Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican a un interesado as autorizacións administrativas previa e de construción, así como a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

Mediante Resolución do 18 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Manuel Fernández Seoane para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

O interesado, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de marzo de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense