Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18493

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 13 de agosto de 2021 (DOG núm. 158, do 18 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020, de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Anular os acordos anteriores adoptados por este tribunal sobre o primeiro exercicio do proceso selectivo na Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro 2022).

Segundo. Respecto ao primeiro exercicio do proceso selectivo:

– Anular as preguntas número 66, 102, 105, 121 e 158 do primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 30 de outubro de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 184, 185, 186, 187 e 188.

– Modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio, cambiando as respostas consideradas como correctas nas preguntas número 133 e 170, que pasan a ser a opción d) e a opción b), respectivamente, en lugar da b) e da d).

– Desestimar na súa totalidade as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, non prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal