Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021130AE-LU por infracción en materia de saúde pública.

Non se puido notificar a resolución do expediente sancionador 2021130AE-LU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa titular do DNI 50540216Q.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 7 de marzo de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2021130AE-LU.

DNI da persoa interesada: 50540216Q.

Último enderezo coñecido: rúa López de Hoyos, 84, 2º A, 28002 Madrid.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.