Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 3 de febreiro e o 7 de marzo de 2022, unha vez efectuadas a revisión e o estudo dos recursos de alzada presentados contra o primeiro exercicio do proceso selectivo, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xullo de 2021 (DOG núm. 155, do 13 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020,

ACORDOU:

Primeiro. Anular os acordos anteriores adoptados por este tribunal sobre o primeiro exercicio do proceso selectivo na Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2022).

Segundo. Respecto ao primeiro exercicio do proceso selectivo:

– Anular as preguntas número 66, 102, 105, 121 e 158 da quenda de acceso libre e as preguntas número 16, 52, 55, 71 e 108 da quenda de promoción interna. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 184, 185, 186, 187 e 188 no exercicio da quenda de acceso libre e polas preguntas número 131, 132, 133, 134 e 135 no exercicio da quenda de promoción interna.

– Modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio da quenda de acceso libre, cambiando as respostas consideradas como correctas nas preguntas número 133 e 170, que pasan a ser a opción d) e a opción b), respectivamente, en lugar da b) e da d), e modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio da quenda de promoción interna, cambiando as respostas consideradas como correctas nas preguntas número 83 e 120, que pasan a ser a opción d) e a opción b), respectivamente, en lugar da b) e da d).

– Desestimar na súa totalidade as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1) no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, non prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. As dúas persoas aspirantes que de acordo coas novas puntuacións publicadas incrementan as súas notas e superan o primeiro exercicio do proceso selectivo, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal