Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021115AE-LU por infracción en materia de saúde pública.

Non se puido notificar a resolución do expediente sancionador 2021115AE-LU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa titular do DNI 34288403A.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 7 de marzo de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2021115AE-LU.

DNI da persoa interesada: 34288403A.

Último enderezo coñecido: Paradela, 27, 27163 O Corgo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.