Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19886

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir prazas de persoal laboral fixo.

Prazas: 1 (unha) responsable da oficina de Secretaría Xeral.

Tipo de contrato: fixo-contrato de remuda.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 25 de febreiro de 2022

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa