Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19170

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2022 pola que se adxudican os II Premios Galicia de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2021.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 28 de xuño de 2021 (publicada no DOG núm. 132, do 13 de xullo) establecéronse as bases reguladoras e convocáronse os premios Galicia de Innovación e Deseño, co obxectivo de destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

En cumprimento do establecido no artigo 12 das bases reguladoras «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora de GAIN, de acordo coa proposta do xurado».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os II Premios Galicia de Innovación e Deseño, despois da proposta do xurado:

– Premio Galicia de Innovación modalidade Traxectoria innovadora a Fernando Pérez González, con NIF ***8047**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Innovación modalidade Grande empresa a Congalsa, S.L., con NIF B15269392. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galicia de Innovación modalidade Pequena e mediana empresa a Galchimia, S.A., con NIF A15784614. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Deseño modalidade Profesionais a Jesús Vázquez Gómez, con NIF ***4285**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Deseño modalidade Empresa a Maquinaria Agrícola Cancela, S.L, con NIF B15549744. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galicia de Deseño modalidade Deseñadores/as mozos/as a Damián Calvo Tomé, con NIF ***0564**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

Segundo. Conforme o artigo 21 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.A2.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2021 polos importes que se indican:

Categorías Innovación

NIF/CIF

Subtotal (€)

Traxectoria innovadora: Fernando Pérez González

***8047**

15.000,00 €

Pequena e mediana empresa: Galchimia, S.A.

A15784614

15.000,00 €

Categorías Deseño

NIF/CIF

Subtotal (€)

Profesionais: Jesús Vázquez Gómez

***4285**

15.000,00 €

Deseñadores/as mozos/as: Damián Calvo Tomé

***0564**

15.000,00 €

Total 06.A2.561A.480.0

60.000,00 €

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no devandito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a), 14 e 46.4, respectivamente.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación