Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/223-4).

Expediente: IN407A 2021/223-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: desmontaxe LMT LOZ804B no lugar das Cocheiras.

Concello: Pontevedra.

Feitos:

Primeiro. O 6 de outubro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación desmontaxe LMT LOZ804B no lugar das Concheiras.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste en desmontar o tramo de liña de media tensión situado entre o centro de transformación (CT) Bombeo Ence emisario (36PY53) e o apoio existente A0LNXEKM//4-3, con alimentación aos centros de transformación particulares EDAR (36PY54) e Bombeo Ence emisario. O tramo que será desmontado está situado no lugar das Cocheiras, na parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Pontevedra, ADIF e a Demarcación de Costas en Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados técnicos emitidos polo Concello de Pontevedra e ADIF. A Demarcación de Costas en Pontevedra non emitiu condicionado técnico, polo que se entende a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Desmontaxe dun tramo de 378 metros de lonxitude da liña de media tensión aérea (LMTA) LOZ804B1421 de condutor LA-57 entre o apoio existente HV-1000-15 (A0N7KX4W//4-1) e o apoio existente HV (A0LNXEKM//4-3).

Desmontaxe dun tramo de 69 metros de lonxitude da liña de media tensión subterránea (LMTS) LOZ804B1397 de condutor RHZ1-240 entre o CT Bombeo Ence emisario (36PY53) e o apoio existente HV-1000-15 (A0N7KX4W//4-1).

Proxéctase a desmontaxe de tres apoios existentes de formigón HV (A0LNXEKM//4-3), HV-1000-11 (A0MLE0P6//4-2) e HV-1000-15 (A0N7KX4W//4-1).

As instalacións están localizadas no lugar das Cocheiras, na parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra.

De conformidade, con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Desmontaxe LMT LOZ804B no lugar das Cocheiras, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra