Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de trámites de audiencia da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova).

Consonte o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha axeitada atención, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar unha cita previa a través do teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 7 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado/a

Nº de propietario/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34612548D

587

Trámite de audiencia

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)

34612564W

587

Trámite de audiencia

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)

34612558L

587

Trámite de audiencia

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)