Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19732

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro de 2022, é necesario efectuar as seguintes correccións, sen que implique a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes:

Na páxina 6318, na base décimo primeira, punto segundo (11.2), relativa aos temarios, onde di:

«– Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Orde ECD/2606/2003, do 28 de xullo, pola que se aproban os temarios que han de rexer nos procedementos de ingreso, adquisición de nova especialidade e mobilidade para as especialidades de catalán e galego dos profesores de escolas oficiais de idiomas, regulados polo Real decreto 850/1993», debe dicir:

«– Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Para as especialidades de alemán, francés e inglés rexerán os temarios recollidos no anexo VI da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro).

Para a especialidade de galego rexerá o temario recollido na Orde ECD/2606/2003, do 28 de xullo, pola que se aproban os temarios que rexerán nos procedementos de ingreso, adquisición de nova especialidade e mobilidade para as especialidades de catalán e galego dos profesores de escolas oficiais de idiomas, regulados polo Real decreto 850/1993».

Na páxina 6360, no anexo III, subepígrafe 2.2.1, onde di:

«Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro; BOE do 30), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente».

Debe dicir:

«Polo certificado diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade, BOE do 29 de setembro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente».

Na páxina 6364, na disposición complementaria terceira, no punto 5, onde di:

«Non se valorarán na epígrafe 2.3 os títulos universitarios non oficiais (títulos propios) que se expidan conforme a disposición adicional décimo primeira do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía».

Debe dicir:

«Non se valorarán na epígrafe 2.3 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía».