Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18763

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2022, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base IV.2, publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade, e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

De acordo co previsto na mesma base, as persoas aspirantes disporán de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base, sen prexuízo das exencións a que se refire a base IV.3, respecto da documentación xa achegada con anterioridade polos que xa teñen a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Terceiro. Conforme o disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022

María Isabel del Río Viqueira
Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, indicando as puntuacións obtidas nos distintos exercicios e o total de puntuación

Quenda: acceso libre.

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

***8585**

López del Olmo, Beatriz

80.90

75.22

72.85

88.13

Exenta

317.10

2

***5608**

Piñeiro Peón, Marta

58.68

70.49

73.25

90.83

Exenta

293.25

3

***6287**

Guerra Fernández, Montserrat

71.53

73.24

60.50

83.00

Exenta

288.27

4

***9439**

Piñeiro Guillén, Paula

62.67

62.97

72.39

80.81

Exenta

278.84

Quenda: promoción interna.

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

***2767**

Martín Vila, María

53.47

54.52

66.24

72.69

Exenta

246.92