Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 28 de marzo de 2022 Páx. 19933

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento SA462B).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2021(DOG núm. 13, do 20 de xaneiro) publicáronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

De conformidade co artigo 16 da dita orde, a resolución correspóndelle á persoa titular da Consellería de Sanidade e da Presidencia do Servizo Galego de Saúde.

Así mesmo, o artigo 24 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria e crédito orzamentario a que se imputen, entidade beneficiaria, cantidade concedida e finalidade da subvención.

Segundo o artigo 7.1, o crédito orzamentario inicial da orde é de 253.000 €. O custo total das subvencións concedidas irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, con código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Unha vez finalizada a fase de instrución das solicitudes recibidas e de estas seren avaliadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución ditada no procedemento SA462B, respecto das axudas destinadas á realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022, ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento SA462B), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo, ao abeiro da indicada orde, as axudas reflectidas na dita relación, a consecuencia da aplicación dos criterios de baremación previstos no artigo 14 da orde.

Santiago de Compostela,17 de marzo de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidades beneficiarias da subvención

Posto

Núm.

expediente

NIF

Entidade

Programa

Puntos

Importe

adxudicado (€)

1

SA462B-2

G36642726

Asociación de Axuda ao Toxicómano. Érguete

Apoio social a procesos terapéuticos. Érguete I

41

50.600,00

2

SA462B-3

G36642726

Asociación de Axuda ao Toxicómano. Érguete

Apoio social a procesos terapéuticos. Érguete II

40

50.600,00

3

SA462B-4

G36642726

Asociación de Axuda ao Toxicómano. Érguete

Apoio social a procesos terapéuticos. Érguete III

40

50.600,00

4

SA462B-1

G36208387

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento social e laboral ao drogodependente

37

50.600,00