Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2021/3847-1 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán compareceren no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 22 de febreiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

2021/3847-1

X5691767A

Resolución de reclamación previa sobre a valoración

20.1.2022

2021/1942-1

76273271G

Resolución de reclamación previa sobre a valoración

14.12.2021

2021/1407-1

Y3734137D

Resolución de reclamación previa sobre a valoración

24.11.2021

2021/0252-1

32771277A

Resolución de reclamación previa sobre a valoración

22.11.2021

2021/2982-1

32352855C

Resolución de reclamación previa sobre a valoración

17.11.2021