Non se puido notificar a resolución do expediente sancionador 20210298AE-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa titular do DNI 33851540W.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.
A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Lugo, 7 de marzo de 2022
Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 20210298AE-LU.
DNI da persoa interesada: 33851540W.
Último enderezo coñecido: Ferreira, 54, Lanzós, 27816 Vilalba.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.