Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, por proposta do órgano de selección cualificador das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público do ano 2016, o nomeamento de persoal funcionario de carreira para as seguintes prazas e a favor das seguintes persoas:

– Persoal funcionario:

Escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2. Denominación: auxiliar da Administración xeral, quenda: libre.

• M. Jorge Álvarez, DNI ***2564**.

• N. Pérez Lorenzo, DNI ***3764**.

• C. Artiaga Molares, DNI ***9570**.

• S. Rodríguez Miguélez, DNI ***8562**.

• M.C. Miniño Valverde, DNI ***7646**.

Vigo, 4 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía 16.4.2021; Acordo Xunta de Goberno Local 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación,
Patrimonio e Xestión Municipal