Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar), para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificadas por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

Freire Castelo, Benito

Trámite de audiencia

San Vicenzo de Curtis (Curtis-A Coruña)

76446227T

Trámite de audiencia

San Vicenzo de Curtis (Curtis-A Coruña)