Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra), que con data do 1 de marzo de 2022, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da dita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial desta Consellería do Medio Rural de Pontevedra, disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 8 de marzo de 2022

María José Pérez Gil
Xefa de Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra