Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2022 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal funcionario, realizadas fóra de prazo durante os meses de xaneiro e febreiro, e se procede á súa notificación.

Na actualidade, o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro de 2020). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de marzo de 2019, publicouse o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas nos meses de xaneiro e febreiro do ano 2022, para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estaren presentadas fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión das súas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data da solicitude

***6377**

Pedrido Pérez

Fernando

13.1.2022

***0240**

Estévez Tenorio

Rosario

16.2.2022

***8244**

Iglesias de Sousa

Celsa Margarida

17.2.2022

***4461**

Capón Gómez

Pablo

18.2.2022