Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 25 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste.

Antecedentes:

• Mediante a Resolución do 29 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo ás instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste (expediente IN408A 2020/175); de acordo co establecido no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresarias en Galicia, e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

• Mediante o Acordo do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, someteuse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV, eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175).

• Adelanta Corporación, S.A. presentou o 26 de xaneiro de 2022 un escrito en que solicitou que o período de información pública da instalación de referencia fose por un prazo de 30 días no canto dos 15 días en que xa estivo en exposición pública (DOG do 10 de xaneiro).

• Durante o trámite de información pública xa realizado, esta xefatura territorial recibiu alegacións relativas ao expediente de referencia.

Vista a sentenza nº 18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de 30 días o proxecto de instalacións de conexión Beariz 400kV eixe leste que se describen a seguir:

• Solicitante: Adelanta Corporación, S.A.; CIF: A32015547.

• Domicilio social: parque San Lázaro 7, 1º, 32003 Ourense.

• Denominación: instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste.

1. LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC Paraño:

– LAT 132 kV apoio T60 LAT 132 kV SEC Serra do Faro-SEC Valdepereira.

– LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC A Estivada.

– LAT 132 kV SEC A Estivada-SEC Paraño.

2. Subestación colectora principal: SEC Paraño 30/132/400 kV.

3. LAT 400 kV SEC Paraño-SE REE Beariz.

• Situación: concellos de Beariz, Boborás e O Irixo.

• Potencia que se vai evacuar LAT 400 kV SEC Paraño-SE REE Beariz: 747,52 MW.

• Prazo de execución: 8 meses.

• Orzamento execución material: 20.175.077,52 €.

• Características principais recollidas no proxecto:

1. LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC Paraño:

• LAT 132 kV apoio T60 LAT 132 kV SEC Serra do Faro-SEC Valdepereira.

Liña eléctrica de alta tensión que constará dun simple circuíto de condutor LA-280 dúplex tendido sobre dous apoios metálicos de celosía. A súa lonxitude aproximada será de 163,23 m, sen incluír os vans destensados de aproximadamente 23,34 m na conexión a SEC Valdepereira.

• LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC A Estivada.

Liña eléctrica de alta tensión que contará dun simple circuíto de condutor LA-380 dúplex, tendido sobre 21 apoios metálicos de celosía. A súa lonxitude aproximada será de 6.441,87 m, sen incluír os vans destensados de aproximadamente 34,81 m na conexión a SEC A Estivada.

• LAT 132 kV SEC A Estivada-SEC Paraño.

Liña eléctrica de alta tensión que constará dun simple circuíto de condutor LA-380 dúplex tendido sobre 14 apoios metálicos de celosía. A súa lonxitude aproximada será de 3.698,72 m, sen incluír os vans destensados de aproximadamente 38,13 m na conexión a SEC Paraño.

2. Subestación colectora principal: SEC Paraño 30/132/400 kV.

Coordenadas UTM de localización dos vértices da SEC (fuso 29 ETRS89):

Vértice

X

Y

A

561.822

4.704.318

B

561.896

4.704.216

C

561.793

4.704.141

D

561.719

4.704.243

Referencia

561.796

4.704.271

Subestación colectora principal SEC Paraño 30/132/400 kV, cun esquema de simple barra a nivel 400 kV en intemperie con aparellaxe convencional e os seguintes elementos: unha posición de liña, tres posicións de transformadores de potencia e unha posición de medida de tensión; e tres transformadores de potencia de 290 MVA cada un e relación de transformación 132/400 kV. En 132 kV adóptase un esquema de simple barra con tecnoloxía híbrida e aparellaxe convencional coas seguintes posicións de intemperie: tres posicións de liña, unha posición de transformación e unha de medida de tensión; un transformador de 80 MVA e relación de transformación 30/132 kV. En 30 kV adóptase un esquema de simple barra con tecnoloxía GIS composta polas seguintes posicións: cela de protección do transformador, seis celas de liña e unha de medida, reactancia de posta a terra de 500 A-30 s e con transformador de SS.AA. 20/0,420-0242 kV de 100 kVA. Todo iso, co equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SEC.

3. LAT 400 kV SEC Paraño-SE REE Beariz.

Liña eléctrica de alta tensión que constará dun simple circuíto de condutor LA-455 dúplex tendido sobre 3 apoios metálicos de celosía. A súa lonxitude aproximada será de 180 m, sen incluír o van destensado de aproximadamente 27,18 m na conexión a SEC Paraño e o van destensado de aproximadamente 70,37 m na conexión a SE REE Beariz.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para estas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (decembro 2020-visado o 22 de decembro de 2020).

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-outubro 2021).

3. Planos parcelarios (RBDA-outubro 2021).

4. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021).

5. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (decembro 2020-visado o 22 de decembro de 2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consérvase a validez de todas as alegacións xa presentadas que obran no expediente de referencia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, nos concellos afectados, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 25 de febreiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polas instalacións de conexión SE Beariz 400 kV-eixe leste
(IN408A 2020/175) nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo

Datos catastrais

Afeccións


parcela

Titular catastral

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Servidume de voo (m²)

Faixa xestión biomasa (m²)

Apoios

Accesos a apoios (m²)

Ocupacións temporais (m²)

Ocupacións subestación (m²)

Nº (%)

Superficie

(cimentación + anel PAT) (m²)

1

Veciños de Ermida

32036A06900012

69

12

Veiga

Matogueira

524,67

697,24

2

Descoñecido

32036A07300453

73

453

Carballeira

Matogueira

1,00

3

Filomena Dobarro Dobarro

32036A07300465

73

465

Zarra

Matogueira

3,30

5,08

4

Veciños de Silvares

32036A06200159

62

159

Comunal

Matogueira

2.897,10

2.942,31

1,00E+02

94,58

533,56

974,87

5

Concepcion Silvares López

32036A06900018

69

18

Rozada de Cervela

Matogueira

13,22

139,85

3

1,93

177,43

6

Daniel Moreiras Vázquez

32036A06900019

69

19

Rozada de Cervela

Matogueira

207,80

96,84

3

35,47

40,40

231,59

7

Edelmiro Dorribo Silvares

32036A06900020

69

20

Rozada de Cervela

Matogueira

145,76

138,90

74,72

8

Flora Silvares Silvares e outros

32036A06900021

69

21

Rozada de Cervela

Matogueira

184,74

145,62

9

Teresa López Silvares

32036A06900022

69

22

Rozada de Cervela

Matogueira

191,39

136,37

10

Amando Surribas Fariñas

32036A06900023

69

23

Rozada de Cervela

Matogueira

218,47

144,36

11

Manuel Silvares Fariñas

32036A06900024

69

24

Rozada de Cervela

Matogueira

367,06

207,52

12

José Silvares Conde

32036A06900026

69

26

Rozada de Cervela

Matogueira

302,31

107,42

13

Edelmiro Dorribo Silvares

32036A06900027

69

27

Rozada de Cervela

Matogueira

156,53

91,08

14

Descoñecido

32036A06900028

69

28

Rozada de Cervela

Matogueira

7,60

26,94

15

Veciños de Silvares

32036A06200160

62

160

Riba da Estivada

Matogueira

209,23

242,83

4

33,88

74,22

414,22

16

Carmen Silvares Penedo

32036A06200155

62

155

Peniña

Matogueira

0,00

3,82

17

Gloria Losada Barreira

32036A06200154

62

154

Peniña

Matogueira

0,00

24,29

18

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200153

62

153

Peniña

Matogueira

0,00

72,39

19

Carmen Silvares Penedo

32036A06200152

62

152

Peniña

Matogueira

0,00

25,06

20

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200151

62

151

Peniña

Matogueira

7,08

69,49

7,54

21

Carmen Silvares Penedo

32036A06200150

62

150

Peniña

Matogueira

115,67

108,57

61,90

25,24

22

Flora Silvares Silvares e outros

32036A06200148

62

148

Arriba do Baliño

Matogueira

565,80

392,65

118,77

23

Teresa López Silvares

32036A06200147

62

147

Arriba do Baliño

Matogueira

468,29

268,11

85,78

24

María Bravo Fernández

32036A06200146

62

146

Arriba do Baliño

Matogueira

615,36

225,17

89,78

25

María Bravo Fernández

32036A06200165

62

165

Riba da Estivada

Matogueira

158,14

80,22

28,69

26

Teresa Dobarro Dobarro

32036A06200145

62

145

Arriba do Baliño

Matogueira

50,19

84,06

41,40

27

Sergio López Lousado

32036A06200142

62

142

Arriba do Baliño

Matogueira

7,61

35,01

28

María Rodríguez Rodríguez

32036A06200164

62

164

Riba da Estivada

Matogueira

272,34

131,76

50,22

29

Sergio López Lousado

32036A06200163

62

163

Riba da Estivada

Matogueira

326,08

141,05

66,02

30

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200162

62

162

Riba da Estivada

Matogueira

233,07

88,54

47,21

31

María Bravo Fernández

32036A06200161

62

161

Riba da Estivada

Matogueira

236,37

83,15

46,94

32

Gloria Losada Barreira

32036A06200226

62

226

Riba da Estivada

Matogueira

393,37

107,49

84,55

33

Veciños de Silvares

32036A06200149

62

149

Comunal

Matogueira

4,67

34

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200139

62

139

Arriba do Baliño

Piñeiral

80,79

35

María Bravo Fernández

32036A06200138

62

138

Arriba da Chousa

Matogueira

543,15

628,52

5

1,74

213,27

205,17

36

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200227

62

227

Riba da Estivada

Matogueira

277,24

79,87

66,53

37

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200228

62

228

Riba da Estivada

Matogueira

182,34

64,24

39,29

38

Descoñecido

32036A06200229

62

229

Riba da Estivada

Matogueira

51,85

20,95

9,03

39

José Rodríguez Fernández

32036A06200230

62

230

Riba da Estivada

Matogueira

58,07

24,93

9,80

40

María Bravo Fernández

32036A06200231

62

231

Riba da Estivada

Matogueira

82,09

40,61

15,63

41

María Bravo Fernández

32036A06200232

62

232

Riba da Estivada

Matogueira

65,58

41,44

12,46

42

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200233

62

233

Riba da Estivada

Matogueira

71,74

140,92

6,36

2,08

43

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200234

62

234

Arriba da Chousa

Matogueira

168,75

185,05

5

21,30

0,18

292,83

44

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200235

62

235

Fonte da Laxa

Matogueira

455,46

310,32

45

Edelmiro López Silvares e outros

32036A06200236

62

236

Fonte da Laxa

Matogueira

216,73

113,05

46

María Carmen Rodríguez Des

32036A06200237

62

237

Riba da Estivada

Matogueira

3,54

47

María Carmen Rodríguez Des

32036A06200240

62

240

Campo das Penas

Matogueira

421,30

295,89

48

María Carmen Rodríguez Des

32036A06200123

62

123

Tras da Regueira

Matogueira

1.335,83

390,90

49

Gloria Losada Barreira

32036A06200257

62

257

O Piñeiro

Matogueira

4,09

50,16

50

María Carmen Rodríguez Des

32036A06200256

62

256

Medio do Coto

Matogueira

1.673,55

473,87

51

Manuel Silvares Iglesias e outros

32036A06200258

62

258

Medio do Coto

Matogueira

472,94

134,89

52

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200259

62

259

Medio do Coto

Matogueira

684,02

189,42

53

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200260

62

260

Medio do Coto

Matogueira

0,27

31,61

54

Gloria Losada Barreira

32036A06200262

62

262

Medio do Coto

Matogueira

930,31

312,94

55

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200263

62

263

Medio do Coto

Matogueira

328,67

52,24

56

Gloria Losada Barreira

32036A06200254

62

254

Medio do Coto

Matogueira

2.323,81

656,50

57

Flora Rodríguez Picos

32036A06200255

62

255

Medio do Coto

Matogueira

317,88

72,92

58

Gloria Losada Barreira

32036A06200264

62

264

Estivada Vella

Matogueira

805,57

344,93

59

Gloria Losada Barreira

32036A06200270

62

270

Pena do Redondo

Matogueira

112,80

131,91

60

Luzdivina Silvares Penedo

32036A06200269

62

269

Pena do Redondo

Matogueira

262,52

89,88

61

María Carmen Rodríguez Des

32036A06200268

62

268

Pena do Redondo

Matogueira

1.024,92

564,93

6

2,08

162,56

62

Veciños de Surribas

32036A06200002

62

2

Riba da Estivada

Matogueira

5.609,72

4.186,51

#####

78,05

3.351,90

837,24

63

Veciños de Froufe

32036A06200001

62

1

Riba da Estivada

Matogueira

23.602,03

13.275,51

8, 9, 10, 11 E 12

84,47

5.116,63

2.499,81

64

Veciños de Froufe

32036A06100198

61

198

Nogueira

Matogueira

10.772,55

4.652,34

1,30E+15

32,54

1.158,43

832,67

65

Veciños de Cebral

32036A06100309

61

309

Nogueira

Matogueira

5.738,29

2.851,58

161,26

167,45

66

Veciños de Parada Labiote

32036A06201193

62

1193

Balagotos

Matogueira

1.623,31

1.171,94

16

61,10

204,00

489,08

67

Veciños de Parada Labiote

32036A06101129

61

1129

Nogueira

Piñeiral

16.327,32

7.546,14

1,50E+18

62,24

3.459,92

1.000,36

68

Veciños de Nogueiroa

32036A06101131

61

1131

Nogueira

Matogueira

2.112,08

552,19

69

Veciños de Nogueiroa

32036A08200107

82

107

Prado do Muíño

Piñeiral

10.399,56

4.289,82

18

36,62

2.397,30

500,02

70

Veciños de Nogueiroa

32036A08200655

82

655

Prado do Muíño

Prados

19.109,20

4.233,99

19

40,94

121,05

480,38

71

MMC de Chaos-Nogueiroa

32036A06000214

60

214

A Eira

Piñeiral/matogueira

30.858,29

15.102,02

20, 21, 22, 23, 24 E 25

221,39

12.373,57

72

MVM de Cerdeira

32036A05900824

59

824

Davadoira

Matogueira

8.458,10

2.990,85

26

6,55

145,21

500,00

73

Floreano Rascado Pousada

32036A05900467

59

467

Tras da Fonte

Matogueira

0,00

212,38

74

Antonio de Oliveira Rascado

32036A05900468

59

468

Tras da Fonte

Matogueira

0,00

20,24

75

Veciños de Paraño, Cerdeira e Espiñeiros

32014A04500139

45

139

Coto

Matogueira

1.148,29

518,53

76

Veciños de Paraño, Cerdeira e Espiñeiros

32014A04900157

49

157

Coto

Matogueira

4.860,69

2.773,26

#####

50,48

639,06

796,58

77

Veciños de Paraño, Cerdeira e Espiñeiros

32014A04900168

49

168

O Coto

Matogueira

6.912,26

4.402,55

#####

90,94

2.469,00

1.703,51

78

Veciños de Sonelle

32014A04900159

49

159

Coto

Matogueira

4.061,25

1.545,24

79

Veciños de Sonelle

32014A04701545

47

1545

Rego de Cerdeira

Matogueira

937,72

1.211,19

80

Veciños de Sonelle

32014A04701500

47

1500

Rego Cego

Matogueira

8.784,78

2.782,97

32

5,52

39,61

500,00

81

Veciños de Regueiro e Sonelle

32014A04701504

47

1504

Lomba e Chancela

Matogueira

17.633,18

5.847,99

33

6,01

664,72

500,00

82

CMV das Antas

32012A00600040

6

40

Monte As Antas

Piñeiral/matogueira

4.508,08

3.030,55

34

43,56

1.354,54

500,00

83

CMV de Muradas

32012A00600042

6

42

Monte Chancela

Matogueira/carballos

4.602,48

2.430,26

35

37,10

1.401,19

500,00

84

CMV de Muradas

32012A00700001

7

1

Monte Chancela

Prado/labor

7.814,13

5.915,69

36, 37, 38 E 39

256,39

4.736,11

2.000,00

19.790,39