Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 28 de marzo de 2022 Páx. 20053

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se revoga a adxudicación do posto de xefe/a de grupo de cociña do Servizo de Hostalaría (Diario Oficial de Galicia número 218, do 12 de decembro de 2021).

Primeiro. Mediante a Resolución do 26 de outubro de 2021 (DOG núm. 218, do 12 de novembro), da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, resolveuse a convocatoria para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo de cociña do Servizo de Hostalaría, que foi adxudicadoa:

• José Manuel Vázquez Gómez.

Segundo. Ao abeiro do establecido no punto terceiro da citada resolución, logo de petición motivada do interesado, pola Resolución da Xerencia de Área do 15 de novembro de 2021, concedéuselle unha prórroga do prazo de toma de posesión.

Terceiro. Desde a data da citada concesión de prórroga o 15 de novembro de 2021 transcorreu un prazo de catro meses sen que o interesado tomase posesión do seu posto.

Iso obriga a poñer fin á prórroga concedida e a proceder a unha nova convocatoria de xefe de grupo de cociña pola cal se cubra esta definitivamente e se poña fin á actual situación de provisionalidade,

RESOLVE:

Revogar a adxudicación do posto de xefe/a de grupo de cociña do Servizo de Hostalaría da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (DOG núm. 218, do 12 de novembro de 2021) con efectividade do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza