Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2022 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal laboral, realizadas fóra de prazo durante os meses de xaneiro e febreiro de 2022, e se procede á súa notificación.

Na actualidade, o sistema de carreira profesional recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de marzo de 2019, publicouse o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo desta resolución, presentadas nos meses de xaneiro e decembro do ano 2022, para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estaren presentadas forá do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data solicitude

***1872**

López Armesto

Carmen

17.1.2022

***6201**

Pallas Figueiras

Luz

17.1.2022

***5138**

González Allegue

Francisca

2.2.2022

***4454**

Cajide Pérez

Guillermo

2.2.2022

***7493**

Gómez López

Manuel

10.2.2022

***4097**

Maceira Rodríguez

Juan Carlos

10.2.2022

***4217**

López Cendán

María Josefa

15.2.2022

***3132**

Sánchez Barge

Cristina

16.2.2022

***7681**

González Cabana

Raquel María

24.2.2022