Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19172

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

A Comisión Europea presentou o pasado 9 de marzo de 2021 a Década Dixital de Europa, unha visión da transformación dixital que Europa precisa de cara á vindeira década. Cómpre destacar entre estas ambicións o obxectivo de que en 2030 todos os fogares da Unión Europea deberan ter conectividade xigabit e que 3 de cada 4 empresas dispoñan de computación na nube.

A nivel estatal, o Goberno de España aprobou o 1 de decembro de 2020 o «Plan para a conectividade e as infraestruturas dixitais», cun investimento previsto de 2.320 millóns de euros públicos no período 2021-2025, co obxectivo de desenvolver unhas infraestruturas de telecomunicacións en España coa capacidade suficiente para o cumprimento dos obxectivos dixitais da vindeira década. Para acadar estes obxectivos, o «Plan para a conectividade e as infraestruturas dixitais» establece unha serie de metas, como son a cobertura do 100 % da poboación con 100 Mbps en 2025, o 100 % de cobertura de banda larga móbil de 30 Mbps en 2023 e o 100 % dos polígonos industriais con conexión escalable a gigabit en 2025.

Así mesmo, en febreiro de 2021, a Xunta de Galicia presentaba a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). Esta estratexia define un marco de actuación común que facilite a actuación das tres administracións (nacional, autonómica e local) nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade, situando a Galicia como unha rexión intelixente de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúe a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sustentable nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental. Cómpre destacar no ámbito desta actuación o Programa 13, que busca dotar a Galicia da conectividade e infraestruturas dixitais precisas para permitir o desenvolvemento dunha Galicia dixital.

A EDG2030 da continuidade á Axenda dixital de Galicia 2020 e ao Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), coa visión posta en impulsar un modelo de crecemento vencellado á economía dixital, que xa prevía o impulso de medidas que faciliten a extensión da banda larga ultrarrápida especialmente nas zonas máis illadas.

Debido ás características do tecido produtivo galego, moi disperso xeograficamente e no que predominan as pequenas empresas, existen barreiras á contratación de servizos axeitados de banda larga ultrarrápida, o cal deriva en problemas de competitividade e a perda gradual de oportunidades de emprego. Esta problemática do acceso desigual á banda larga ultrarrápida entre o tecido produtivo galego require da articulación de medidas específicas que atallen a situación.

As axudas que se diten ao abeiro das bases aprobadas pola presente resolución teñen precisamente como obxectivo chegar ás empresas illadas das redes de banda larga ultrarrápida, para permitir eliminar estas barreiras e facilitar a contratación destes servizos.

Estas medidas ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021, a cal prevé actuacións encamiñadas a axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida dentro da medida 7 de apoio aos servizos básicos e renovación da poboación rural, na submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga. Así mesmo, estas medidas estarán financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado.

As subvencións que se concedan ao abeiro desta convocatoria articularanse coma axudas de minimis ao abeiro, segundo o sector da actividade subvencionada, do Regulamento (UE) 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, modificado polo Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis no sector agrícola; e do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, modificado polo Regulamento (UE) 2020/972 da Comisión, do 2 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) ás axudas de minimis para os restantes sectores de actividade.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, as cales se achegan como anexo I á presente resolución (código de procedemento PR604A).

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as citadas subvencións para o ano 2022.

Artigo 2. Solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes é de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Cada solicitude deberá facer referencia á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida nunha única localización xeográfica (nave industrial, edificio, oficina...). Se unha mesma empresa desexa solicitar subvencións para diferentes localizacións xeográficas, deberá presentar unha solicitude por cada unha desas localizacións.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Procedemento de concesión

1. Unha vez terminado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva establecido nas bases reguladoras.

2. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Transcorrido o prazo sen ditar resolución expresa, os interesados poderán entender como desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Ámbito xeográfico

O ámbito xeográfico corresponderase coas zonas obxectivo indicadas no anexo III.

Artigo 5. Ámbito temporal

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados na data límite de xustificación, que é o 31 de outubro de 2022.

Artigo 6. Crédito

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 878.118,61 euros que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. Este orzamento execútase dentro do código de proxecto 2016 00001 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,50 % pola Xunta de Galicia no marco da submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Artigo 7. Intensidade da subvención

1. Os solicitantes deberán indicar no anexo II a porcentaxe de subvención que solicitan sobre os gastos subvencionables, o que será valorable de conformidade co disposto no artigo 19 das bases reguladoras.

2. A intensidade da subvención que se poida conceder a cada beneficiario coincidirá coa indicada na súa solicitude cun máximo de 20.000 euros de subvención por proxecto subvencionado, sen menoscabo das limitacións adicionais que estableza o marco normativo de aplicación.

Artigo 8. Realización do proxecto subvencionado e xustificación da súa realización

1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2022.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 31 de outubro de 2022.

3. En todo caso, a execución de investimentos por unha persoa solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que a persoa solicitante non resulte beneficiaria, nin garante a súa aprobación no caso de ser beneficiaria.

Artigo 9. Información para as persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código PR604A, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través das seguintes canles:

1. Páxina web: http://amtega.xunta.gal/

2. Teléfono: 981 54 55 35.

3. Enderezo electrónico: amtega@xunta.gal

4. Presencialmente.

5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12 se chama desde fóra de Galicia).

Disposición adicional primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 18.2.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberase transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020
(código de procedemento PR604A)

CAPÍTULO I

Obxecto e ámbito

Artigo 1. Obxecto

1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida (código de procedemento PR604A).

2. As subvencións reguladas nas presentes bases ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021, a cal prevé actuacións encamiñadas a axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida dentro da medida 7 de apoio aos servizos básicos e renovación da poboación rural, na submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.

Artigo 2. Ámbito xeográfico

As convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases axustarán o seu ámbito xeográfico a zonas claramente delimitadas da Comunidade Autónoma de Galicia consideradas coma rurais ou intermedias, segundo a clasificación elaborada polo Instituto Galego de Estatística con base no grao de urbanización, a cal se recolle no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Artigo 3. Ámbito temporal

O ámbito temporal de vixencia das presentes bases será desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ata o 31 de decembro de 2025.

CAPÍTULO II

Requisitos e obrigas

Artigo 4. Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, de xeito individual as empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, que acrediten, coa solicitude de subvención, o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.

b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga ultrarrápida, con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.

c) Non estar no marco de actuación de plans de despregamento en curso de redes de banda larga ultrarrápida, e estar polo tanto a empresa illada destas redes.

d) En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, a persoa solicitante deberá solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores para a prestación do servizo obxecto de subvención, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministracións dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

2º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885, polo que se publica o Código de comercio.

3º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

2. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro aínda que realicen actividade económica, nin as persoas físicas que non realicen actividade económica.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) As persoas nas que concorra algunha das circunstancias que prohíben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 5. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Os beneficiarios deberán cumprir as obrigacións recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nestas bases, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. Terán a consideración de obrigas das persoas beneficiarias:

a) Realizar o proxecto que fundamente a concesión da subvención.

b) Manter a alta no servizo contratado inicial durante, polo menos, un (1) ano.

c) Acreditar a realización do proxecto obxecto de subvención no prazo sinalado na convocatoria ou excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso potestativo de reposición.

d) Dispor de acceso a redes de banda larga ultrarrápida na localización obxecto de subvención por un período mínimo de tres (3) anos desde a realización do proxecto subvencionado.

e) Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non acrediten o cumprimento das ditas obrigas, requirirase o solicitante ou beneficiario para que acredite a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

f) Facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

g) Someterse aos controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos na normativa comunitaria, en aplicación do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e a modificación realizada a este polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

h) Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación ao cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

i) Os beneficiarios deberán comunicar ao órgano concedente no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

j) Manter un código contable diferenciado que recolla axeitadamente todas as operacións relacionadas co proxecto tal e como se establece no artigo 66.1.c) e i) do Regulamento (UE) nº 1305/2013. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como das facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das persoas beneficiarias, polo que deberá manterse accesible durante un período mínimo de 5 anos.

k) Dar axeitada publicidade ás subvencións recibidas conforme o disposto no artigo 29.

3. Nos casos nos que os beneficiarios se atopen dentro do ámbito subxectivo de aplicación establecido no artigo 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deberán dar cumprimento ás disposicións relativas a publicidade activa que figuran no capítulo II do título I da Lei 19/2013, do 9 de decembro. En particular, tal e como se menciona no punto 2 do artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, publicarán a información prevista na letra c) do punto 1 do artigo 8 da devandita lei seguindo os principios xerais establecidos no artigo 5 desta.

Adicionalmente ás obrigas relativas á publicidade activa que marca a normativa de carácter básico, os beneficiarios están suxeitos ás obrigas de subministración de información conforme o disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias de non atender esta obrigación ditaranse conforme o disposto na devandita lei.

4. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nos puntos anteriores poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase do procedemento en que se atope a tramitación do expediente.

5. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención e, de ser o caso, proceder ao reintegro da subvención recibida. Non renunciar poderá conducir á instrución dun expediente sancionador en materia de subvencións.

CAPÍTULO III

Actividade subvencionable

Artigo 6. Proxectos subvencionables e non subvencionables

1. As subvencións están destinadas á contratación de servizos de banda larga ultrarrápida que cumpran os seguintes parámetros de nivel de servizo:

a) Permitir unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido da rede cara ao usuario de, polo menos, 100 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (velocidade de baixada ou descarga), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).

b) Permitir unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido do usuario cara á rede de, polo menos, 100 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (velocidade de subida ou carga), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).

c) Permitir, mantendo todas as características do servizo inalteradas, a transferencia ilimitada de datos en ambos os sentidos (da rede ao usuario e do usuario á rede).

d) Asegurar unha dispoñibilidade do servizo, nos termos de calidade de servizo mencionados de, polo menos, o 98 % medida en intervalos de meses naturais por usuario final.

e) Asegurar que os parámetros de calidade de servizo (QoS) de transmisión de datos proporcionado (jitter, retardamento e taxa de perda de paquetes) son compatibles coa realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.

f) Resolver, polo menos, o 95 % das incidencias que supoñan un corte de servizo en vinte e catro (24) horas ou menos.

2. Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude de subvención.

b) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a subvención.

c) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

d) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases e as das convocatorias correspondentes que se diten.

e) Que requiran dun gasto polo interesado de, cando menos, 2.000 euros (sen IVE) en condicións de mercado, en conceptos subvencionables, e que este gasto se corresponda coa oferta economicamente máis vantaxosa para o interesado, con independencia do posible financiamento público.

3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados na data límite de xustificación que se dite na convocatoria.

4. Serán considerados gastos subvencionables os custos de provisión de acceso á banda larga ultrarrápida ao usuario final na localización indicada na solicitude sempre que cumpran todos os requisitos fixados nas presentes bases e na convocatoria correspondente.

5. Serán considerados gastos non subvencionables:

a) Servizos de mantemento ou garantía adicional.

b) Conceptos tales como cotas de mantemento ou hospedaxe, así como as mensualidades correspondentes á prestación de servizos de banda larga.

c) Licenzas de software.

d) Equipamento de rede interior do solicitante.

e) O imposto sobre o valor engadido e calquera outro non permitido pola normativa aplicable á execución dos fondos Feader.

Artigo 7. Tipo e intensidade de subvención

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se determinen nas correspondentes convocatorias.

2. Enténdese por intensidade de subvención o importe desta expresado en porcentaxe dos custos subvencionables do proxecto. Todas as cifras empregadas entenderanse antes de deducións fiscais ou doutro tipo.

3. A intensidade máxima das subvencións fixarase, para cada caso, nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases.

4. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, por tanto, serán incompatibles con calquera outra subvención que, para o mesmo gasto, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e da súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...). Tamén serán incompatibles con outras subvencións encadradas en calquera das outras medidas ou submedidas do PDR. Igualmente, os préstamos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), aínda sendo compatibles para un mesmo proxecto, son incompatibles para un mesmo gasto específico.

Non obstante o anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

5. As subvencións concedidas nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases estarán limitadas polos importes totais de axudas acumuladas mencionados nos regulamentos que sexan de aplicación, segundo se detalla no artigo 8.

Artigo 8. Subvencións baixo condicións de minimis

As subvencións concedidas ao abeiro das presentes bases quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos seguintes regulamentos, segundo proceda:

1. Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) 2020/972 da Comisión, do 2 de xullo (DOUE L 215, do 7 de xullo de 2020). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Cando se trate dunha única empresa que realice por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada, o importe total das axudas de minimis concedidas non excederá os 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, sen que estas axudas se poidan utilizar para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

2. Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

CAPÍTULO IV

Comunicacións, representación e presentación de solicitudes

Artigo 9. Representación

1. As persoas físicas que realicen a sinatura da solicitude ou a presentación de declaracións responsables ou comunicacións, interposición de recursos, desistencia de accións ou renuncia a dereitos, en representación das persoas solicitantes ou beneficiarias das subvencións, deberán ter a representación necesaria para cada actuación, nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. O asinante da solicitude de subvención deberá acreditar que no momento da presentación da solicitude ten representación suficiente para o acto. O incumprimento desta obriga, de non emendarse, dará lugar a que ao interesado se lle dea por desistido da súa solicitude.

3. Para o resto dos trámites indicados no punto 1, cando o representante sexa distinto da persoa que asinou a solicitude da subvención, deberase achegar igualmente a acreditación do poder con que actúa o novo asinante, que deberá ser suficiente para exercer a devandita representación.

4. O órgano instrutor poderá requirir en calquera momento as persoas asinantes a acreditación da representación que teñan. A falta de representación suficiente da persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación determinará que o documento en cuestión se teña por non presentado, cos efectos que diso se deriven para a continuación do procedemento.

5. A representación poderá acreditarse mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

Artigo 10. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

Artigo 11. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán presentadas directamente polos interesados ou pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 9.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reunise os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

g) Concesións das axudas a que aplica a regra de minimis vixentes da persoa solicitante, rexistrados na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención.

b) As outras ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida, na localización para a cal se solicita a subvención e que non foron elixidas polo interesado, de térense recibido.

c) Xustificación da elección da oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención, cando a elección non recaia na oferta de menor importe.

d) No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas indicadas no artigo 4.1.d) deberá porse de manifesto este feito mediante a declaración responsable incluída no anexo I e o solicitante xuntará unha xustificación da dita imposibilidade na cal indicará os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, inexistencia de solucións técnicas dos provedores para a localización na cal se solicita a provisión, etc.). As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar beneficiario da subvención.

e) No caso de persoas físicas que realicen a sinatura da solicitude ou a presentación de documentos en representación das persoas solicitantes ou beneficiarias das subvencións, á solicitude citada, acompañarase acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o sinalado no artigo 9 das presentes bases.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Autorizacións e publicidade

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos nela recollidos e a responsabilidade sobre a inclusión destes datos, incluíndo a responsabilidade que se asume por posibles erros realizados a título de simple descoido.

2. A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para recadar información complementaria e efectuar as comprobacións que sexan necesarias cos provedores de servizos de banda larga respecto das solicitudes de ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida ao usuario final na localización para a cal se solicita a subvención, e a resposta ás ditas solicitudes.

3. A presentación da solicitude de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá opoñerse a consulta ou denegar expresamente o consentimento, e nese caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. Conforme o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro destas bases.

5. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2006, a Amtega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das subvencións concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas subvencións e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, incluído o Rexistro Público de Subvencións, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Con todo, as persoas interesadas poderán pedir que non se fagan públicos os seus datos cando poidan afectar á honra e á intimidade persoal e familiar das persoas físicas, segundo o establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio.

CAPÍTULO V

Regras do procedemento de concesión

Artigo 16. Órganos competentes

1. A dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocará e resolverá as subvencións ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

2. A área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e do seguimento das subvencións.

3. A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económica-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 17. Instrución dos procedementos

1. O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O órgano competente para a instrución verificará a moderación dos custos propostos seguindo o indicado no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán valorados en réxime de concorrencia competitiva, conforme os criterios de adxudicación e valoración previstos nestas bases, por unha Comisión de Valoración.

Artigo 18. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 19, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: persoa titular da Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou persoa que a substitúa.

b) Dous vogais nomeados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de entre os seus membros.

c) Secretario: persoal funcionario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

3. A Comisión poderá estar asistida por expertos externos que estarán suxeitos ao mesmo réxime de confidencialidade e ás mesmas causas de abstención que os empregados públicos.

4. Así mesmo, a Comisión poderá dispor a constitución dunha subcomisión técnica para os efectos de colaborar na revisión e valoración dos documentos presentados xunto coa solicitude. Tanto os membros da Comisión como os membros da subcomisión técnica poderán percibir dietas por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorrer ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

5. A Comisión de Valoración realizará un informe co resultado da valoración que conterá, polo menos, o seguinte:

a) Relación de solicitudes para as que se propón a concesión de subvencións, especificando para cada unha delas a puntuación acadada, o gasto subvencionable, a contía da subvención e, se é o caso, as condicións técnico-económicas particulares asociadas.

b) Relación de solicitudes para as que non se propón a concesión de subvencións, especificando para cada unha delas os motivos que concorren.

6. Sen prexuízo do recollido nos puntos anteriores, á vista da documentación dispoñible ou como resultado da valoración obtida en función dos criterios recolleitos no artigo 19, a Comisión de Valoración poderá considerar que un proxecto presentado non cumpre as exixencias contidas nestas bases por non adecuarse aos obxectivos da convocatoria ou non ser considerado viable técnica, económica ou financeiramente.

Artigo 19. Criterios de valoración

1. Os criterios de valoración que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención daqueles proxectos que reúnan todos os requisitos exixidos nas presentes bases e na correspondente convocatoria ditada ao seu abeiro, serán os seguintes:

a) Intensidade de subvención solicitada: ata un máximo de 25 puntos.

Valorarase o esforzo investidor do solicitante con base na fracción de subvención solicitada respecto do custo total subvencionable de provisión de acceso á banda larga ultrarrápida. Para cada convocatoria, ao solicitante ou solicitantes con menor intensidade de subvención se lles asignará o total de puntos asociados ao presente criterio de valoración. O solicitante ou solicitantes que soliciten o total do custo de provisión de acceso á banda larga ultrarrápida non recibirán puntos con base no presente criterio de selección, sempre e cando non sexan tamén o solicitante ou solicitantes con menor intensidade de subvención. O resto dos solicitantes recibirán unha cantidade de puntos proporcional con base na intensidade de subvención mínima de todos os solicitantes da convocatoria (100 % dos puntos) e a máxima intensidade posible do 100 % (0 % dos puntos).

b) Número de usuarios que se dotan da posibilidade de acceder aos servizos: ata un máximo de 45 puntos.

Valorarase, segundo sexa de aplicación, con base no número medio de empregados da localización á cal se lle prestará o servizo de banda larga ultrarrápida, conforme os seguintes criterios:

1º. Desde 0 a menos de 50 posibles usuarios: 100 % dos puntos.

2º. Desde 50 a menos de 100 posibles usuarios: 50 % dos puntos.

3º. Desde 100 posibles usuarios: 25 % dos puntos.

c) Mellora do servizo de banda larga: ata un máximo de 30 puntos.

Valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta do solicitante respecto dos servizos de banda larga existentes con anterioridade na localización a que se refire a solicitude segundo o seguinte criterio:

1º. Solicitude ou solicitudes que supoñan a maior mellora do caudal (suma da velocidade de baixada e subida): 100 % dos puntos.

2º. Solicitude ou solicitudes que supoñan a menor mellora do caudal (suma da velocidade de baixada e subida): 0 % dos puntos.

O resto das solicitudes recibirán unha cantidade de puntos proporcional con base nas solicitudes que supoñan unha maior e menor mellora do caudal (suma da velocidade de baixada e subida).

2. Para que unha solicitude poida ser seleccionada deberá ter unha valoración con base nos anteriores criterios de valoración de, polo menos, o 30 % do total da puntuación máxima.

3. En caso de ter que desempatar solicitudes coa mesma valoración global, compararanse, por orde, as puntuacións de cada criterio de valoración, priorizando as solicitudes que teñan unha mellor valoración nun criterio que apareza con anterioridade. No caso de non resolverse o empate seguindo este criterio, decidirase en favor das solicitudes que correspondan ás empresas con maior número de usuarios.

Artigo 20. Resolución provisional e audiencia

1. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, formulará a proposta de resolución provisional, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, os proxectos que se subvencionan e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se for o caso, a causa de denegación, e elevaraa ao órgano competente para resolver.

2. A proposta de resolución terá en consideración as limitacións ao outorgamento de axudas en xeral e de minimis en particular, segundo a situación do solicitante, o cal pode supoñer a imposibilidade de recibir axudas ou a súa minoración. No caso de que as anteditas limitacións sexan de aplicación a solicitudes dun mesmo solicitante e convocatoria, outorgaranse subvencións a solicitudes por orde de valoración descendente.

3. A proposta de resolución provisional poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións.

4. Poderase prescindir do trámite ao que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

5. Examinadas as alegacións aducidas, se é o caso, polos interesados, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, os elementos recollidos no artigo 21 ou, se é o caso, a causa de denegación, e elevarase ao órgano competente para resolver.

6. Notificada a proposta de resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Artigo 21. Resolución

1. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. Na resolución de concesión da subvención farase constar, polo menos:

a) Compromisos asumidos polos beneficiarios.

b) Créditos orzamentarios aos que se imputa o gasto, contía da subvención, fondo europeo, medida, submedida e prioridade do PDR das que se trata, e porcentaxe de financiamento.

c) Prazos e modos de pagamento da subvención.

d) Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

e) Condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

Artigo 22. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Na notificación da concesión da axuda informarase aos beneficiarios de que as subvencións reguladas nas presentes bases ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021, a cal prevé actuacións encamiñadas a axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida dentro da medida 7 de apoio aos servizos básicos e renovación da poboación rural, na submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga. Igualmente, informarase aos beneficiarios de que as subvencións están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.

Artigo 23. Réxime de recursos

As resolucións de concesión da subvención poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a directora da Amtega, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non fose expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produciu o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

Artigo 24. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do orzamento aceptado polo órgano concedente e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, antes de que finalice o prazo para a realización do proxecto, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, debéndose achegar xunto coa solicitude de modificación un novo exemplar actualizado e asinado do documento normalizado correspondente, para acreditar a non vinculación cos provedores.

No caso de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta na valoración, procederase a revalorar o proxecto, podendo, neste caso, dar como resultado unha modificación, á baixa, da subvención concedida ou a perda do dereito a esta.

3. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

4. Os beneficiarios terán o deber de comunicar ao órgano concedente calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención.

5. As modificacións da resolución de concesión poderanse autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da subvención e non supoña incremento do orzamento.

b) Non exista prexuízo a terceiros.

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supoñerían a denegación da subvención.

A conformidade expresa do órgano concedente ás mencionadas modificacións só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial e se cumpran os requisitos antes indicados.

Artigo 25. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

Artigo 26. Xustificación e pagamento das subvencións

1. A xustificación da subvención realizarase polos beneficiarios de acordo co establecido no capítulo IV, artigo 27 e sucesivos, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título III, capítulo II, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei e co establecido na normativa aplicable do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da Unión Europea.

2. A modalidade de xustificación adoptada para a acreditación da realización do proxecto, o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos na resolución de concesión, será a de conta xustificativa de acordo co previsto no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación para presentar estará formada polos seguintes elementos:

a) Solicitude de pagamento, debidamente asinada polo representante legal do beneficiario.

b) Conta xustificativa segundo o establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asinada polo representante legal do beneficiario, que conterá:

1º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2º. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

a. Unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

b. As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

c. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

d. Acreditación, de ser o caso, do disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.

c) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto.

d) Declaración das axudas de minimis recibidas ou solicitadas e pendentes de resolución, durante os tres últimos anos.

e) Certificados de estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social (soamente no caso de denegar expresamente o consentimento ao órgano xestor para que solicite de oficio os certificados).

f) Xustificación do cumprimento das obrigacións de publicidade e información, segundo o disposto no artigo 29 das presentes bases.

g) Relación dos servizos de banda larga ultrarrápida subvencionados para a súa identificación. Estes mesmos datos deben figurar, ademais, nas correspondentes facturas.

4. Toda a documentación necesaria para a xustificación da realización do proxecto, referida nos puntos anteriores, será presentada segundo o disposto no artigo 14, no prazo máximo que se fixe na convocatoria.

5. O órgano instrutor poderá ditar instrucións ou guías para a elaboración de calquera aspecto relativo á documentación xustificativa da realización do proxecto.

6. Tal e como se establece no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentar esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 27. Pagamentos parciais e garantías

Non se prevé a realización de pagamentos anticipados.

Artigo 28. Actuacións de comprobación

1. O órgano encargado do seguimento das subvencións realizará as seguintes modalidades de actuacións de comprobación en aplicación do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello:

a) Controis administrativos.

b) Controis sobre o terreo.

c) Controis a posteriori.

2. Os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos determinados no artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

A autoridade competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) Importe A: o importe pagadoiro ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a resolución de concesión.

b) Importe B: o importe pagadoiro ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe A supera en máis dun dez por cento (10 %) o importe B, aplicarase unha redución ao importe B igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá alén da retirada total da subvención.

Con todo, non se aplicarán reducións cando o beneficiario poida demostrar, á satisfacción do órgano competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando o órgano competente adquira doutro xeito a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

3. Se se deducise que o gasto acreditado foi inferior ao subvencionable ou que se incumpriron, total ou parcialmente, as condicións de outorgamento da subvención, o órgano competente iniciará o procedemento de perda de dereito ao cobramento ou, se for o caso, de reintegro.

4. Cando se poña de manifesto a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas na lei, iniciarase o procedemento de perda de dereito ao cobramento ou, se for o caso, de reintegro, de acordo co establecido no título V, capítulo II, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no artigo 32 destas bases. Este procedemento incluirá o trámite de audiencia ao interesado.

5. O beneficiario da subvención estará obrigado a facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, o beneficiario deberá someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), Consello de Contas, Tribunal de Contas, e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

6. O beneficiario asegurarase de que os orixinais dos documentos xustificativos presentados estean á disposición dos organismos encargados do control, referidos no punto anterior, durante un período de polo menos cinco (5) anos a partir da presentación da xustificación, salvo que na resolución de concesión se especifique un prazo maior.

Artigo 29. Información e publicidade a realizar polo beneficiario

1. Conforme o establecido no artigo 13 e no anexo III do Regulamento (UE) 808/2014, os beneficiarios da subvención deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade da subvención do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. Dada a natureza das subvencións que se concederán ao abeiro das presentes bases, as obrigas de publicidade veranse satisfeitas do seguinte xeito:

a) Cando o beneficiario dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír durante, cando menos, 12 meses nun lugar visible, unha breve descrición da operación, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda da Unión.

b) Colocar e manter durante ao menos 12 meses, nun lugar visible como a entrada principal da localización para a cal pediu a subvención, un cartel, placa, adhesivo ou impresión, con información sobre o proxecto, na cal se destacará a axuda da Unión. Cando a axuda pública recibida sexa superior a 10.000 euros este panel informativo terá un tamaño mínimo DIN-A3, e cando sexa igual ou inferior á dita cantidade o tamaño mínimo será de DIN-A5.

2. O órgano xestor facilitará aos beneficiarios modelos e exemplos para cumprir as obrigas de publicidade, que serán conformes coa extratexia de publicidade do Plan de desenvolvemento rural 2014-2020 de Galicia, que estea vixente en cada momento.

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 31. Datos de carácter persoal

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

CAPÍTULO VI

Reintegro e infraccións

Artigo 32. Reintegros e infraccións

1. O incumprimento dos requisitos establecidos nas presentes bases e demais normas aplicables, así como das condicións que, se é o caso, establecéronse na correspondente resolución de concesión, dará lugar, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obrigación de devolver as subvencións percibidas e os xuros de demora correspondentes, conforme o disposto no título II, capítulo I da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no título V do seu regulamento.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento do deber de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeira, así como o incumprimento dos deberes contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigacións impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo no que se alcanzan os obxectivos, realízase a actividade, execútase o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento dos deberes das persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

3. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves de acordo cos artigos 54, 55 e 56 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. A potestade sancionadora por incumprimento establécese no artigo 66 da mesma.

4. Sen prexuízo da obriga de satisfacer a penalización nos termos previstos, os beneficiarios deberán cumprir as obrigas cuxo incumprimento ou atraso se penalice, salvo que por razóns motivadas así se exonere diso explicitamente. As ditas penalizacións detraeranse do importe pendente de pagamento ao adxudicatario. No caso de que non existan cantidades pendentes de pagamento, as penalizacións faranse efectivas mediante o reintegro da subvención segundo o disposto neste artigo.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

1. No non previsto nas presentes bases serán de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

2. Estas axudas están amparadas, no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) ás axudas de minimis, modificado polo Regulamento (UE) 2020/972 da Comisión, do 2 de xullo de 2020. Igualmente, tamén é de aplicación segundo o sector de actividade do solicitante o Regulamento (UE) nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis no sector agrícola, modificado polo Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019.

3. Por tratarse de proxectos cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), será tamén de aplicación a normativa comunitaria reguladora deste fondo, así como a común aos fondos estruturais e de investimento europeos e toda a súa normativa de desenvolvemento: Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e de Consello, do 17 de decembro; Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e de Consello, do 17 de decembro; Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro; Regulamento delegado (UE) nº 807/2014, da Comisión, do 11 de marzo; Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo; Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, e a modificación realizada ao mesmo, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión do 10 de xullo de 2017; Regulamento (UE) 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de decembro de 2020 polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os Regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/20213; (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e a súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e a distribución de dita axuda nos anos 2021 e 2022.

4. Será tamén de aplicación a normativa comunitaria en materia de sancións: Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberase transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto de cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases reguladoras para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Lista de zonas obxectivo

A relación de zonas obxectivo recollidas na táboa seguinte resulta da aplicación da Instrución número 1, do 23 de agosto de 2016, emitida pola Autoridade de Xestión do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 referida ao ámbito territorial do dito plan.

Provincia

Concello

Zonas obxectivo

A Coruña

Abegondo

Todo o concello

A Coruña

Ames

Todo o concello

A Coruña

Aranga

Todo o concello

A Coruña

Ares

Todo o concello

A Coruña

Arteixo

Todo o concello

A Coruña

Arzúa

Todo o concello

A Coruña

Baña, A

Todo o concello

A Coruña

Bergondo

Todo o concello

A Coruña

Betanzos

Todo o concello

A Coruña

Boimorto

Todo o concello

A Coruña

Boiro

Todo o concello

A Coruña

Boqueixón

Todo o concello

A Coruña

Brión

Todo o concello

A Coruña

Cabana de Bergantiños

Todo o concello

A Coruña

Cabanas

Todo o concello

A Coruña

Camariñas

Todo o concello

A Coruña

Cambre

As seguintes parroquias: Anceis (San Xoán), Andeiro (San Martiño), Brexo (San Paio), Bribes (San Cibrán), Cambre (Santa María), Cecebre (San Salvador), Cela (San Xulián), Meixigo (San Lourenzo), Pravio (San Xoán), Sigrás (Santiago), Vigo (Santa María)

A Coruña

Capela, A

Todo o concello

A Coruña

Carballo

Todo o concello

A Coruña

Carnota

Todo o concello

A Coruña

Carral

Todo o concello

A Coruña

Cedeira

Todo o concello

A Coruña

Cee

Todo o concello

A Coruña

Cerceda

Todo o concello

A Coruña

Cerdido

Todo o concello

A Coruña

Coirós

Todo o concello

A Coruña

Corcubión

Todo o concello

A Coruña

Coristanco

Todo o concello

A Coruña

Coruña, A

As seguintes parroquias: Elviña (San Vicenzo)

A Coruña

Culleredo

As seguintes parroquias: Castelo (Santiago), Celas (Santa María), Culleredo (Santo Estevo), Ledoño (San Pedro), Orro (San Salvador), Sésamo (San Martiño), Sueiro (Santo Estevo), Veiga (San Silvestre)

A Coruña

Curtis

Todo o concello

A Coruña

Dodro

Todo o concello

A Coruña

Dumbría

Todo o concello

A Coruña

Fene

Todo o concello

A Coruña

Ferrol

As seguintes parroquias: Brión (Santa María), A Cabana (Santo Antonio), Covas (San Martiño), Doniños (San Román), Esmelle (San Xoán), A Graña (Santa Rosa de Viterbo), Leixa (San Pedro), Mandiá (Santa Uxía), San Xurxo da Mariña (San Xurxo), Marmancón (San Pedro), Serantes (San Salvador)

A Coruña

Fisterra

Todo o concello

A Coruña

Frades

Todo o concello

A Coruña

Irixoa

Todo o concello

A Coruña

Laxe

Todo o concello

A Coruña

Laracha, A

Todo o concello

A Coruña

Lousame

Todo o concello

A Coruña

Malpica de Bergantiños

Todo o concello

A Coruña

Mañón

Todo o concello

A Coruña

Mazaricos

Todo o concello

A Coruña

Melide

Todo o concello

A Coruña

Mesía

Todo o concello

A Coruña

Miño

Todo o concello

A Coruña

Moeche

Todo o concello

A Coruña

Monfero

Todo o concello

A Coruña

Mugardos

Todo o concello

A Coruña

Muxía

Todo o concello

A Coruña

Muros

Todo o concello

A Coruña

Narón

As seguintes parroquias: Río do Pozo, Castro (Santa María), Doso (San Lourenzo), San Xiao de Narón (San Xiao), Pedroso (San Salvador), Sedes (Santo Estevo), Trasancos (San Mateo), O Val (Santa María a Maior)

A Coruña

Neda

Todo o concello

A Coruña

Negreira

Todo o concello

A Coruña

Noia

Todo o concello

A Coruña

Oleiros

As seguintes parroquias: Dexo (Santa María), Dorneda (San Martiño), Iñás (San Xorxe), Liáns (Santaia), Maianca (San Cosme), San Pedro de Nós (San Pedro), Oleiros (Santa María), Serantes (San Xián)

A Coruña

Ordes

Todo o concello

A Coruña

Oroso

Todo o concello

A Coruña

Ortigueira

Todo o concello

A Coruña

Outes

Todo o concello

A Coruña

Paderne

Todo o concello

A Coruña

Padrón

Todo o concello

A Coruña

Pino, O

Todo o concello

A Coruña

Pobra do Caramiñal, A

Todo o concello

A Coruña

Ponteceso

Todo o concello

A Coruña

Pontedeume

Todo o concello

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

Todo o concello

A Coruña

Porto do Son

Todo o concello

A Coruña

Rianxo

Todo o concello

A Coruña

Ribeira

Todo o concello

A Coruña

Rois

Todo o concello

A Coruña

Sada

Todo o concello

A Coruña

San Sadurniño

Todo o concello

A Coruña

Santa Comba

Todo o concello

A Coruña

Santiago de Compostela

As seguintes parroquias: Aríns (San Martiño), Bando (Santa Eulalia), A Barciela (Santo André), Busto (San Pedro), O Carballal (San Xulián), O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima), Cesar (Santa María), Conxo (Santa María), O Eixo (San Cristovo), A Enfesta (San Cristovo), Fecha (San Xoán), Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina), Figueiras (Santa María), Grixoa (Santa María), Laraño (San Martiño), Marantes (San Vicente), Marrozos (Santa María), Nemenzo (Santa Cristina), Sabugueira (San Paio), Vidán (Divino Salvador), San Paio (Santiago), A Peregrina (Santa María), Verdía (Santa Mariña), Villestro (Santa María)

A Coruña

Santiso

Todo o concello

A Coruña

Sobrado

Todo o concello

A Coruña

Somozas, As

Todo o concello

A Coruña

Teo

Todo o concello

A Coruña

Toques

Todo o concello

A Coruña

Tordoia

Todo o concello

A Coruña

Touro

Todo o concello

A Coruña

Trazo

Todo o concello

A Coruña

Valdoviño

Todo o concello

A Coruña

Val do Dubra

Todo o concello

A Coruña

Vedra

Todo o concello

A Coruña

Vilasantar

Todo o concello

A Coruña

Vilarmaior

Todo o concello

A Coruña

Vimianzo

Todo o concello

A Coruña

Zas

Todo o concello

A Coruña

Cariño

Todo o concello

A Coruña

Oza-Cesuras

Todo o concello

Lugo

Abadín

Todo o concello

Lugo

Alfoz

Todo o concello

Lugo

Antas de Ulla

Todo o concello

Lugo

Baleira

Todo o concello

Lugo

Barreiros

Todo o concello

Lugo

Becerreá

Todo o concello

Lugo

Begonte

Todo o concello

Lugo

Bóveda

Todo o concello

Lugo

Carballedo

Todo o concello

Lugo

Castro de Rei

Todo o concello

Lugo

Castroverde

Todo o concello

Lugo

Cervantes

Todo o concello

Lugo

Cervo

Todo o concello

Lugo

Corgo, O

Todo o concello

Lugo

Cospeito

Todo o concello

Lugo

Chantada

Todo o concello

Lugo

Folgoso do Courel

Todo o concello

Lugo

Fonsagrada, A

Todo o concello

Lugo

Foz

Todo o concello

Lugo

Friol

Todo o concello

Lugo

Xermade

Todo o concello

Lugo

Guitiriz

Todo o concello

Lugo

Guntín

Todo o concello

Lugo

Incio, O

Todo o concello

Lugo

Xove

Todo o concello

Lugo

Láncara

Todo o concello

Lugo

Lourenzá

Todo o concello

Lugo

Lugo

As seguintes parroquias: Adai (Santa María Madanela), Santa María de Alta (Santa María), San Xoán do Alto (San Xoán), San Mamede dos Anxos (San Mamede), Bacurín (San Miguel), Bascuas (Santa María), Bazar (San Remixio), Benade (Santo Estevo), Bocamaos (San Xillao), Santalla de Bóveda de Mera (Santalla), Bóveda (Santa María), O Burgo (San Vicente), Calde (San Pedro), Camoira (Santo Estevo), San Xoán do Campo (San Xoán), Carballido (San Martiño), Santo André de Castro (Santo André), Coeo (San Vicente), Coeses (Santa María Madanela), Cuíña (Santalla), Esperante (Santalla), Santa Marta de Fixós (Santa Marta), Gondar (Santa María), Ombreiro (San Martiño), Labio (San Pedro), Lamas (Santalla), Mazoi (Santalla), Meilán (Santiago), San Pedro de Mera (San Pedro), Monte de Meda (Santa María Madanela), San Salvador de Muxa (San Salvador), Muxa (Santa María), Orbazai (San Miguel), O Outeiro das Camoiras (San Salvador), Pedreda (San Vicente), San Xoán de Pena (San Xoán), Pías (San Vicente), San Martiño de Piñeiro (San Martiño), Piúgos (Santiago), Poutomillos (San Martiño), Prógalo (Santiago), Recimil (San Lourenzo), Ribas de Miño (San Mamede), Romeán (San Pedro), Rubiás (San Xillao), Saa (Santiago), San Román (Santa Cristina), Santa Comba (San Pedro), Soñar (San Pedro), Teixeiro (Santa María), Tirimol (San Xoán), Torible (Santa Mariña), O Veral (San Vicente), Vilachá de Mera (San Xillao)

Lugo

Meira

Todo o concello

Lugo

Mondoñedo

Todo o concello

Lugo

Monforte de Lemos

Todo o concello

Lugo

Monterroso

Todo o concello

Lugo

Muras

Todo o concello

Lugo

Navia de Suarna

Todo o concello

Lugo

Negueira de Muñiz

Todo o concello

Lugo

Nogais, As

Todo o concello

Lugo

Ourol

Todo o concello

Lugo

Outeiro de Rei

Todo o concello

Lugo

Palas de Rei

Todo o concello

Lugo

Pantón

Todo o concello

Lugo

Paradela

Todo o concello

Lugo

Páramo, O

Todo o concello

Lugo

Pastoriza, A

Todo o concello

Lugo

Pedrafita do Cebreiro

Todo o concello

Lugo

Pol

Todo o concello

Lugo

Pobra do Brollón, A

Todo o concello

Lugo

Pontenova, A

Todo o concello

Lugo

Portomarín

Todo o concello

Lugo

Quiroga

Todo o concello

Lugo

Ribadeo

Todo o concello

Lugo

Ribas de Sil

Todo o concello

Lugo

Ribeira de Piquín

Todo o concello

Lugo

Riotorto

Todo o concello

Lugo

Samos

Todo o concello

Lugo

Rábade

Todo o concello

Lugo

Sarria

Todo o concello

Lugo

Saviñao, O

Todo o concello

Lugo

Sober

Todo o concello

Lugo

Taboada

Todo o concello

Lugo

Trabada

Todo o concello

Lugo

Triacastela

Todo o concello

Lugo

Valadouro, O

Todo o concello

Lugo

Vicedo, O

Todo o concello

Lugo

Vilalba

Todo o concello

Lugo

Viveiro

Todo o concello

Lugo

Baralla

Todo o concello

Lugo

Burela

Todo o concello

Ourense

Allariz

Todo o concello

Ourense

Amoeiro

Todo o concello

Ourense

Arnoia, A

Todo o concello

Ourense

Avión

Todo o concello

Ourense

Baltar

Todo o concello

Ourense

Bande

Todo o concello

Ourense

Baños de Molgas

Todo o concello

Ourense

Barbadás

As seguintes parroquias: Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María)

Ourense

Barco de Valdeorras, O

Todo o concello

Ourense

Beade

Todo o concello

Ourense

Beariz

Todo o concello

Ourense

Blancos, Os

Todo o concello

Ourense

Boborás

Todo o concello

Ourense

Bola, A

Todo o concello

Ourense

Bolo, O

Todo o concello

Ourense

Calvos de Randín

Todo o concello

Ourense

Carballeda de Valdeorras

Todo o concello

Ourense

Carballeda de Avia

Todo o concello

Ourense

Carballiño, O

Todo o concello

Ourense

Cartelle

Todo o concello

Ourense

Castrelo do Val

Todo o concello

Ourense

Castrelo de Miño

Todo o concello

Ourense

Castro Caldelas

Todo o concello

Ourense

Celanova

Todo o concello

Ourense

Cenlle

Todo o concello

Ourense

Coles

Todo o concello

Ourense

Cortegada

Todo o concello

Ourense

Cualedro

Todo o concello

Ourense

Chandrexa de Queixa

Todo o concello

Ourense

Entrimo

Todo o concello

Ourense

Esgos

Todo o concello

Ourense

Xinzo de Limia

Todo o concello

Ourense

Gomesende

Todo o concello

Ourense

Gudiña, A

Todo o concello

Ourense

Irixo, O

Todo o concello

Ourense

Xunqueira de Ambía

Todo o concello

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

Todo o concello

Ourense

Larouco

Todo o concello

Ourense

Laza

Todo o concello

Ourense

Leiro

Todo o concello

Ourense

Lobeira

Todo o concello

Ourense

Lobios

Todo o concello

Ourense

Maceda

Todo o concello

Ourense

Manzaneda

Todo o concello

Ourense

Maside

Todo o concello

Ourense

Melón

Todo o concello

Ourense

Merca, A

Todo o concello

Ourense

Mezquita, A

Todo o concello

Ourense

Montederramo

Todo o concello

Ourense

Monterrei

Todo o concello

Ourense

Muíños

Todo o concello

Ourense

Nogueira de Ramuín

Todo o concello

Ourense

Oímbra

Todo o concello

Ourense

Ourense

As seguintes parroquias: Arrabaldo (Santa Cruz), Beiro (Santa Baia), O Castro de Beiro (Santo André), Ceboliño (Bo Xesús), Cudeiro (San Pedro), Santa Mariña do Monte (Santa Mariña), Palmés (San Mamede), Rairo (Santa Lucía), Reza (Santa María), Seixalbo (San Breixo), Trasalba (San Pedro), Untes (Santo Estevo), Velle (Santa Marta), Vilar de Astrés (Purísima Concepción), Canedo (San Miguel)

Ourense

Paderne de Allariz

Todo o concello

Ourense

Padrenda

Todo o concello

Ourense

Parada de Sil

Todo o concello

Ourense

Pereiro de Aguiar, O

Todo o concello

Ourense

Peroxa, A

Todo o concello

Ourense

Petín

Todo o concello

Ourense

Piñor

Todo o concello

Ourense

Porqueira

Todo o concello

Ourense

Pobra de Trives, A

Todo o concello

Ourense

Pontedeva

Todo o concello

Ourense

Punxín

Todo o concello

Ourense

Quintela de Leirado

Todo o concello

Ourense

Rairiz de Veiga

Todo o concello

Ourense

Ramirás

Todo o concello

Ourense

Ribadavia

Todo o concello

Ourense

San Xoán de Río

Todo o concello

Ourense

Riós

Todo o concello

Ourense

Rúa, A

Todo o concello

Ourense

Rubiá

Todo o concello

Ourense

San Amaro

Todo o concello

Ourense

San Cibrao das Viñas

Todo o concello

Ourense

San Cristovo de Cea

Todo o concello

Ourense

Sandiás

Todo o concello

Ourense

Sarreaus

Todo o concello

Ourense

Taboadela

Todo o concello

Ourense

Teixeira, A

Todo o concello

Ourense

Toén

Todo o concello

Ourense

Trasmiras

Todo o concello

Ourense

Veiga, A

Todo o concello

Ourense

Verea

Todo o concello

Ourense

Verín

Todo o concello

Ourense

Viana do Bolo

Todo o concello

Ourense

Vilamarín

Todo o concello

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

Todo o concello

Ourense

Vilar de Barrio

Todo o concello

Ourense

Vilar de Santos

Todo o concello

Ourense

Vilardevós

Todo o concello

Ourense

Vilariño de Conso

Todo o concello

Pontevedra

Arbo

Todo o concello

Pontevedra

Barro

Todo o concello

Pontevedra

Baiona

Todo o concello

Pontevedra

Bueu

Todo o concello

Pontevedra

Caldas de Reis

Todo o concello

Pontevedra

Cambados

Todo o concello

Pontevedra

Campo Lameiro

Todo o concello

Pontevedra

Cangas

Todo o concello

Pontevedra

Cañiza, A

Todo o concello

Pontevedra

Catoira

Todo o concello

Pontevedra

Cerdedo

Todo o concello

Pontevedra

Cotobade

Todo o concello

Pontevedra

Covelo

Todo o concello

Pontevedra

Crecente

Todo o concello

Pontevedra

Cuntis

Todo o concello

Pontevedra

Dozón

Todo o concello

Pontevedra

Estrada, A

Todo o concello

Pontevedra

Forcarei

Todo o concello

Pontevedra

Fornelos de Montes

Todo o concello

Pontevedra

Agolada

Todo o concello

Pontevedra

Gondomar

Todo o concello

Pontevedra

Grove, O

Todo o concello

Pontevedra

Guarda, A

Todo o concello

Pontevedra

Lalín

Todo o concello

Pontevedra

Lama, A

Todo o concello

Pontevedra

Marín

Todo o concello

Pontevedra

Meaño

Todo o concello

Pontevedra

Meis

Todo o concello

Pontevedra

Moaña

Todo o concello

Pontevedra

Mondariz

Todo o concello

Pontevedra

Mondariz-Balneario

Todo o concello

Pontevedra

Moraña

Todo o concello

Pontevedra

Mos

Todo o concello

Pontevedra

Neves, As

Todo o concello

Pontevedra

Nigrán

Todo o concello

Pontevedra

Oia

Todo o concello

Pontevedra

Pazos de Borbén

Todo o concello

Pontevedra

Pontevedra

As seguintes parroquias: Alba (Santa María), Verducido (San Martiño), Bora (Santa Mariña), Campañó (San Pedro), A Canicouva (Santo Estevo), Cerponzóns (San Vicente), Xeve (Santo André), Santa María de Xeve (Santa María), Lourizán (Santo André), Marcón (San Miguel), Ponte Sampaio (Santa María), Tomeza (San Pedro)

Pontevedra

Porriño, O

Todo o concello

Pontevedra

Portas

Todo o concello

Pontevedra

Poio

As seguintes parroquias: Combarro (San Roque), Poio (San Xoán), Raxó (San Gregorio), Samieira (Santa María)

Pontevedra

Ponteareas

Todo o concello

Pontevedra

Ponte Caldelas

Todo o concello

Pontevedra

Pontecesures

Todo o concello

Pontevedra

Redondela

Todo o concello

Pontevedra

Ribadumia

Todo o concello

Pontevedra

Rodeiro

Todo o concello

Pontevedra

Rosal, O

Todo o concello

Pontevedra

Salceda de Caselas

Todo o concello

Pontevedra

Salvaterra de Miño

Todo o concello

Pontevedra

Sanxenxo

Todo o concello

Pontevedra

Silleda

Todo o concello

Pontevedra

Soutomaior

Todo o concello

Pontevedra

Tomiño

Todo o concello

Pontevedra

Tui

Todo o concello

Pontevedra

Valga

Todo o concello

Pontevedra

Vigo

As seguintes parroquias: Cíes, Beade (Santo Estevo), Bembrive (Santiago), Cabral (Santa Mariña), Coruxo (San Salvador), Matamá (San Pedro), Oia (San Miguel), Saiáns (San Xurxo), Valadares (Santo André), Zamáns (San Mamede)

Pontevedra

Vilaboa

Todo o concello

Pontevedra

Vila de Cruces

Todo o concello

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Todo o concello

Pontevedra

Vilanova de Arousa

Todo o concello

Pontevedra

Illa de Arousa, A

Todo o concello