: número de empresas exportadoras.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións, ingresos ou apoios para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais públicos ou privados. Unha operación non poderá recibir ningunha outra axuda.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que teñan no devandito centro, antes da solicitude de axuda, polo menos tres traballadores por conta allea.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e que se materialicen nos seguintes conceptos:

a) Gastos subvencionables para accións de difusión:

O límite máximo de gasto subvencionable para accións de difusión é de 8.000 € por solicitude de axuda.

a.1) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.1) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións en medios de comunicación.

a.2) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.2) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución, e impresión de material promocional para a súa difusión nos mercados estranxeiros.

b) Gastos subvencionables para accións de promoción:

b.1) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.1) do artigo 1.1. Nestes custos, no caso de accións con carácter presencial, introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto global, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto global calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos custos subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019, conforme o disposto no artigo 67.5.a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Ademais, para efectos de implementar o disposto na Estratexia de internacionalización de Galicia 2021-2025, resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto global fixada (9.627,65 €), en función das diferentes áreas xeográficas de interese, indicados no artigo 6 das bases reguladoras.

– No caso de accións (feiras e eventos expositivos) con participación presencial:

1º. Gastos de viaxe das persoas da empresa solicitante á cidade de celebración do evento.

2º. Gastos de aloxamento das persoas da empresa no lugar de celebración do evento en que se participa.

3º. Gastos de: alugueiro de espazos e servizos relacionados co devandito alugueiro; alugueiro de posto físico; construción, montaxe e desprazamento do posto; decoración do posto; alugueiro de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou azafatas; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente.

Neste tipo de accións de promoción soamente se poderán realizar 3 accións ao ano como máximo por área xeográfica e soamente 2 ao ano nun mesmo país dentro da mesma área xeográfica.

– No caso de participación en accións virtuais:

Subvencionaranse gastos de alugueiro de posto virtual e dos servizos relacionados co alugueiro; gastos de intérpretes, e as cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa).

O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento.

b.2) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.2) do artigo 1.1.

1º. Gastos de viaxe dun máximo de 3 persoas por acción. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

Límites destes gastos: os indicados no anexo III.

2º. Aloxamento en Galicia dun máximo de 3 persoas por acción (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctacións, cos límites indicados no anexo III.

3º. Gastos de intérpretes durante a visita e/ou para a realización dun evento virtual, así como os de asistencia técnica necesarios para a realización dos eventos virtuais.

c) Gastos subvencionables para accións de prospección:

c.1) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c.1).

Gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas (non será subvencionable a simple realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución da axuda).

c.2) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c.2).

Gastos de servizos de consultoría para o desenvolvemento de clientes no estranxeiro, análise da competencia internacional, análise de empresas líderes referencia en boas prácticas e/ou seguimento de contactos iniciais.

O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables, c.1) e c.2), é de 4.000 € por solicitude.

c.3) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c.3) do artigo 1.1.

1º. Gastos de servizos de consultoría para seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores. O límite máximo deste gasto: 2.000 € por solicitude.

2º. Gastos de alugueiro de locais no estranxeiro con fins promocionais no mercado obxectivo durante o período de execución establecido na resolución de concesión. O límite máximo de gasto subvencionable é de 15.000 € por solicitude.

En relación cos gastos de servizos en destino para a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos descritos nesta epígrafe deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

d) Gasto subvencionable para accións de operatividade da internacionalización:

d.1) Gastos de asistencia xurídica, técnica e servizos para a tradución de documentación.

d.2) Gastos de pólizas de seguros de crédito á exportación.

2. Serán subvencionables os gastos incurridos desde o 1 de xaneiro de 2022, ben que o proxecto para o cal se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda. Os gastos efectuados e pagados previamente ao 1 de xaneiro de 2022 non serían subvencionables, agás os exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2022 e 2023.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, agasallos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.

b) Os custos de servizos para o posicionamento web.

c) Os custos de envío de mercadorías distintas ao material promocional ou mostras sen valor comercial.

d) Imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.

e) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

f) Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

g) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

4. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2022, ben que o proxecto para o cal se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda, ata o final do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable, agás os gastos indicados no segundo parágrafo do punto 2 deste artigo.

5. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren (neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente), ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

As ofertas ou orzamentos de provedores deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, domicilio e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non o IVE), e a descrición técnica dos elementos ou servizos ofertados. Os ofertantes deben demostrar habitualidade na realización dos servizos ofertados.

6. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

7. Non se subvencionarán servizos para contratar relacionados coa actividade empresarial do solicitante da axuda no mesmo país en que o solicitante exerce a devandita actividade.

Artigo 6. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de solicitudes

1. A subvención será do 70 % dos gastos relacionados no artigo 5, excepto para os gastos do artigo 5.1.b.1) no caso de accións de participación presencial en feiras e eventos expositivos, nas cales as intensidades de axuda e importes de subvención variarán segundo a área xeográfica en que se desenvolva a acción, de acordo co seguinte cadro:

Área xeográfica

Límite subvención

9.627,65 €

Porcentaxe axuda

Importe

subvención

España e Portugal

30 %

2.888,29 €

Toda a Unión Europea, excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

60 %

5.776,59 €

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

70 %

6.739,35 €

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea, excepto Rusia e Reino Unido

70 %

6.739,35 €

Rusia

80 %

7.702,12 €

Reino Unido

75 %

7.220,74 €

Estados da costa leste de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

80 %

7.702,12 €

Estados do centro de EUA e de Canadá (non costa)

90 %

8.664,88 €

Estados da costa oeste de EUA e de Canadá

90 %

8.664,88 €

Toda América central e do sur

80 %

7.702,12 €

China e Xapón

100 %

9.627,65 €

Resto de Asia

80 %

7.702,12 €

Oceanía

90 %

8.864,88 €

Toda África, excepto Sudáfrica

80 %

7.702,12 €

Sudáfrica

80 %

7.702,12 €

Neste tipo de accións só se poderán realizar 3 accións ao ano como máximo por área xeográfica e soamente 2 accións ao ano nun mesmo país dentro da mesma área xeográfica.

Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 91.000 € por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 130.000 €).

2. As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral cunha base de puntuación de 100 puntos.

a) Dificultade para acometer o proceso de internacionalización e, polo tanto, maior necesidade de apoio. Máximo: 30 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Tamaño da empresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. Microempresa: 30 puntos; pequena empresa: 25 puntos; mediana empresa: 20 puntos. Esta condición acreditarase mediante a declaración no formulario electrónico de solicitude.

b) Tipo de internacionalización da empresa. Máximo: 30 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Empresa exportadora de mercadorías fabricadas pola propia empresa solicitante da axuda: 30 puntos. Empresa exportadora de mercadorías non fabricadora (comercializadora): 15 puntos. Empresa que presta ou comercializa servizos no estranxeiro (os seus clientes reciben o servizo no estranxeiro): 15 puntos. Empresa internacionalización inversa (venda de produtos ou prestación de servizos en Galicia a clientes estranxeiros, os clientes acoden a Galicia): 5 puntos.

Esta condición acreditarase no formulario electrónico de solicitude.

c) Novos solicitantes: recibirán 20 puntos as empresas que non obtivesen resolución aprobatoria á solicitude de convocatorias destas bases anteriores á convocatoria IG230.2019.

d) Aproveitamento de axudas á internacionalización anteriores á convocatoria IG230.2019 Máximo: 20 puntos. Avaliarase tendo en conta:

O informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas para o mesmo fin de internacionalización: 20 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se obtivesen resultados positivos.

Este informe debe incluír, para cada subvención recibida pola empresa solicitante –con resolución de concesión entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de xaneiro de 2019– un detalle de:

1º. Ano da resolución de concesión da axuda.

2º. Importe da axuda recibida (no caso de expedientes finalizados, ou importe menor entre a axuda liquidada e a concedida).

3º. Finalidade da axuda.

4º. Resultados en termos de:

i) Nº de contratos asinados.

ii) Importe do volume de negocios estimado xerado grazas ás accións subvencionadas.

iii) Países en que iniciou negocio a empresa solicitante.

iv) Países nos cales consolidou negocio a empresa solicitante.

e) Empresas con produtos ou servizos obtidos a través da realización exitosa de proxectos de I+D+i. Máximo de 10 puntos.

Esta condición declararase no formulario electrónico de solicitude.

f) Empresas con selo da certificación de Galicia Calidade dalgún dos seus produtos e/ou servizos. Máximo de 10 puntos.

Esta condición declararase no formulario electrónico de solicitude.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e das accións para as cales solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá: os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No devandito formulario a entidade solicitante realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

d) Que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, se é o caso, ao reintegro da subvención percibida. Isto constitúe unha infracción moi grave, tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e pódense impoñer as seguintes sancións:

1. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda os 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do número 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i) Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da administración ou outros entes públicos.

ii) Coa prohibición durante un prazo de ata cinco anos para subscribir contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii) Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte ao da presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigos 125.4.d) e 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013).

g) Se é o caso, declaración de que implantou un plan de igualdade.

h) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas): que cumpriron coa obrigación de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obrigación de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (RD 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido de Lei de sociedades de capital.

i) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os cales se solicita esta subvención.

j) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente polos medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non o xerou a aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido este teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura sexa suficiente para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma
@firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:
http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.5 destas bases reguladoras.

d) Informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría da Seguridade Social na data de solicitude da axuda.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación dos datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT da alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Informe da Axencia Galega de Innovación, en relación coa letra e) do artigo 6 destas bases.

j) Informe de Galicia Calidade, S.A.U., en relación coa letra f) do artigo 6 destas bases.

k) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 8.1 destas bases.

l) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

m) Consulta de concesións pola regra de minimis.

n) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

ñ) Certificado da renda da persoa solicitante (IRPF), do último exercicio económico pechado para o cal se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

o) Contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil do último exercicio económico pechado para o cal se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, que inclúa informe de auditoría, se é ocaso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Artigo 11. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, composto por tres membros: o director da Área de Internacionalización, que actuará como presidente, o subdirector de Internacionalización e o técnico Responsable de Programas, que actuará como secretario, con voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante a publicación na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, quen elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no artigo 6.2 destas bases.

No caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio a), b), c), d), e) e f) do artigo 6.2, sucesivamente. Se aínda así seguise existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor do proxecto en que se prevexa a implantación dun plan de igualdade, segundo a declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude. De persistir o empate, darase preferencia aos proxectos segundo a súa orde de presentación.

4. Tras a baremación, o órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acadasen 30 puntos.

Artigo 13. Resolución

1. A Área de Internacionalización do Igape ditará a proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas que corresponden á entidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/esES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido este poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

6. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

Artigo 14. Réxime dos recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestivamente recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

Unha vez ditada resolución de concesión non se admiten modificacións. A reasignación de gastos entre eventos respectando os importes máximos por concepto subvencionable establecidos na resolución de concesión, ou o cambio de programación dun ou varios eventos expositivos por outro ou outros dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión non se considera modificación.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, ou calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control durante, polo menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará os beneficiarios da data a partir da cal se iniciará o cómputo do prazo.

d) Durante o período citado na epígrafe anterior, as empresas estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas públicas ou privadas, supere o 100 % dos custos subvencionables aprobados.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

i) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade deberá manterse implantado o devandito plan durante o período de execución do proxecto.

j) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es

Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O devandito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática
https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación para todos os tipos de accións do artigo 1, excepto para as accións de promoción do artigo 1.1.b.1) que teñan carácter físico/presencial:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento se realizou efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: unha relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, unha orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse coa copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na cal se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e os resultados ou obxectivos conseguidos e a situación do solicitante de axuda polo que se refire ao mercado obxectivo unha vez realizadas as accións.

d) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 1.1.a.1) e 1.1.a.2) será necesario presentar copia de informe de execución onde consten os medios, datas das insercións/difusión, países, fotos das/do insercións/material promocional.

e) No caso de concesión de axuda para as actuacións de promoción das referidas no artigo 1.1.b.1) e que teñan carácter virtual, será necesario presentar:

1) Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

f) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 1.1.b.2) será necesario achegar:

1) Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e o destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets (ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de pernoctacións (bono de reserva de aloxamento ou factura, de maneira que quede demostrada a data do aloxamento).

g) No caso de concesión de axuda para a realización de accións e prospección de mercados das previstas no artigo 1.1.c), será necesario presentar copia do informe de execución asinado polo provedor en que se indique como mínimo: situación do solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, se é o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas. Así mesmo, se é o caso, contrato de arrendamento.

h) Para a xustificación das accións recollidas no artigo 1.1.d.1), copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo a situación antes e unha vez realizada a acción, polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

i) Para a xustificación das accións recollidas no artigo 1.1.d.2), póliza de seguro de crédito á exportación.

j) Copia das tres ofertas que deba solicitar o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

k) No caso de gastos de envío de material promocional e mostras debe achegar –no caso de envíos fóra da UE– copia da documentación relativa ao contido do envío.

l) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os cales se concedeu esta subvención, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

m) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 16.e): número de asento, data do asento e número da conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 8 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

6. Nas accións de promoción do artigo 1.1.b.1) que teñan carácter físico/presencial, introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto global, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, polo que o beneficiario da axuda presentará unicamente a seguinte documentación/evidencias:

a) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, en que se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e os resultados ou obxectivos conseguidos e a situación do solicitante de axuda polo que se refire ao/aos mercado/s obxectivo unha vez realizadas as accións.

b) Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

c) Fotografía/s do posto da empresa solicitante no evento expositivo en que se identifique claramente o nome da empresa.

d) Adicionalmente, deberá xustificar a súa participación presencial, mediante a presentación de, polo menos, 2 das seguintes evidencias:

1) Acreditación de participación da empresa como expositor (identificando o nome da empresa).

2) Acreditacións persoais do/dos participante/s na feira por parte da empresa solicitante.

3) Certificado do organizador do evento expositivo, en que se especifique o nome da empresa como expositor.

4) Fotografía/s do catálogo ou ligazón ao catálogo da feira en que se mostre o título do evento expositivo e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora (evidencia incluída no anexo IV, Informe de execución).

7. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións, deberá presentalas xunto co resto da documentación xustificativa.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supoñer a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 18. Aboamento das axudas

O aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización das accións subvencionadas e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación, ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, presentando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Cando, como consecuencia do incumprimento, o gasto subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no artigo 19.4.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas públicas ou privadas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

i) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida e a resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, e deberanse, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na devandita proporción.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable, entenderase que o devandito incumprimento é total, e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

Artigo 20. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 21. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 16, e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Artigo 22. Comprobación das subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes do gasto será de tres anos, a partir do 31 de decembro seguinte ao do ano de presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación; o Igape informará da data de inicio a que se refire esta obriga, de acordo co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013); Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e o Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

b) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

c) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos devanditos regulamentos.

e) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Tamén é de aplicación a seguinte normativa europea: Regulamento (UE) nº 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao gromo da COVID-19, e Regulamento (UE) nº 2020/460 do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

j) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos e Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica.

k) O resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Límites de gastos de viaxe e aloxamento

Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas
galegas (Galicia Exporta Empresas) cofinanciadas polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo
Feder Galicia 2014-2020

• Gastos máximos de viaxe subvencionables por persoa e por tramos de distancia entre o país de orixe e o país ou países de destino (terase en conta só unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación):

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

 90,00 €

 90,00 €

Entre 500 e 1.999 km

237,50 €

237,50 €

Entre 2.000 e 2.999 km

280,00 €

280,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

465,00 €

465,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

510,00 €

510,00 €

8.000 km ou máis

650,00 €

650,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración das accións calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos nos proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

• Gastos máximos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país na ligazón:

https://ec.europa.eu/international-partnerships/system/files/per-diem-rates-20200201_en.pdf (tarifas publicadas o 1.2.2020).

Nos per diem establécense os límites máximos de aloxamento: 80 % do importe total indicado per diem.

ANEXO IV

Informe de execución

Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas
galegas (Galicia Exporta Empresas) cofinanciadas polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo
Feder Galicia 2014-2020

Nº de expediente:

Solicitante:

A) 1. Accións do artigo 1.1.a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios, incluídos os dixitais:

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Data de inicio:

Data de fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou ligazóns:

A) 2. Accións do artigo 1.1.a.2) Elaboración de material promocional para o estranxeiro:

Breve descrición: alcance e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados.

Data de inicio da difusión do material promocional:

Data de fin:

Calendario da difusión do material promocional:

Modo de difusión:

País/es de difusión:

Fotos ou copia dixital do material promocional:

Breve resumo da execución:

B) 1.1. Accións do artigo 1.1.b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos (con carácter presencial):

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa:

Aloxamento:

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade do hotel:

– Nº pernoctacións realizadas:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade de orixe:

– Cidade de destino:

– Cidade de regreso:

Incorre en gastos de decoración ou construción de posto (si/non):

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Fotos catálogo expositor: fotografía/s ou ligazón ao catálogo da feira en que se mostre o título do evento expositivo e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora.

B) 1.2. Accións do artigo 1.1.b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos (con carácter virtual):

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

Nome da persoa inscrita no evento e posto na empresa:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Ligazón ao catálogo virtual en que se acredite a participación da empresa como expositora:

B) 2.1. Accións do artigo 1.1.b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia (con carácter presencial):

Evento 1

Título:

Breve descrición da visita:

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País/es de orixe:

Cidade/s de celebración/visitada/s:

Razón social e datos de contacto da/das empresa/s estranxeira/s visitante/s:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa estranxeira visitante:

Aloxamento:

– Nome do hotel:

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade do hotel:

– Nº pernoctacións:

Per diem país (España):

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

https://ec.europa.eu/international-partnerships/system/files/per-diem-rates-20200201_en.pdf

– Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade de orixe:

– Cidade de destino:

– Cidade de regreso:

– Distancia entre cidade de orixe/regreso e destino:

Fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Fotos verificadoras da visita das empresas/prescritores estranxeiros á empresa:

Axenda:

B) 2.2. Accións do artigo 1.1.b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia (con carácter virtual):

Tipo de acción: (visita virtual á empresa; eventos virtuais propios: catas, seminarios, xornadas de formación a prescritores...).

Breve descrición do evento:

Data de inicio:

Data de fin:

País/es de procedencia:

Razón social e datos de contacto das empresas/prescritores estranxeiros visitantes virtuais:

Nome da persoa da empresa estranxeira e posto na empresa:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Ligazón á visita/evento virtual:

Axenda: