Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19169

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de marzo de 2022 pola que se convoca un curso básico selectivo para o acceso á categoría de policía, escala básica dos corpos de policía local.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do luns 21 de marzo, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 18726, onde di: «O curso terá unha duración de 14.00 horas lectivas, 9.00 horas de formación na Agasp en réxime de internado e 500 horas de prácticas nos respectivos concellos de procedencia.», debe decir: «O curso terá unha duración de 1.400 horas lectivas, 900 horas de formación na Agasp en réxime de internado e 500 horas de prácticas nos respectivos concellos de procedencia.».