Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18674

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 8 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311B).

BDNS (Identif.): 615074.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2020/21 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2021 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Segundo. Obxecto

Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2020/21 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2021. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo (BOE núm. 180, do 28 de xullo), que crea e regula os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarto. Importe

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade