Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18530

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (acuicultura), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de xullo de 2021 (DOG do 27 de xullo e BOE do 26 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (acuicultura), pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de decembro de 2021 (DOG do 23 de decembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, o día 28 de abril de 2022 ás 10.00 horas, nos seminarios 4 e 5 da Facultade de Bioloxía, Campus Vida (rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela